Brussels Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Brussels Airlines
IATA
SN
OACI
BEL
Indicativo
BEELINE
Fundación7 de novembro do 2006
Inicio das operacións25 de marzo do 2007
Aeroporto principalaeroporto de Bruxelas
Plan de voo frecuenteMiles & More
AlianzaStar Alliance
Frota44
Destinos92
HoldingLufthansa Group
Páxina web: brusselsairlines.com

Brussels Airlines é a aeroliña nacional de Bélxica.[1] Ten a súa base e a súa sede en terreos do aeroporto de Bruxelas e é unha subsidiaria de Lufthansa. É a aeroliña máis grande baseada en Bélxica, operando a preto de 100 destinos de Europa, Norteamérica e África. Realiza tamén servizos chárter, mantemento e adestramento de pilotos e tripulantes. A compañía é membro da Asociación de Transporte Aéreo Internacional (IATA) e da alianza de aeroliñas Star Alliance.[2]

O seu código da IATA SN é herdanza das súas predecesoras, Sabena e SN Brussels Airlines. Lufthansa mercou o 45% da compañía no ano 2009 e en setembro de 2016 a aeroliña alemá anunciou que mercaría o resto do capital de Brussels Airlines por 2,6 millóns de euros.[3] A operación foi completada en xaneiro de 2017.[4]

Historia[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Brussels Airlines creouse tras a fusión de SN Brussels Airlines (SNBA) e Virgin Express, a primeira creada tras a quebra da anterior operadora nacional de Bélxica, Sabena. O 12 de abril de 2005, SN Airholding, a compañía tras SNBA, asinou un acordo con Richard Branson, dándolle control sobre Virgin Express. O 31 de marzo de 2006 SNBA e Virgin Express anuncioaron a súa fusión nunha única compañía. O 7 de nobembro de 2006 anunciouse o novo nome, Brussels Airlines, nunha conferencia de prensa no aeroporto de Bruxelas. A nova aeroliña comezou a operar o 25 de marzo de 2007.[5] Nalgún momento entre este período, a compañía aérea viuse obrigada a cambiar o seu logotipo de 13 puntos por un de 14 debido a que os pasaxeiros supersticiosos queixáronse del.[6]

Un antigo Avro RJ85 de Brussels Airlines pintado cunha librea provisional tras a fusión

O 15 de setembro de 2008 anunciouse que Lufthansa mercaría o 45% das accións de Brussels Airlines coa opción de facerse co 55% restante a partir de 2011. Como parte deste acordo, Brussels Airlines uniríase a Star Alliance.[7][8] Dende o 26 de outubro de 2008, o código OACI combiou de DAT a BEL.

O 15 de xuño de 2009 Brussels Airlines anunciou que a Comisión Europea autorizara a Lufthansa para tomar unha participación minoritaria en Brussels Airlines. Como resultado desta aprobación por parte da Unión Europea, Brussels Airlines foi capaz de unirse a Star Alliance.[9] Lufthansa mercou o 45% da compañía en 2009, e mercou o resto en xaneiro de 2017.[10][11]

Dende o 25 de outubro de 2009 Brussels Airlines vén sendo membro do programa de viaxeiro frecuente de Lufthansa, Miles & More. O 9 de decembro de 2009 Brussels Airlines converteuse no membro 26 de Star Alliance nunha cerimonia na casa do concello de Bruxelas.[12]

Un Airbus A330-300 de Brussels Airlines en 2009 cunha librea provisional

O 15 de decembro de 2009 Brussels Airlines anunciou que estaba traballando nunha nova aeroliña rexional na República Democrática do Congo. O nome da aeroliña era Korongo Airlines, a súa principal base estaba en Lubumbashi e comezou a operar en abril de 2012, rematando as súas actividades en 2015.

