Lufthansa Regional
Aparencia
| Lufthansa Regional | |
|---|---|
|
Instancia de
| |
| Persoas e organizacións | |
|
Matriz
| |
| Datas e cronoloxía | |
|
Fundación
| |
|
Precedido por
| |
| Localización | |
|
País
| |
| Fontes e ligazóns | |
|
Páxina WEB
| |
| Wikidata C:Commons |
Lufthansa Regional é o nome de marca para os voos rexionais realizados por dúas aeroliñas domésticas totalmente pertencentes a Lufthansa, Air Dolomiti e Lufthansa CityLine. Están baseadas nos centros de conexión de Lufthansa no aeroporto de Frankfurt e no aeroporto de Múnic. Anualmente transportan a 10,5 millóns de pasaxeiros usando o nome de Lufthansa Regional. A súa predecesora foi Team Lufthansa.
Aeroliñas membros
[editar | editar a fonte]Actuais
[editar | editar a fonte]- Air Dolomiti baseada no aeroporto de Múnic (tamén opera algunhas rutas baixo a súa propia marca).
- Lufthansa CityLine baseada nos aeroportos de Frankfurt e Múnic.
Pasadas
[editar | editar a fonte]- Augsburg Airways (cesou as súas operacións en outubro de 2013 cando o contrato con Lufthansa non foi renovado).
- Contact Air (cesou as súas operacións en outubro de 2012 cando o contrato con Lufthansa non foi renovado).
- Eurowings (ata o 25 de outubro de 2014 cando Eurowings comezou a voar exclusivamente no nome de Germanwings).
Frota
[editar | editar a fonte]En febreiro de 2017 a frota combinada de ámbalas dúas aeroliñas operando para Lufthansa Regional estaba formada polos seguintes avións:[1][2]
| Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas |
|---|---|---|---|---|
| Bombardier CRJ900 | 30 | 5 | 84 | todos operados por Lufthansa CityLine; os pedidos serán transferidos de Eurowings[3] |
| Embraer 190 | 9 | — | 100 | todos operados por Lufthansa CityLine |
| Embraer 195 | 23 | — | 116 | 10 operados por Air Dolomiti, 13 operados por Lufthansa CityLine |
| Total | 62 | 5 |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ch-aviation (ed.). "Frota de Air Dolomiti". Consultado o 25 de setembro de 2017.
- ↑ Planespotters (ed.). "Frota de Lufthansa CityLine". Consultado o 25 de setembro de 2017.
- ↑ Aero International (ed.). "Austrian Airlines startet Mittelstrecken-Umflottung noch heuer". Consultado o 25 de setembro de 2017.