Aeroporto de Lión-Saint Exupéry
| Aeroporto de Lión-Saint Exupéry | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Transporte | |||||||||||||
|
Ofrece servizo a
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||
O aeroporto de Lión-Saint Exupéry (IATA: LYS, ICAO: LFLL), anteriormente coñecido como aeroporto de Lión-Satolas, é o aeroporto internacional de Lión, a terceira cidade máis grande de Francia e un importante centro de transporte para toda a rexión de Auvernia-Ródano-Alpes. Atópase en Colombier-Saugnieu, a 20 km ao sueste do centro de Lión. No ano 2017 usaron o aeroporto un total de 10 280 192 pasaxeiros.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]O aeroporto foi inaugurado polo presidente Valéry Giscard d'Estaing o 22 de abril de 1975 e abriuse para os pasaxeiros unha semana despois. Deseñouse para substituír o antigo aeroporto de Lión-Bron, que non podía ampliarse xa que estaba situado nunha área urbana.
No ano 1994 a liña de alta velocidade LGV Ródano-Alpes comezou a dar servizo ao aeroporto, proporcionándolle trens directos a París e Marsella. Dende 1997 vén sendo unha cidade focal para a aeroliña Air France.
Desenvolvemento dende os anos 2000
[editar | editar a fonte]O aeroporto inicialmente chamouse aeroporto de Lión-Satolas, pero no ano 2000 tanto o aeroporto como a estación de tren bautizáronse na honra do pioneiros da aviación e escritor lionés Antoine de Saint-Exupéry ao cumprirse o centenario do seu nacemento.
Aeroliñas e destinos
[editar | editar a fonte]Pasaxeiros
[editar | editar a fonte]Carga
[editar | editar a fonte]| Aeroliñas | Destinos
|
|---|---|
| Air Algérie Cargo | Alxer, Orán |
| ASL Airlines Belgium | Liexa, Tunes |
| ASL Airlines France | París-Charles de Gaulle |
| DHL Aviation operado por DHL Air UK | Leipzig/Halle |
| Emirates SkyCargo | Dubai-Al Maktoum |
| FedEx Express operado por ASL Airlines Ireland | Marsella, París-Charles de Gaulle |
| UPS Airlines operado por Star Air | Colonia/Bonn, Tolosa |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Union des aéroports français (ed.). "Statistiques annuelles - Aéroport de Lyon-Saint Exupéry". Consultado o 5 de marzo de 2018.
- ↑ Air Info (ed.). "Nouvelair ouvre Lyon-Monastir". Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2017. Consultado o 5 de marzo de 2018.
- ↑ S7 Airlines (ed.). "Франция, Лион, Лионский аэропорт им. Сент-Экзюпери (LYS)Поменять местамиРоссия, Санкт-Петербург, Пулково (LED)". Consultado o 5 de marzo de 2018.
- 1 2 3 4 5 Routes Online (ed.). "Smartwings adds various French routes in S17". Consultado o 5 de marzo de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "TUI Belgium outlines S17 new French / Italian routes". Consultado o 5 de marzo de 2018.