Desenvolvemento dende 2010[editar | editar a fonte]

O 5 de xullo de 2010 entrou en servizo un quinto Airbus A330-300 coa aeroliña. Brussels Airlines incrementou as súas frecuencias cara Abidjan (ata 6 por semana) e engadiu Accra, Cotonou, Ouagadougou, e Lomé como novos destinos. O 11 de agosto de 2010, Brussels Airlines e o turoperador Club Med anunciaron unha nova colaboración. A partir de abril de 2011, Brussels Airlines transportará o 80 % de todos os pasaxeiros do Club Med fóra de Bruxelas, tanto nas rutas regulares existentes de Brussels Airlines como nas novas rutas chárter operadas por Brussels Airlines. A aeroliña tamén anunciou que alugaría dous avións Airbus A320 a partir de xaneiro de 2011.[13]

Airbus A319 coa antiga librea aterrando en Estocolmo-Bromma

O 26 de agosto de 2010 a compañía anunciou o seu novo proxecto de mantemento. O contrato con Sabena Technics para os A330 e Boeing 737 remataba o 1 de xaneiro de 2011 e Brussels Airlines encargaríase dende entón do mantemento dos avións.[14] Para poder facer isto foi necesario o traslado do Edificio 117 ao Hangar 41 do aeroporto de Bruxelas. Así mesmo, 73 persoas de Sabena Technics incorporáronse ao persoal de mantemento de Brussels Airlines.

O 1 de xuño de 2012 Brussels Airlines inaugurou a ruta a Nova York-JFK, operñandoa diariamente cun Airbus A330-300 equipado con interior novo.[15] Esta foi a primeira aeroliña belga en voar a Nova York en 10 anos, despois do colapso de Sabena e Delsey Airlines. Dende o 18 de xuño de 2013 a aeroliña tamén comezou a voar 5 veces por semana a Washington Dulles.[16] Dende abril de 2016 Toronto Pearson tamén foi engadido á súa rede de rutas de América do Norte.[17]

En xaneiro de 2014 Brussels Airlines engadiu 9 destinos estacionais e regresou ao mercado polaco tras varios anos de ausencia. Nese mes tamén confirmou a renovación da súa frota e a retirada dos seus Avro RJ100 cara 2016.[18]

No mes de abril de 2015, Brussels Airlines foi eloxiada pola Casa Branca por continuar coa súa operación normal de voo a países de África occidental durante o brote de ébola, permitindo a entrega de axuda esencial.[19] Todas as outras compañías aéreas, agás Royal Air Maroc, suspenderon os seus voos a Serra Leoa, Liberia e Guinea.[20]

O 22 de marzo de 2016, membrod da organización terrorista Estado Islámico detonaron dúas bombas no aeroporto de Bruxelas, pechando o aeroporto ata o día 27 dese mes. Brussels Airlines pasou algúns dos seus voos de longa distancia a Zúric e Frankfurt e iniciou un servizo lanzadeira de con avións Airbus A319/Avro RJ100 entre Liege/Antwerp e Zúric/Frankfurt, ademais de proporcionar un servizo de autobús dende Bruxelas a Antuerpen e Liexa dende onde prestaba servizo a destinos europeos. Os voos dende Bruxelas comezarían novamente o día 3 de abril.[21]

En setembro de 2016 Brussels anunciou que a partir de marzo de 2017 comezaría a ofrecer un novo servizo a Mumbai , que comezaría cunha frecuencia de 5 voos semanais operados por Airbus A330.[22] O día 28 dese mes a xunta de supervisión de Lufthansa anunciou que a aeroliña exercería a opción de mercar o restante 55% da compañía matriz de Brussels Airlines, SN Airholding. As modalidades de adquisición definiráinse antes de finais dese ano para realizar a transacción a principios de 2017.[23]

En marzo de 2017, Thomas Cook anunciou a súa intención de vender a súa filial en Bélxica, Thomas Cook Airlines Belgium, que acabaría cesando operacións en outubro dese mesmo ano sendo integrados dous avións e todos os dereitos de tráfico en Brussels Airlines.[24] Brussels Airlines tamén se fixo cargo dos 160 tripulantes de Thomas Cook Airlines.[25]

