Scandinavian Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Scandinavian Airlines System
IATA
SK
OACI
SAS
Indicativo
SCANDINAVIAN
Fundación1 de agosto de 1946
Inicio das operacións17 de setembro de 1946
Aeroporto principalCopenhague
Oslo
Estocolmo-Arlanda
Plan de voo frecuenteEuroBonus
AlianzaSkyTeam
SubsidiariasSAS Connect
SAS Link
Frota68 (excluídos alugados e de subsidiarias)
Destinos125
HoldingSAS Group
Eslogan da compañíaWe are travelers
Sede
DirixentesCarsten Dilling (presidente)
Anko van der Werff (CEO)
Páxina web: flysas.com

Scandinavian Airlines, coñecida normalmente como SAS, é a aeroliña nacional de Suecia, Dinamarca e Noruega[1] e trátase da aeroliña máis grande de Escandinavia. SAS é a abreviatura do seu nome completo, Scandinavian Airlines System ou legalmente Scandinavian Airlines System Denmark-Norway-Sweden. Ten a súa sede en Solna, Suecia e opera principalmente nos países escandinavos. Scandinavian Airlines é un dos membros fundadores da Star Alliance.

A compañía opera 137 avións e voa a 123 destinos de máis de 30 países. O seu principal centro de actividade é o aeroporto de Copenhague, e ten centros secundarios en Oslo e Estocolmo. SAS tamén ten centros de conexión menores nos aeroportos de Bergen, Flesland, Göteborg Landvetter, Stavanger, Sola, e Trondheim, Værnes. SAS Cargo é unha subsidiaria independente de Scandinavian Airlines e a súa sede atópase no aeroporto de Copenhague.[2]

A aeroliña fundouse en 1946 como un consorcio para impulsar as operacións transatlánticas da compañía sueca Svensk Interkontinental Lufttrafik, da norueguesa Det Norske Luftfartselskap e da dinamarquesa Det Danske Luftfartselskab. O consorcio ampliouse dous anos máis tarde para cooperar tamén en rutas europeas e domésticas. En 1951 as tres aeroliñas fusionáronse para crear SAS. O 27 de xuño de 2018 o goberno noruegués anunciou que vendera a súa participación en SAS.[3][4]

Historia[editar | editar a fonte]

Fundación[editar | editar a fonte]

A aeroliña fundouse o día 1 de agosto de 1946 cando Svensk Interkontinental Lufttrafik AB (unha aeroliña propiedade da familia sueca Wallenberg), Det Danske Luftfartselskab A/S, e Det Norske Luftfartselskap AS (as aeroliñas nacionais de Dinamarca e Noruega) formaron unha asociación para manexar o tráfico aéreo intercontinental deses tres países.[5] O primeiro presidente de SAS foi Per A. Norlin.[6] O 17 de setembro dese ano iniciáronse as operacións baixo o nome da nova entidade, sendo o primeiro servizo internacional entre Estocolmo e Nova York.[5] En medio ano SAS estableceu un récord ao transportar a peza única de carga máis pesada a través do Atlántico nun avión de pasaxeiros, un panel eléctrico de 680 kg dende Nova York á compañía Sandvik en Suecia.[7]

Durante 1948 a aeroliña nacional sueca AB Aerotransport uniuse a SAS, coordinando rapidamente as súas operacións europeas. Tres anos despois as compañías fusionáronse formalmente para formar o SAS Consortium.[5] Cando se estableceu a propiedade da aeroliña dividiuse entre SAS Danmark (28,6%), SAS Norge (28,6%) e SAS Sverige (42,8%), as cales pertencían nun 50% a investidores privados e no outro aos seus gobernos.[8]

Ruta transpolar[editar | editar a fonte]

Durante o ano 1954 SAS converteuse na primeira aeroliña en comezar voos regulares usando unha ruta polar, voando Douglas DC-6B dende Copenhague ata Os Ánxeles con escalas en Søndre Strømfjord (agora Kangerlussuaq) en Groenlandia e Winnipeg no Canadá.[5] En verán de 1956 o tráfico da ruta xustificou o aumento das frecuencias a tres voos por semena. O servizo demostrou ser moi popular entre as celebridades de Hollywood e os membros da industria cinematográfica, e SAS conseguiu moita publicidade coa ruta. Grazas a unha estrutura de tarifas que permitía o tránsito gratuíto cara a outros destinos europeos vía Copenhague, esta ruta foi gañando cada vez máis popularidade entre os tuistas estadounidenses ao longo dos anos 50.[5]

