Lufthansa CityLine GmbH é unha aeroliña alemá que ten a súa sede no aeroporto de Múnic. É unha subsidiaria de Lufthansa e ten centros de conexión nos aeroportos de aeroporto de Frankfurt e Múnic,[1] dende os cales opera unha densa rede doméstica e europea como membro de Lufthansa Regional. Dende o mes de outubro de 2015 tamén opera algunhas rutas de longo alcance no nome da súa compañía nai.