O aeroporto internacional de Miami(IATA: MIA,OACI: KMIA), tamén coñecido como MIA e historicamente como aeródromo Wilcox, é o principal aeroporto que serve á área de Miami. O aeroporto é unha área non incorporada no condado de Miami-Dade County, e atópase a 13km do centro da cidade de Miami. Opera voos de pasaxeiros e carga a cidades en América, Europa e Asia.
É o principal aeroporto do sur de Florida para voos internacionais de longo alcance e un centro de conexións no sueste dos Estados Unidos. Tamén é un dos oito únicos aeroportos do país con voos regulares operados con Airbus A380. O aeroporto é a principal porta de entrada de American Airlines a Latinoamérica, xunto cun centro de conexións doméstico para a súa afiliada rexional American Eagle.
Miami é a principal porta de entrada entre os Estados Unidos e Latinoamérica, e é un dos principais centros de conexións do país debido á súa proximidade con lugares turísticos, ao crecemento da economía local, á gran cantidade de habitantes latinoamericanos e europeos, e á súa situación estratéxica para poder manexar o tráfico aéreo entre Norteamérica, Suramérica e Europa.
No ano 2010 foi o primeiro aeroporto estadounidense en porcentaxe de voos internacionais e o segundo en volume de pasaxeiros internacionais, despois do aeroporto JFK de Nova York.[1] NO ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 44 350 247 pasaxeiros,[2] converténdoo no 23º máis concorrido do mundo en termos de pasaxe. Nos Estados Unidos é o 10º aeroporto máis concorrido e é o maior do estado de Florida.[3]
↑Miami-Dade Aviation Department (ed.). "Aviation Statistics"(PDF). Archived from the original on 04 de abril de 2017. Consultado o 21 de novembro de 2017.