Air France

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Air France
IATA
AF
OACI
AFR
Indicativo
AIRFRANS
Fundación7 de outubro de 1933
Plan de voo frecuenteFlying Blue
AlianzaSkyTeam
SubsidiariasHOP!, CityJet, Transavia.com France
Frota253
Destinos272
HoldingAir France-KLM
Eslogan da compañíaFaire du ciel le plus bel endroit de la terre
Sede
Páxina web: http://www.airfrance.com
Dous Boeing 747 de Air France

Air France (AFR, Compagnie Nationale Air France) é a aeroliña nacional francesa. Ten a súa sede en Tremblay-en-France, ao norte de París, e trátase dunha das aeroliñas máis grandes do mundo. No ano 2010 voaba a 32 destinos en Francia e a 156 de todo o mundo en 91 países distintos, transportando a 71,3 millóns de pasaxeiros. Air France conta con máis de 64.000 empregados. É un dos membros fundadores da alianza de aeroliñas SkyTeam Alliance, xunto a Aeroflot, Delta Air Lines, Aeroméxico, Korean Air, Czech Airlines e Alitalia. No ano 2004, Air France situouse como a primeira aeroliña europea, cun 18% de todos os pasaxeiros europeos.

Historia[editar | editar a fonte]

Air France foi fundada o 30 de agosto de 1933, produto da fusión de Air Orient, Compagnie Générale Aéropostale, Société Générale des Transports Aériens (SGTA, a primeira aeroliña francesa, fundada en 1919 como Lignes Aériennes Farman), Air Union e Compagnie Internationale de Navigation (CIDNA). A aeroliña tiña numerosas rutas por toda Europa, aínda que tamén voaba ás colonias francesas no norte de África e a outros destinos. Durante a segunda guerra mundial a compañía moveu o seu centro de operacióna a Casablanca (Marrocos).

En 1936 Air France incorporou á súa frota o avión bimotor de fabricación francesa Potez 62, que contaba cunha cabina con dous compartimentos que podía acomodar de 14 a 16 pasaxeiros. Era un monoplano de á alta con fuselaxe de madeira e revestimento composto, mentres que as ás tiñas revestimento de tela é un bordo de ataque metálico. Estaba equipado con motores Hispano-Suiza V e usáronse para rutas en Europa, Suramérica e Extremo Oriente. Aínda que a súa velocidade de cruceiro era só de 280 km/h, o Potez 62 foi un aparello robusto e fiable para Air France e estivo en servizo ata a segunda guerra mundial, sendo un usado pola Forza Aérea da Francia Libre.[1]

A aeroliña foi nacionalizada no ano 1946, creando a Compagnie Nationale Air France nun acto parlamentario o día 16 de xuño de 1948. O goberno quedou co 70% da nova compañía e en anos posteriores, directa ou indirectamente, chegou a posuir case o seu 100%; a mediados de 2002 aínda posuía un 54%. O 4 de agosto de 1948, Max Hymans foi nomerado presidente de Air France. Durante os seus trece anos na presidencia puxo en funcionamento unha política de modernización baseada en reactores, máis concretamente no Sud Aviation Caravelle e o Boeing 707.

O 1 de xullo de 1946 Air France inaugurou un servizo directo entre París e Nova York, con reabastecementos en Shannon e Gander. Os Douglas DC-4 cubrían esta ruta en pouco menos de 20 horas. Cara 1948 Air France operaba unha das maiores frotas no mundo, posuíndo unhas 130 aeronaves.

En 1949 a compañía participou na fundación da SITA (Société Internationale de Télécommunications Aéronautiques). A aeroliña usou o de Havilland Comet por un curto período de tempo en 1953, pero foi rapidamente substituído polo Vickers Viscount e, en 1959, comezou a usar o elegante Sud Aviation Caravelle.

En 1976 Air France introduciu na súa frota o avión supersónico Concorde nun traxecto dende París ata Nova York e outras rutas que foron abandonadas en 1982. O Concorde foi un dos dous únicos avións de pasaxeiros comercial supersónico. Percorría a distancia entre París e Nova York en tan só tres horas e 20 minutos.

O 25 de xullo de 2000 o voo 4590 de Air France, un Concorde con destino ao Aeroporto Internacional John F. Kennedy de Nova York estrelouse matando a todos os seus ocupantes e a catro persoas que estaban en terra.

O 31 de maio de 2003 Air France e British Airways retiraron todos os Concorde simultaneamente da circulación debido á escasa demanda como resultado do desastre do ano 2000. Moitos destes avións depositáronse en museos.