En 1957 SAS foi a primeira aeroliña en ofrecer un servizo ao redor do mundo sobre o Polo Norte, a través dunha segunda ruta polar operada por Douglas DC-7C voando dende s flying from Copenhague a Toquio con escala no aeroporto de Anchorage en Alasca.[5] O voo a través de Alasca era unha solución de compromiso xa que a Unión Soviética non permitía a SAS, entre outras aeroliñas, voar sobre Siberia en rutas entre Europa e o Xapón, e o espazo aéreo chinés tamén estaba pechado.[5]

Era dos reactores[editar | editar a fonte]

En 1959 SAS entrou na era dos reactores tras mercar varios Sud Aviation Caravelle franceses.[5] No mes de marzo do ano seguinte foi introducido o segundo avión a reacción na frota de SAS, o Douglas DC-8.[9] O DC-8 comezou a operar na ruta cara Nova York o 1 de maio, cara Os Ánxeles o 3 de xuño, e na ruta cara Toquio o 11 de outubro. A introdución do DC-8 tamén implicou que o tráfico intercontinental se movese cara ao aeroporto de Arlanda, que foi inaugurado oficialmente en 1962.

Posteriormente SAS introduciu o o Douglas DC-9, o primeiro reactor para voos de curto e medio alcance da súa frota, un aparello que voaría coa aeroliña ata o ano 2002.

Ademais de introducir avións máis modernos, SAS tamén adoptou innovadoras prácticas de operación e sistemas para mellorar a experiencia dos clientes. En 1965 foi a primeira aeroliña en introducir un sistema electrónico de reservas.[5]

Durante o ano 1971 SAS comezou a operar o seu primeiro Boeing 747, e en 1974 a aeroliña recibiu o Douglas DC-10. O primeiro modelo do fabricante europeo Airbus chegaría en 1977 ao mercar a compañía o Airbus A300 para as súas rutas de media distancia.

Consolidación, adquisicións e asociacións[editar | editar a fonte]

Os anos 80 foron a época dourada de SAS.[10] En 1981 Jan Carlzon foi nomeado CEO da aeroliña, e durante o seu mandato a compañía experimentou un xiro financeiro exitoso que empezou ese mismo ano. SAS adquiriu gradualmente o control dos mercados domésticos nos tres países escandinavos; isto conseguiuse adquirindo o control total ou parcial de varias compañías aéreas locais competidoras, incluíndo Braathens e Widerøe en Noruega, Linjeflyg e Skyways Express en Suecia, e Cimber Air en Dinamarca.

En 1982 Scandinavian Airlines foi recoñecida como a aeroliña máis puntual de Europa,[5] e en 1983 recibiu o premio á Aeroliña do Ano nos ATW Airline Awards.[11]

Durante as súas primeiras décadas, a aeroliña construíu dous grandes hoteis no centro de Copenhague, o SAS Royal Hotel (5 estrelas) e o máis grande SAS Hotel Scandinavia (4 estrelas e cun casino na súa planta 26).[5] Nos anos 1980 SAS inaugurou o seu primeiro hotel fóra de Escandinavia, o SAS Kuwait Hotel. Cara 1989 a división de hoteis de SAS tiña o 40% das acción do Intercontinental Hotels Group.[5] Tras a desregularización da aciación comercial en Europa e a presión das novas aeroliñas rivais SAS experimentou dificultades económicas e a compañía decidiu vender a súa cadea de hoteis ao Radisson Hotel Group no ano 1992.[5]

A principios dos anos 90 SAS intentou sen éxito fusionarse con KLM, xunto con Austrian Airlines r Swissair, nunha proposta de entidade combinada coñecida como Alcazar.[12] Porén, meses de negociacións para chegar a esta ambiciosa fusión finalmente colapsaron debido a múltiples cuestións sen resolver. Este fracaso estratéxico contribuíu en gran medida á saída de Carlzon ese mesmo ano e á súa substitución por Jan Reinås. En maio de 1997 SAS converteuse nun dos membros fundadores da alianza global de aeroliñas Star Alliance, uníndose a outras compañía como Air Canada, Lufthansa, Thai Airways International e United Airlines.[13]

