Aeroporto de Minsk
Aeroporto de Minsk Нацыянальны аэрапорт Мінск
Национальный аэропорт Минск | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Cidade/Illa | Minsk | ||
Localización | Kastrychnitski | ||
Elevación (msnm) | 204 metros / 669 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
13/31 | 3 641 | 11 942 | formigón |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 3 429 112[1] |
O aeroporto nacional de Minsk (IATA: MSQ, ICAO: UMMS), anteriormente chamado Minsk-2, é o principal aeroporto de Belarús, situado a 42 km ao leste de Minsk, a capital do país. O aeroporto serve como centro de conexións para a aeroliña nacional bielorrusa Belavia e as aeroliñas de carga TransAVIAexport Airlines e Genex.
Historia
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]A construción do aeroporto Minsk-2 comezou no ano 1977. En 1979 estivo operativa unha pista de 3 640 metros de longo e 60 de ancho. En 1981 o aeródromo xa era capaz de operar avións e finalmente inaugurouse en 1982. O primeiro voo de pasaxeiros operouse cun Tupolev Tu-134. Once anos despois as súas instalacións estiveron completas inaugurándose unha terminal con capacidade para 5,8 millóns de pasaxeiros anuais.
Desenvolvemento dende os 90
[editar | editar a fonte]Os voos regulares comezaron en 1983 e no ano 1990 o tráfico de pasaxeiros chegou aos 2,2 millóns anuais. Dende 1991 o número de voos comezou a baixar debido ao colapso da Unión Soviética. En 1997 o número de pasaxeiros foi de 516 000, en 1998 de 480 000 e en 2000 só 400 000. Dende a independencia de Belarús o primeiro millóns de pasaxeiros non chegaría ata o ano 2008.[2]
Aeroliñas e destinos
[editar | editar a fonte]Pasaxeiros
[editar | editar a fonte]Carga
[editar | editar a fonte]Aeroliñas | Destinos
|
---|---|
Turkish Airlines Cargo | Istanbul-Atatürk, Viena[10] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Belarus News (ed.). "Over 3.4m passengers travelled via Minsk airport in 2016". Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2021. Consultado o 7 de novembro de 2017.
- ↑ Нацыянальны аэрапорт Мінск (ed.). "Airport History". Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2019. Consultado o 7 de novembro de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 Routes Online (ed.). "Belavia plans additional routes in S17". Consultado o 24 de xaneiro de 2018.
- ↑ Блокнот (ed.). "Из нового аэропорта «Платов» можно будет улететь прямым рейсом в Белоруссию" (en ruso). Consultado o 24 de xaneiro de 2018.
- ↑ БелТА (ed.). ""Белавиа" с 27 апреля начнет выполнять рейсы в Ростов-на-Дону" (en ruso). Consultado o 24 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Belavia resumes charter flights to Sharm el-Sheikh". 20 April 2016. Consultado o 30 May 2017.
- ↑ Liu, Jim (17 January 2017). "Etihad continues Minsk operations from March 2017". Routesonline. Consultado o 1 November 2017.
- ↑ "Belarus, Minsk (MSQ) <-> Russia, Novosibirsk, Tolmachevo (OVB)". S7.ru. S7 Airlines. Consultado o 1 November 2017.
- ↑ Liu, Jim (3 November 2017). "Yamal Airlines adds Ekaterinburg – Minsk in W17". Routesonline. Consultado o 3 November 2017.
- ↑ "Turkish Airlines Cargo Winter Schedule" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de xuño de 2013. Consultado o 24 de xaneiro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web do aeroporto Arquivado 07 de abril de 2022 en Wayback Machine.