O 30 de setembro de 2003, Air France e a compañía neerlandesa KLM Royal Dutch Airlines, anunciaron a fusión de ambas as aeroliñas, formando unha nova compañía chamada Air France-KLM. A unión faríase realidade o 5 de maio do 2004. Os donos de Air France pasaron a ter o 81% da nova compañía, deixando o 19% restante aos donos de KLM. Isto levou a que o goberno francés reducise a súa participación na compañía dun 54,4% a un 44%. A decisión do goberno de Jean-Pierre Raffarin de reducir a súa participación na compañía provatizou efectivamente á aeroliña. En decembro do 2004 o estado vendería o 18,4% das súas acción, e porteriormente a súa participación reduciríase máis ata caer por debaixo do 20%[2].

Air France-KLM converteuse na aeroliña do mundo con máis ingresos por operacións, e a terceira máis grande (a primeira de Europa) en pasaxeiros por quilómetro.

Frota[editar | editar a fonte]

Actual[editar | editar a fonte]

En novembro de 2020 a frota de Air France estaba formada polos seguintes avións:[3]

Frota de pasaxeiros de Air France
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
F B E+ E Total
Airbus A220-300 60[4] 149 149 As entregas comezarán en setembro de 2021.
Substituirán aos A318 e A319.
Airbus A318-100 18 131 131 Van ser retirados en 2021.[5]
Substituídos por Airbus A220-300.
18 113 131
Airbus A319-100 33 142 142
143 143
20 123 143
Airbus A320-200 44 14 144 168 Dous coa librea de SkyTeam.
174 174
36 138 174
178 178
Airbus A321-100 5 212 212 Procedentes de Air Inter.
Airbus A321-200 15 200 200 Un coa librea de SkyTeam.
212 212
36 176 212
Airbus A330-200 15 36 21 167 224
Airbus A350-900 6[6] 32[7][8] 34 24 266 324[9] Substituirán aos Boeing 777-200ER máis antigos.[10]
Boeing 777-200ER 25 40[11] 24[11] 216[11] 280 Algúns serán substituídos por Airbus A350.
Boeing 777-300ER 43 4 58 28 206 296 Cliente de lanzamento.
Tres coa librea de SkyTeam.
38 252 322
42 24 315 381
14 32 422 468
14 28 430 472[12]
Boeing 787-9 10 30 21 225 276 [13]
Frota de carga de Air France
Boeing 777F 2 Carga Cliente de lanzamento.
Total 216 92

Histórica[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa historia Air France tamén operou os seguintes modelos:[14]

