Aeroporto Internacional dos Ánxeles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aeroporto Internacional dos Ánxeles
Los Angeles International Airport

Los Angeles International Airport Aerial Photo.jpg
Vista aérea do aeroporto

IATA: LAX – ICAO: KLAX
Sumario
Tipo público
Propietario cidade dos Ánxeles
Operador Los Angeles World Airports
Cidade/Illa área do Gran Os Ánxeles
Localización Os Ánxeles, California
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
6L/24R 2 721 8 926 cemento
6R/24L 3 318 10 885 cemento
7L/25R 3 685 12 091 cemento
7R/25L 3 382 11 095 cemento
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros 80 921 527
Operacións 697 138

O Aeroporto Internacional dos Ánxeles (IATA: LAX, ICAO: KLAX, FAA LID: LAX) é o aeroporto máis grande e concorrido do área Gran Os Ánxeles e do estado de California, ademais de ser un dos aeroportos internacionais máis grandes dos Estados Unidos. Adoita a ser coñecido polo seu código IATA LAX, pronunciando as letras individualmente. LAX iatópase no suroeste da área dos Ánxeles ao lado do océano Pacífico, entre o barrio de Westchester no norte e a cidade de El Segundo no sur. É propiedade e está operado por Los Angeles World Airports, unha axencia do goberno dos Ánxeles, antigamente coñecida como Departmento de Aeroportos.

En 2015 por LAX pasaron 74 936 256 pasaxeiros, un incremento do 6% con respecto ao ano anterior,[1] facéndoo o sétimo aeroporto con máis pasaxeiros do mundo. LAX tamén foi o terceiro aeroporto do mundo en movemento de aeronaves. Aínda que LAX é o aeroporto máis concorrido da zona, outros, como o Aeroporto Bob Hope, o Aeroporto John Wayne, o Aeroporto de Long Beach e o Aeroporto Internacional LA/Ontario, tamén serven á rexión. Destaca tamén por ser un dos poucos aeroportos estadounidenses con catro pistas paralelas.

LAX funciona como centro de conexións para Alaska Airlines,[2] American Airlines, Delta Air Lines,[3] United Airlines e Virgin America. Tamén é unha cidade prioritaria para Allegiant Air, Air New Zealand, Qantas, Southwest Airlines, Spirit Airlines e Volaris.

Como o aeroporto internacional máis grande da costa oeste dos Estados Unidos, LA é unha gran porta de entrada dende e cara Europa, Latinoamérica, Asia e Oceanía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Daily Breeze (ed.). "LAX sets record for passenger volume in 2015". Consultado o 21 de xaneiro de 2017. 
  2. Alaska Airlines (ed.). "Cities served". Consultado o 21 de xaneiro de 2017. 
  3. Delta Air Lines (ed.). "Delta Hub Station Los Angeles". Consultado o 21 de xaneiro de 2017.