O aeroporto Vincenzo Florio de Trapani-Birgi(IATA: TPS,OACI: LICT) é un aeroporto civil e militar que serve á cidade italiana de Trapani, en Sicilia. Está situado entre Trapani e Marsala e é un dos cinco aeroportos civís da illa, aínda que tamén é usado para propósitos militares. No ano 2017 usaron o aeroporto un total de 1 292 957 pasaxeiros.[1] Foi bautizado na honra do político e emprendedor siciliano Vincenzo Florio Sr.