Frota histórica de Air France
Avión Total Introducido Retirado Substituto Notas Refs
Aérospatiale/BAC Concorde 7 1976 2003 Ningún
Airbus A300B2-100 9 1974 1996 Airbus A330-200
Airbus A300B4-200 16 1976 1998 Airbus A330-200
Airbus A310-200 7 1984 2002 Airbus A330-200
Airbus A310-300 4 1989 2002 Airbus A330-200
Airbus A320-100 14 1988 2008 Airbus A320-200
Airbus A340-200 6 1993 1999 Airbus A340-300
Airbus A340-300 15 1993 2020 Boeing 787-9 [15]
Airbus A380-800 10 2009 2020 Airbus A350-900 Retirados antes de tempo debido á pandemia da COVID-19. [16]
Amiot AAC.1 Toucan
(Junkers Ju 52/3m)
11 1945 1953 Descoñecido [17]
Boeing 707-320B 8 1960 1982 Airbus A300
Boeing 707-320C 12 1960 1984 Airbus A310
Boeing 707-320 Intercontinental 21 1959 1979 Airbus A300 [18]
Boeing 727-200 29 1968 1992 Airbus A320-200
Boeing 737-200 24 1982 2002 Airbus A320-200
Boeing 737-300 9 1991 2004 Airbus A320-200
Boeing 737-500 30 1990 2007 Airbus A320-200
Boeing 747-100 17 1970 2000 Airbus A330-200
Boeing 747-200B 2 1977 2005 Boeing 747-400
Airbus A330-200
Boeing 747-200F 11 1974 2003 Boeing 747-400ERF
Boeing 747-200M 16 1977 2005 Boeing 747-400M
Boeing 747-200M/SUD 2 1992 2007 Boeing 747-400M Mecados a Union des Transports Aériens.
Convertidos a partir de dous 747-200M.
Boeing 747-300 3 1991 2007 Boeing 747-400
Airbus A330-200
Mercados a Union des Transports Aériens.
Boeing 747-300M 1 1991 2007 Boeing 747-400
Boeing 747-400 10 1991 2016 Airbus A380-800
Boeing 777-300ER
4 Convertidos en cargueiros e transferidos a Air France Cargo.
Boeing 747-400BCF 4 2009 2011 Boeing 777F Convertidos a partir de avións de pasaxeiros 747-400.
Boeing 747-400ERF 6 2002 2015 Boeing 777F
Boeing 747-400M 3 1992 2012 Boeing 777-300ER
Boeing 767-200ER 2 1991 1992 Ningún
Boeing 767-300ER 8 1991 2003 Airbus A330-200
Bréguet 763 Deux-Ponts 12 1952 1971 Descoñecido
de Havilland Comet 3 1953 1954 Vickers Viscount 700
Douglas DC-3 81[19] 1946 1962 Descoñecido
Douglas DC-4 45[20] 1946 1971 Descoñecido
Douglas DC-6 2 1949 1968 Descoñecido
Fokker F27 Friendship 17 1967 1997 Descoñecido
Fokker F28 Fellowship 6 1977 1995 Descoñecido Alugados a TAT European Airlines
Fokker 100 6 1997 1999 Descoñecido
Junkers Ju 52/3m Descoñecido 1945 1953 Descoñecido
Latécoère 631 4 1947 Descoñecido Descoñecido Tres avións perdéronse e accidentes, os F-BDRC e F-BDRD en 1948, pesumiblemente por fatiga do metal, e o outro en 1950, polo que Air France operou só un Latécoère 631 como cargeuiro ata principios dos 50.
Lockheed L-049 Constellation 4 1946 1950 Lockheed L-1049 Super Constellation
Lockheed L-749 Constellation 24 1947 1961 Lockheed L-1049 Super Constellation
Lockheed L-1049 Super Constellation 24 1953 1968 Lockheed L-1649A Starliner
Lockheed L-1649A Starliner 8 1957 1963 Boeing 707
Lockheed L-1011 TriStar 1 1989 1991 Descoñecido Alugado a Air Transat.
McDonnell Douglas DC-10-30 5 1992 1995 Mercados a Union des Transports Aériens
SNCASE SE.161 Languedoc 49 1945 1952 Descoñecido
Sud-Ouest Bretagne Descoñecido Descoñecido Descoñecido Descoñecido
Sud Aviation Caravelle 50 1959 1981 Boeing 727-200
Transall C-160 4 1973 1991 Descoñecido
Vickers Viscount 700 16 1953 1962 Descoñecido De 1967 a 1968 alugáronse catro Viscount a British Eagle.


Notas[editar | editar a fonte]

  1. Flight Global (ed.). "The Potez 62: Cruising Speed of 175 m.p.h. with Fourteen Passengers". Consultado o 27 de xuño de 2018. 
  2. "Directory: World Airlines". Flight International: pp. 56–57. 27 de marzo de 2007.
  3. "Air France Fleet Details and History". www.planespotters.net. Consultado o 2020-12-15. 
  4. "Evolution of the Air France-KLM fleet". Air France KLM (en inglés). 30 de xullo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2019. Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  5. "Air France's Fleet Plans: What Does The Future Hold?". Simple Flying (en inglés). 27 de xullo de 2020. Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  6. Dunn, Graham. "Air France takes first A350-900". FlightGlobal. Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  7. Kaminski-Morrow, David (12 de decembro de 2019). "Air France orders more A350s to replace A380 fleet". Flightglobal.com. Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  8. Loh, Chris. "Air France-KLM Orders 10 More Airbus A350s". Simple Flying. Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  9. "Air France takes delivery of its first A350 XWB". Airbus. Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  10. Gubisch, Michael (6 de xaneiro de 2017). "KLM to introduce A350 in 2020". flightglobal.com. London, UK: Flight Global. Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  11. 11,0 11,1 11,2 "SeatGuru Seat Map Air France". seatguru.com. Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  12. "Boeing 777-300 map - 472 seats". Air France. Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2021. Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  13. "The Air France-KLM Group takes a next step in optimization of the long-haul fleet". Air France-KLM (en inglés). 28 de xuño de 2019. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2022. Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  14. "Air France Fleet". www.airfleets.net. Consultado o 2020-12-15. 
  15. "Air France dit adieu à son dernier quadriréacteur". Air Journal (en francés). Consultado o 2020-12-15. 
  16. KLM, AIR FRANCE- (2020-05-20). "Phase-out of Air France entire Airbus A380 fleet". GlobeNewswire News Room. Consultado o 2020-12-15. 
  17. "rzjets AF Ju-52-fleet". www.rzjets.net. 
  18. "B 707 F-BHSA at Aviation Network-Database". 
  19. "rzjets AF DC-3/C-47-fleet". www.rzjets.net. 
  20. "rzjets AF DC-4-fleet". www.rzjets.net. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Páxina de Air France en varios idiomas