Aeroporto de Varsovia-Chopin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aeroporto de Varsovia-Chopin
Lotnisko Chopina w Warszawie

Okecie Airport 2012.JPG

IATA: WAW – ICAO: EPWA
Sumario
Tipo público/militar
Operador PPL
Cidade/Illa Varsovia
Localización Okęcie, Varsovia
Web https://www.lotnisko-chopina.pl
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
11/29 2 800 9 186 asfalto
15/33 3 690 12 106 asfalto
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros 12 836 510

O aeroporto de Varsovia-Chopin (IATA: WAW, ICAO: EPWA) é un aeroporto internacional situado no distrito Włochy de Varsovia, a capital de Polonia. Trátase do aeroporto máis grande do país cubrindo unha área de 834 hectáreas, e é tamén o máis concorrido, pasando por el o 40% dos viaxeiros por aire de Polonia. Varsovia-Chopin ten ao redor de 300 voos regulares diarios e un número cada vez maior de voos chárter. Londres, Chicago, Frankfurt, París e Amsterdam son as conexións internacionais máis usadas, mentres que Cracovia, Wrocław e Gdańsk son os destinos domésticos máis populares.[1]

Anteriormente coñecido aeroporto de Varsovia-Okecie ou aeroporto internacional de Okecie, levou o nome da veciñanza de Okęcie durante toda a súa historia ata que se lle cambiou na honra do compositor polaco e antigo residente de Varsovia Frédéric Chopin en 2001. A pesar do cambio oficial, Okecie segue utilizándose, incluso tamén en referencias aeronáuticas e de tráfico aéreo.

En xuño de 2012 inaugurouse unha estación para conectar o aeroporto ao sistema de metro da cidade, xusto a tempo para a Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012. En novembro de 2013 o aeroporto anunciou que por primeira vez na súa historia pasaran polas súas instalacións 10 millóns de pasaxeiros nun único ano.[2]

O segundo aeroporto internacional da cidade é o moito máis pequeno aeroporto de Varsovia-Modlin, inaugurado no ano 2012 e usado por aeroliñas de baixo custo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. tur-info.pl (ed.). "Dokładnie 72 lata temu otwarto lotnisko Okęcie". Consultado o 9 de setembro de 2017. 
  2. warsaw-airport.com (ed.). "Warsaw Chopin Airport". Consultado o 9 de setembro de 2017.