Aeroporto de Glasgow-Prestwick

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aeroporto de Glasgow-Prestwick
Glasgow Prestwick Airport

Glasgow Prestwick Airport, January 2017.jpg

IATA: PIK – ICAO: EGPK
Sumario
Tipo público
Propietario goberno de Escocia
Operador Prestwick Aviation Holdings Ltd
Localización Prestwick
Elevación (msnm) 20 metros / 65 pés
Coordenadas 55°30′34″N 004°35′40″O / 55.50944, -4.59444Coordenadas: 55°30′34″N 004°35′40″O / 55.50944, -4.59444
Web http://www.glasgowprestwick.com/
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
12/30 2 986 9 797 formigón/asfalto
03/21 1 905 6 250 asfalto
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros 673 232

O aeroporto de Glasgow-Prestwick (IATA: PIKOACI: EGPK) é un aeroporto que serve o oeste de Escocia. Está situado a 1,9 quilómetros de Prestwick e a 51 do centro da cidade de Glasgow. É o menos concorrido dos dous aeroportos que serven a zona, sendo o outro o aeroporto de Glasgow. Podería converterse no centro de conexións europeo para voos espaciais comerciais[1] e é o principal canditato escocés para desenvolverse como o primeiro porto espacial do Reino Unido competindo co aeroporto de Cornualles Newquayand e o aeroporto de Llanbedr.

Glasgow-Prestwick é o quinto aeroporto máis concorrido de Escocia en número de pasaxeiros despois dos aeroportos de Edimburgo, Glasgow, Aberdeen e Inverness. O tráfico de pasaxeiros chegou a un pico de 2,4 millóns no ano 2007 tras unha década de rápido crecemento grazas principalmente a aeroliñas de baixo custo. Nos últimos anos o tráfico decreceu e en 2016 só pasaron polo aeroporto 673 232 pasaxeiros.[2]

Aeroliñas e destinos[editar | editar a fonte]

Pasaxeiros[editar | editar a fonte]

Aeroliñas Destinos
Ryanair Alacant, Barcelona, Faro, Fuerteventura, Gran Canaria, Lanzarote, Málaga, Malta, Rzeszów, Tenerife-Sur
Estacional: Xirona, Eivisa, Murcia, Palma de Mallorca, Pisa, Roma-Ciampino

Carga[editar | editar a fonte]

Aeroliñas Destinos
Air France Cargo Chicago-O'Hare, París-Charles de Gaulle
Cargolux Houston-Intercontinental, Os Ánxeles, Luxemburgo, Seattle/Tacoma
Cargolux Italia Os Ánxeles
Volga-Dnepr Airlines Ulianovsk

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. The Herald (ed.). "Prestwick Airport frontrunner to become Britain's first spaceport". Consultado o 12 de decembro de 2017. 
  2. Civil Aviation Authority (ed.). "Aircraft and passenger traffic data for UK airports". Consultado o 12 de decembro de 2017.