Level

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Level
Level.svg
IATA
IB
OACI
IBE
Indicativo
IBERIA
Fundación17 de marzo de 2017
Inicio das operaciónsxuño de 2017
Aeroporto principalaeroporto de Barcelona-El Prat
Plan de voo frecuenteAvios
Frota2
Destinos9[1]
HoldingInternational Airlines Group
Eslogan da compañíaIt's your world
SedeBarcelona
Páxina web: https://www.flylevel.com/

Level é unha aeroliña de baixo custo virtual española baseada no aeroporto de Barcelona-El Prat. É propiedade na súa totalidade do grupo de aeroliñas International Airlines Group (IAG), que opera operates several independent brand names. Os voos da marca están operados a día de hoxe por Iberia, pero Level pasará a converterse nunha subsidiaria independente de IAG co seu propio certificado de operador. Level promociónase como unha aeroliña de baixo custo de longo alcance; comezou as súas operacións en xuño de 2017 con servizos transatlánticos dende Barcelona,[2] e en verán de 2018 iniciará tamén servizos dende París-Orly.[3]

Frota[editar | editar a fonte]

A frota de Level está foemada polos seguintes avións:

Frota de Level
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
W Y Total
Airbus A330-200 2 3[4] 21 293 314[5] Operados por Iberia
entregas en verán de 2018[4]
Boeing 757-200 3 TBA TBA TBA Serán operados por OpenSkies ata xullo de 2018
Boeing 767-300 1 TBA TBA TBA Será operado por OpenSkies ata xullo de 2018
Total 2 7

A aeroliña ten previsto incrementar a súa frota ata ter polo menos 15 avións no ano 2022, que poderían ser tanto A330 como Boeing 787, segundo Willie Walsh, CEO de IAG.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Level (ed.). "Destinos". Consultado o 13 de marzo de 2018. 
  2. El País (ed.). "Level empieza a volar hoy jueves desde El Prat y espera cinco aviones más en 2018". Consultado o 13 de marzo de 2018. 
  3. IAG (ed.). "LEVEL launches four routes from Paris Orly with fares from €99". Consultado o 13 de marzo de 2018. 
  4. 4,0 4,1 Air Transport World (ed.). "IAG firms three A330-200s options for Level startup". Consultado o 13 de marzo de 2018. 
  5. ch-aviation (ed.). "IAG unveils its new longhaul LCC, Level; to launch in June". Consultado o 13 de marzo de 2018. 
  6. Leeham (ed.). "IAG’s LEVEL shopping for future fleet". Consultado o 13 de marzo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]