Frota[editar | editar a fonte]

Actual[editar | editar a fonte]

En febreiro de 2024 a frota de Scandinavian Airlines estaba formada polos seguintes avións:[14][15]

Airbus A319 coa librea retro
Airbus A320neo operado por SAS Connect coa librea actual
Airbus A330-300 coa antiga librea
Frota de Scandinavian Airlines
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
C Y M Total
Airbus A319-100 4 150 150 Tres coa librea da Star Alliance e un con librea retro.
Airbus A320-200 11 168 168
Airbus A320neo 37 18[16] 180 180 Entregas ata 2025.[16]
Airbus A321LR 3 22 12 123 157
Airbus A330-300 8 32 56 178 266
Airbus A350-900 4 2 40 32 228 300
Boeing 737-700 1 Evacuación médica Operado polas Forzas Aéreas de Noruega e a Dirección de Saúde.[17]
Avións alugados (wet-lease)
Airbus A320neo 25 180 180 Operados por SAS Connect.[18]
ATR 72-600 7 70 70 Operados por Xfly.[15]
Bombardier CRJ900 10 90 90 Operados por CityJet.[15]
1 88 88
6 88 88 Operados por Xfly.[15]
Embraer 195 6 122 122 Operados por SAS Link.[19]
4 120 120
Total 127 20

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "SAS profile". CAPA. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2012. Consultado o 2020-12-08. 
  2. "About SAS Cargo". SAS Cargo. Consultado o 8 de decembro de 2020. 
  3. "Norway sells remainder stake in SAS airline". Reuters (en inglés). 2018-06-27. Consultado o 2020-12-08. 
  4. "Norway to sell remaining SAS airline stake". The Local. Consultado o 2020-12-08. 
  5. 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 5,10 5,11 5,12 "History milestones - SAS". www.sasgroup.net (en inglés). Consultado o 2020-12-08. 
  6. "Presidents of SAS, beginning in 1946 - SAS". www.sasgroup.net (en inglés). Consultado o 2020-12-08. 
  7. "Along The Airways". The Brooklyn Daily Eagle (en inglés). 2 de marzo de 1947. Consultado o 2020-12-08. 
  8. Buraas, Anders, 1915- (1979). The SAS saga : a history of Scandinavian Airlines System. [Oslo]: SAS. ISBN 82-90212-00-3. OCLC 7796245. 
  9. "Douglas DC-8". Scanair Magazine. Consultado o 2020-12-09. 
  10. "SAS: Utan styrfart". Fokus (en sueco). 2007-01-12. Consultado o 2020-12-17. 
  11. "Past Recipients". awards.atwonline.com. Consultado o 2020-12-17. 
  12. "4 European Air Carriers Scrap Plan for Merger : Transportation: The airlines had hoped to form a 'fortress' to compete with lower-cost flights.". Los Angeles Times (en inglés). 1993-11-22. Consultado o 2024-03-07. 
  13. "About Star Alliance". Star Alliance. Consultado o 7 de marzo de 2024. 
  14. "Fleet - SAS". www.sasgroup.net (en inglés). Consultado o 2024-03-07. 
  15. 15,0 15,1 15,2 15,3 "SAS Scandinavian Airlines Fleet Details and History". Planespotters.net (en inglés). 2024-03-07. Consultado o 2024-03-07. 
  16. 16,0 16,1 "SAS places order for an additional 50 Airbus A320neo aircraft to create a single-type fleet - SAS". SAS. Consultado o 8 de decembro de 2020. 
  17. Bodell, Luke (2024-02-06). "Final SAS Boeing 737 Becomes A Medevac Aircraft". Simple Flying (en inglés). Consultado o 2024-03-07. 
  18. "Latest Register and Monthly Changes". www.iaa.ie. Consultado o 2024-03-07. 
  19. Christensen, Ole Kirchert (2021-09-23). "SAS skal have Embraer-fly". CHECK-IN.DK (en dinamarqués). Consultado o 2024-03-07. 



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre aviación é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.