O aeroporto de Zadar (IATA: ZAD, ICAO: LDZD) é o aeroporto internacional que serve á cidade croata de Zadar. Está situado en Zemunik Donji, a 8km do centro de Zadar.
A comezos de 1936 Zadar tivo voos comerciais regulares operados por Ala Littoria.[1]
O aeroporto de Zadar foi un dos poucos do mundo onde a pista de rodaxe cruzaba unha estrada pública. Esta estrada pechouse o 7 de abril do ano 2010 debido aos termos negociados coa Unión Europea durante as negociacións do ingreso de Croacia.[2]
O aeroporto serviu como unha antiga base da escola de voo de Lufthansa InterCockpit e aínda serve como unha base de adestramento para a Forza Aérea de Croacia. Dende principios de abril de 2013 Zadar é unha base de Ryanair, que ten alí estacionado un Boeing 737-800. O aeroporto opera a 16 destinos europeos en Alemaña, Irlanda, Reino Unido, Francia, Bélxica, Dinamarca, Suecia e Noruega.