Aeroporto de Jersey
| Aeroporto de Jersey | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| Transporte | |||||||||||
|
Ofrece servizo a
| |||||||||||
|
Pistas de aterraxe
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
O aeroporto de Jersey (IATA: JER, OACI: EGJJ) é un aeroporto menor británico situado na parroquia de Saint Peter, a 7,4 quilómetros ao oeste de Saint Helier en Jersey, nas illas da Canle.
Historia
[editar | editar a fonte]Os servizos aéreos a Jersey antes de 1937 consistían en avións de pasaxeiros biplanos e algúns hidroavións que amaraban na praia da baía de Saint Aubin. Jersey Airways e Imperial Airways estaban entre as aeroliñas que operaban na illa antes da segunda guerra mundial, pero as condicións eran difíciles e os horarios dependían das mareas. Tamén era difícil previr aos habitantes para que non cruzasen a zona de aterraxe, e calquera avión cun problema mecánico tiña que ser arrastrado ás bancadas ata que a marea retrocedese.
O Estados de Jersey decidiron construír un aeroporto que se inauguraría o 10 de marzo de 1937 con catro pistas de herba, tendo a máis grande delas 896 metros cunha liña central de formigón. Durante a ocupación por parte da Luftwaffe durante a guerra, engadíronse pistas de rodaxe de formigón. A Luftwaffe tamén construíu hangares e un deles, o hangar de Jersey Airlines, aínda existe a día de hoxe aínda que sen uso. No ano 1952 inaugurouse unha pista de tarmac de 1 280 metros e pecháronse as pistas de herba. Unha característica do aeroporto nos anos 50 foi o sistema de control de tráfico; colocáronse semáforos para evitar que os coches usasen a estrada de Les Quennevais ao aeroporto cando os avións se trasladaban dende ou cara ao hangar usado por B.E.A.
A pista alongouse varias veces ao longo dos anos, acadando a súa lonxitude actual de 1 690 metros no ano 1976. Anos despois engadíronse máis pistas de rodaxe para mellorar o acceso cara a un dos extremos da pista. Porén, debido á súa restrinxida lonxitude, en outubro de 2007 Thomsonfly anunciou que eliminaría algúns servizos cando introducise o máis grande Boeing 737-800 á súa frota.[1] A pista 09/27, designada así en 1952, cambiou a súa designación a 08/26 en outubro de 2014 debido a un cambio nos polos magnéticos da Terra.[2]
Aeroliñas e destinos
[editar | editar a fonte]Pasaxeiros
[editar | editar a fonte]| Aeroliñas | Destinos
|
|---|---|
| Aer Lingus Regional operado por Stobart Air | Estacional: Dublín |
| Austrian Airlines | Chárter estacional: Viena[3] |
| British Airways | Londres-Gatwick |
| easyJet | Glasgow, Liverpool, Londres-Gatwick Estacional: Belfast-Internacional, Londres-Luton, Londres-Southend, Newcastle upon Tyne |
| Eurowings | Estacional: Hamburgo (comeza en maio de 2018)[4] |
| Eurowings operado por Germanwings | Estacional: Düsseldorf |
| Flybe | Birmingham, Cardiff, Doncaster/Sheffield, East Midlands,[5] Exeter, Guernsey, Manchester, Southampton Estacional: Aberdeen, Durham/Tees Valley, Düsseldorf, Edimburgo, Xenebra, Glasgow, Humberside, Inverness, Norwich Chárter estacional: Málaga |
| Flybe operado por Blue Islands[6] | Bristol, Guernsey, Londres-City, Southampton Chárter estacional: Zürich |
| Germania | Chárter estacional: Faro, Madeira, Porto |
| Jet2.com | Estacional: Leeds/Bradford |
| Loganair | Estacional: Norwich |
| Lufthansa Regional operado por Lufthansa CityLine | Estacional: Múnic |
| Primera Air | Chárter estacional: Billund, Copenhague |
| SkyWork Airlines | Estacional: Basilea/Mulhouse, Berna |
| Volotea | Chárter estacional: Barcelona, Palma de Mallorca, Tenerife-Sur |
| Waves | Chárter: Guernsey |
Carga
[editar | editar a fonte]| Aeroliñas | Destinos
|
|---|---|
| Atlantic Airlines | East Midlands, Guernsey |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BBC (ed.). "Airline cuts back island flights". Consultado o 24 de novembro de 2017.
- ↑ BBC (ed.). "Jersey airport runway re-named as magnetic pole shifts". Consultado o 24 de novembro de 2017.
- ↑ Austrian Airlines (ed.). "Timetable: Wien - Jersey". Consultado o 15 de febreiro de 2018.
- ↑ Eurowings (ed.). "New routes". Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2017. Consultado o 15 de febreiro de 2018.
- ↑ Jersey Airport (ed.). "Flybe Announces Winter 2017-2018 Schedule from Jersey". Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2017. Consultado o 15 de febreiro de 2018.
- ↑ ITV (ed.). "Blue Islands flights to be run through Flybe". Consultado o 15 de febreiro de 2018.
