Aeroporto de Lille

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Aeroporto de Lille-Lesquin»)
Aeroporto de Lille
Aéroport de Lille

IATA: LIL – ICAO: LFQQ
Sumario
Tipo público
Operador Socièté de gestion de l'aéroport de la région de Lille
Cidade/Illa Lille
Localización Lesquin
Elevación (msnm) 48 metros / 157 pés
Coordenadas Coordenadas: 50°33′48″N 3°05′13″L / 50.563333333333, 3.0869444444444
Web http://www.lille.aeroport.fr
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
08/26 2 825 9 268 asfalto
02/20 1 580 5 184 asfalto
Estatísticas (2015)
Pasaxeiros 1 538 814

O aeroporto de Lille (IATA: LILOACI: LFQQ) é un aeroporto situado na localidade de Lesquin, a 7 quilómetros ao sur de Lille, no norte de Francia. Tamén é coñecido como aeroporto de Lille-Lesquin ou aeroporto de Lesquin. Lille é a principal cidade da metrópole europea de Lille, a capital da rexión de Norte-Paso de Calais e a prefectura do departamento de Norte.

O aeroporto atópase a uns 15 minutos do centro de Lille. É o 12º máis concorrido de Francia en número de pasaxeiros: con 1 538 814 no ano 2015.[1] En termos de carga é o cuarto aeroporto do país.

Aeroliñas e destinos[editar | editar a fonte]

Aeroliñas Destinos
Aegean Airlines Estacional: Atenas
Aigle Azur Alxer, Orán
Air Algérie Alxer, Orán
Air France
operado por HOP!
Ámsterdam, Bordeos, Lión, Marsella, Nantes, Niza, Pau (comeza en decembro de 2017), Estrasburgo, Tolosa
Estacional: Ajaccio, Bastia, Biarritz, Calvi, Figari, Perpiñán
easyJet Biarritz,[2] Bordeos, Faro, Lisboa, Nantes,[2] Nápoles, Niza, Tolosa, Venecia
easyJet Switzerland Xenebra
Nouvelair Estacional: Xerba
Ryanair Marsella
SmartWings
operado por Travel Service
Estacional: Heraclión,[3] Faro,[3] Palma de Mallorca, Tenerife-Sur[3]
TUI fly Belgium Estacional: Agadir, Marrakesh
Chárter estacional: Cagliari, Catania, Kalamata, Palermo, Patras, Split
Volotea Estacional: Ajaccio, Bastia, Figari, Palma de Mallorca
Vueling Barcelona
Estacional: Palma de Mallorca
XL Airways France Estacional: Fort-de-France (comeza en abril de 2018)[4]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Aerobuzz (ed.). "Les aéroports français touchés de plein fouet par les attentats du 13 novembre". Consultado o 5 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 Routes Online (ed.). "easyJet plans additional French routes in S17". Consultado o 5 de xaneiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Routes Online (ed.). "Smartwings adds various French routes in S17". Consultado o 5 de xaneiro de 2018. 
  4. Air Journal (ed.). "XL Airways : les Antilles depuis 7 villes de province". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2017. Consultado o 5 de xaneiro de 2018.