Aegean Airlines
| Aegean Airlines | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||
Aegean Airlines SA (en grego: Αεροπορία Αιγαίου Α.Ε.) é a aeroliña grega máis grande en número de pasaxeiros transportados, en destinos e en tamaño de frota. É membro de Star Alliance dende xuño de 2010 e realiza voos regulares e chárter dende Atenas e Tesalónica a outros grandes destinos gregos, ademais de varios europeos. O seu principal centro de operacións é o aeroporto internacional de Atenas, cun centro secundario no aeroporto internacional de Tesalónica. Tamén usa outros seis aeroportos gregos como bases estacionais durante o verán. As súas oficinas principais atópanse en Kifisia, un suburbio de Atenas.
O 21 de outubro de 2012 Aegean Airlines anunciou que chegara a un acordo para mercar Olympic Air,[1] e a compra foi aprobada pola Comision Europea un ano despois, o 9 de outubro de 2013.[2] Ámbalas dúas aeroliñas continúan operando baixo marcas distintas. Ademais, Aegean Airlines participou nas fases finais da licitación para a privatización de Cyprus Airways, a aeroliña nacional de Chipre.[3] Tras a bancarrota de Cyprus Airways, Aegean Airways estableceu un centro de conexión no aeroporto de Larnaca, iniciando así voos regulares dende e cara a illa e enchendo o oco deixado polo peche da compañía chipriota.
Frota
[editar | editar a fonte]Actual
[editar | editar a fonte]En decembro de 2020 a frota de Aegean Airlines estaba formada polos seguintes avións:[4][5]
| Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | ||
|---|---|---|---|---|---|---|
| B | E | Total | ||||
| Airbus A319-100 | 1 | — | 12 | 132 | 144[6] | |
| Airbus A320-200 | 35 | — | 12 | 162 | 174[7] | |
| Airbus A320neo | 5[8] | 31[9] | 12 | 162 | 174 | Entregas ata 2025[10][11][9] |
| Airbus A321-200 | 10 | — | 12 | 189 | 201[12] | |
| Airbus A321neo | 3[13] | 7 | TBA | 220 | [10][11] | |
| Total | 54 | 38 | ||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Air Transport World (ed.). "Aegean strikes deal to acquire Olympic Air". Consultado o 4 de xullo de 2015.
- ↑ Reuters (ed.). "Aegean Airlines wins EU approval to buy Olympic Air". Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2013. Consultado o 4 de xullo de 2015.
- ↑ Ch-aviation (ed.). "Aegean, Ryanair asked to submit plans for Cyprus Airways". Consultado o 4 de xullo de 2015.
- ↑ "Fleet | About Aegean".
- ↑ "Aegean Airlines Fleet Details and History". www.planespotters.net. Consultado o 2020-12-19.
- ↑ "Airbus A319 | Fleet | About Aegean".
- ↑ "Airbus A320 | Fleet | About Aegean".
- ↑ "New arrivals in town! Our brand new A320neo landed last night at Athens Airport.". Consultado o 19 de decembro de 2020.
- 1 2 "A new era of growth for AEGEAN". .aegeanair.com. Consultado o 19 de decembro de 2020.
- 1 2 "AEGEAN announces order of up to 42 new aircraft of the Α320neo Family, valued at 5 billion dollars at list prices". Aegean Airlines (Nota de prensa). 28 de marzo de 2018.
- 1 2 "AEGEAN Airlines firms up order for 30 A320neo Family aircraft". Airbus (Nota de prensa). 18 de xuño de 2018.
- ↑ "Airbus A321 | Fleet | About Aegean".
- ↑ https://twitter.com/aegeanairlines/status/1339598627379896321?s=21