Airbus A319 coa nova librea en Hamburgo

En febreiro de 2018, o CEO Bernard Gustin e o director financieiro Jan De Raeymaeker dimitiron tras unha reunión coa directiva de Lufthansa sobre o futuro da aerolínea.[26] Gustin foi substituído por Christina Foerster o 1 de abril dese ano.[27] O 1 de maio Dieter Vranckx uniuse á aeroliña comodirector financieiro.[28] En decembro de 2019 anunciouse que Vranckx substituiría a Foerster como CEO a partir do 1 de xaneiro de 2020.[29]

Durante a pandemia de COVID-19 en Bélxican, Brussels Airlines suspendeu todos os voos entre o 21 de marzo e o 21 de abril. Ademais, Brussels Airlines cancelou o seu contrato de arrendamento con CityJet, levando á terminación de oito destinos europeos a raíz da pandemia.[30] A finais de xuño de 2020, Brussels Airlines tamén anunciou que cancelaría varios voos programados para setembro e outubro dese ano.[31]

En novembro de 2021 Brussels Airlines anunciou a revisión do seu deseño corporativo, incluíndo un novo logotipo e unha nova librea.[32]

Frota[editar | editar a fonte]

Actual[editar | editar a fonte]

En decembro de 2023 a frota de Brussels Airlines estaba formada polos seguintes avións:[33]

Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
B E+ E Total
Airbus A319-100 15 [34] 141 141 Os avións máis vellos serán retirados e gradualmente substituñidos por Airbus A320neo a partir de 2023.[35]

Un avión ten a librea de Star Alliance.

Airbus A320-200 18 [34] 180 180 Seis avións pintados con libreas de Iconas Belgas,

e tres coa librea de Star Alliance.

Airbus A320neo 2 3 180 180 Entregas a partir de novembro de 2023 para substituír aos Airbus A319-100 máis vellos.[35][36]
Airbus A330-300 9 2 30 21 242 293 2 A330-300 máis uniranse á frota en 2024.
Total 44 5

