Air Canada Rouge é unha aeroliña para destinos turísticos subsidiaria de Air Canada. A compañía está totalmente integrada na rede da súa empresa nai e de Air Canada Express, os voos véndense con números de voo de Air Canada pero aparecen como "operados por Air Canada Rouge" (de xeito semellante aos voos operados baixo a marca Air Canada Express). Rouge significa "vermello" en francés.
A aeroliña creouse en decembro do ano 2012 e comezou a operar o 1 de xullo de 2013 como parte do Air Canada Leisure Group para competir máis eficientemente con Air Transat, Sunwing e WestJet no mercado das viaxes de vacacións, operando principalmente rutas a Europa o Caribe e os Estados Unidos. No momento do seu lanzamento tiña unha frota de catro avións, 2 Airbus A319 e 2 Boeing 767, transferidos da súa compañía nai. A súa frota aumentou ata os 28 avións en 18 meses e en agosto de 2017 contaba con 24 Boeing 767, 20 Airbus A319 e 5 Airbus A321.