Río Barbantiño
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Barbantiño.
| ||||
| Tipo | curso de auga | |||
|---|---|---|---|---|
| Inicio | ||||
| División administrativa | provincia de Ourense, España | |||
| Localización | Orbán | |||
| Final | ||||
| División administrativa | Galicia, España | |||
| Localización | río Miño | |||
| ||||
| Conca hidrográfica | conca do Miño | |||
O río Barbantiño é un afluente do río Miño que discorre pola comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.
Percorrido
[editar | editar a fonte]Nace nos montes de Orbán no concello de Vilamarín e discorre do nordeste a suroeste, atravesando os concellos de San Cristovo de Cea, Amoeiro, Maside e Punxín para desembocar no Miño en Barbantes.
Os seus afluentes son pola esquerda o regato do Orbán, o río Formigueiro e o regato Casardemato, e pola dereita o regato Alontos, o regato da Cabana, o río Pequeno, o río de Louredo, o regato Listanco e o regato do Faro.