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Air Transport World (ed.). "Brussels Airlines to wet-lease Superjets". Archived from the original on 17 de xaneiro de 2017. Consultado o 26 de xaneiro de 2017. 
  2. "About". Star Alliance. Consultado o 20 de xaneiro de 2024. 
  3. Reuters (ed.). "Lufthansa board approves Brussels Airlines takeover". Archived from the original on 30 de novembro de 2016. Consultado o 26 de xaneiro de 2017. 
  4. Air Transport World (ed.). "Lufthansa acquires Brussels Airlines, to become part of Eurowings". Consultado o 26 de xaneiro de 2017. 
  5. Kylie, Nicole (2023-03-25). "16 Years Of Operations: How Today's Brussels Airlines Came To Be". Simple Flying (en inglés). Consultado o 2024-01-20. 
  6. "'Unlucky' airline logo grounded" (en inglés). 2007-02-21. Consultado o 2024-01-20. 
  7. "Lufthansa - Press Releases". web.archive.org. 2008-09-18. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2008. Consultado o 2024-01-20. 
  8. "Brussels Airlines - Press Release Detail". web.archive.org. 2008-09-18. Archived from the original on 18 de setembro de 2008. Consultado o 2024-01-20. 
  9. "Brussels Airlines - Press Release Detail". web.archive.org. 2009-06-26. Archived from the original on 26 de xuño de 2009. Consultado o 2024-01-20. 
  10. "Lufthansa plans Brussels, Air Berlin deals in Eurowings drive". Reuters. Consultado o 20 de xaneiro de 2024. 
  11. "Lufthansa acquires Brussels Airlines, to become part of Eurowings". Aviation Week Network. Consultado o 2024-01-20. 
  12. "Brussels Airlines joins Star Alliance". Brussels Airlines (en inglés). 2009-12-09. Consultado o 2024-01-20. 
  13. "Club Med in zee met Brussels Airlines". De Tijd. Consultado o 22 de xaneiro de 2024. 
  14. "Brussels Airlines intends to carry out its own daily maintenance of long-distance fleet". Brussels Airlines (en inglés). 2010-08-26. Consultado o 2024-01-22. 
  15. "Brussels Airport Website: Brussels Airlines: inaugural flight to New York". web.archive.org. 2014-05-15. Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2014. Consultado o 2024-01-22. 
  16. "Brussels Airlines - Flights to Washington". web.archive.org. 2013-04-26. Archived from the original on 26 de abril de 2013. Consultado o 2024-01-25. 
  17. "Brussels Airlines invests in intercontinental growth". Brussels Airlines (en inglés). 2015-12-18. Consultado o 2024-01-25. 
  18. "Meer vliegtuigen en bestemmingen Brussels Airlines". vrtnws.be (en neerlandés). 2014-01-29. Consultado o 2024-01-25. 
  19. "Brussels Airlines praised by Washington". vrtnws.be (en inglés). 2015-04-18. Consultado o 2024-01-25. 
  20. "Why One Airline Flies To West Africa Despite Ebola". TIME (en inglés). 2014-10-10. Consultado o 2024-01-25. 
  21. "Brussels attacks: Flights resume at Zaventem airport". BBC News (en inglés). 2016-04-02. Consultado o 2024-02-19. 
  22. "Brussels Airlines starts new Mumbai route on 30 March 2017". Brussels Airlines (en inglés). 2016-09-08. Consultado o 2024-01-25. 
  23. "Lufthansa Aufsichtsrat gibt grünes Licht für vollständigen Erwerb von Brussels Airlines". Lufthansa Group Investor Relations (en alemán). 2016-09-28. Consultado o 2024-02-08. 
  24. "Thomas Cook gibt belgisches Fluggeschäft an Lufthansa ab". aero.de (en alemán). 2017-03-30. Consultado o 2024-02-08. 
  25. "Brussels Airlines to absorb Thomas Cook Airlines Belgium". ch-aviation (en inglés). Consultado o 2024-02-08. 
  26. McNally, Paul (2018-02-05). "Brussels Airlines staff fear major restructuring". The Bulletin (en inglés). Consultado o 2024-02-19. 
  27. "Christina Foerster joins Brussels Airlines as new Chief Commercial Officer". Brussels Airlines (en inglés). 2016-09-23. Consultado o 2024-02-19. 
  28. "Dieter Vranckx, new Chief Financial Officer and deputy CEO of Brussels Airlines". Brussels Airlines (en inglés). 2018-03-19. Consultado o 2024-02-19. 
  29. "Brussels Airlines names Dieter Vranckx as new CEO, CCO". Aviation Week Network. Consultado o 2024-02-19. 
  30. Eiselin, Stefan (2020-04-15). "Brussels kündigt Vertrag mit City Jet". aeroTELEGRAPH (en alemán). Consultado o 2024-02-19. 
  31. "Thousands of flights cancelled as Brussels Airlines adjusts schedule". www.brusselstimes.com (en inglés). Consultado o 2024-02-19. 
  32. Eiselin, Stefan (2021-11-16). "Brussels Airlines verpasst sich eine Auffrischung". aeroTELEGRAPH (en alemán). Consultado o 2024-02-19. 
  33. "Belgian Aircraft Register". es.mobilit.fgov.be. Consultado o 2024-01-20. 
  34. 34,0 34,1 "Na topzomer: Brussels Airlines gaat coronasteun al tegen eind dit jaar terugbetalen en dat is veel vroeger dan voorzien" [After peak summer: Brussels Airlines will refund corona support by the end of this year and that is much earlier than expected]. vrt news (en Dutch). 27 de outubro de 2022. Consultado o 20 de xaneiro de 2024. 
  35. 35,0 35,1 "Brussels Airlines To Take 3 New A320neos In 2023". Simple Flying (en inglés). 2021-06-29. Consultado o 20 de xaneiro de 2024. 
  36. "Brussels Airlines expands A320neo fleet, wet-leases CRJs". ch-aviation. 9 de decembro de 2022. Consultado o 20 de xaneiro de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]