Saltar ao contido

Aeroporto de París-Orly

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «París-Orly»)
Aeroporto de París-Orly
Orly Editar o valor en Wikidata
Logotipo
Imaxe do interior
Imaxe
 Instancia de
 Nome orixinal
Aéroport Paris-Orly (fr) Editar o valor en Wikidata
 Epónimo
Características
 Estado de uso
 Marca
Implicados
 Propietario/a
Groupe ADP (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Operador/a
Groupe ADP (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Director/a executivo/a
Régis Lacote (pt) Traducir febreiro de 2018
Marc Houalla 15 de outubro de 2017 - febreiro de 2018 Editar o valor en Wikidata
Datas
 Inauguración
1932 Editar o valor en Wikidata
Transporte
 Ofrece servizo a
 Pistas de aterraxe
06/24
lonxitude: 3.650 m
amplitude: 45 m
material: asfalto

07/25
lonxitude: 3.320 m
amplitude: 45 m
material: asfalto

02/20
lonxitude: 2.400 m
amplitude: 60 m
material: formigón
Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Altitude291 pés Editar o valor en Wikidata
Superficie1.528 ha Editar o valor en Wikidata
Clientela32294167 (2023) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Códigos e identificadores
OpenStreetMap10867719 Editar o valor en Wikidata
VIAF141860532 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000121719493 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01l525 Editar o valor en Wikidata
IATAORY Editar o valor en Wikidata
ICAOLFPO Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O aeroporto de París-Orly (IATA: ORY, ICAO: LFPO) é un aeroporto internacional francés situado parcialmente en Orly e parcialmente en Villeneuve-le-Roi, a 13 km ao sur de París. Serve como centro de conexións secundario para voos domésticos e internacionais de Air France, e como base principal de Transavia France. Dende o aeroporto opéranse voos cara a destinos en Europa, Oriente Medio, África, o Caribe, Norteamérica e o Sueste asiático.

Antes da construción do Charles de Gaulle, Orly era o principal aeroporto de París. Incluso co cambio da meirande parte do tráfico internacional ao Charles de Gaulle, Orly segue a ser o aeroporto francés máis concorrido para tráfico doméstico e o segundo en tráfico en xeral, con 31 237 865 pasaxeiros en 2016.[1]

Aeroliñas e destinos

[editar | editar a fonte]
AeroliñasDestinos
Aigle AzurAlxer, Annaba, Bamaco, Pequín-Capital (comeza en xuño de 2018),[2] Beirut, Béjaïa, Conakry, Constantina, Faro, Funchal, Lisboa, Orán, Porto, Setif, Tlemcen
Air AlgérieAlxer, Annaba, Batna, Béjaïa, Biskra, Constantina, Orán, Tamanrasset, Tlemcen
Air CaraïbesCayenne, A Habana, Fort-de-France, Pointe-à-Pitre, Sint Maarten, Porto Príncipe, Santiago de Cuba, Santo Domingo-Las Americas
Air CorsicaAjaccio, Bastia, Figari
Air EuropaMadrid, Palma de Mallorca
Air FranceAjaccio, Bastia, Biarritz, Bordeos, Brest, Calvi, Cayenne, Figari, Fort-de-France, Marsella, Montpellier, Nova York-JFK, Niza, Pau, Perpiñán, Pointe-à-Pitre, Saint-Denis, Toulon, Tolosa
Air France
operado por HOP!
Biarritz, Brest, Clermont-Ferrand, Lorient, Lión, Montpellier, Nantes, Pau, Perpiñán, Quimper
Air MaltaMalta
AlitaliaMilán-Linate
British AirwaysLondres-City
Corsair InternationalAntananarivo, Dakar, Dzaoudzi, Fort-de-France, A Habana, Mauricio, Pointe-à-Pitre, Saint–Denis, Varadero
Estacional: Abidjan, Montreal-Trudeau
Cubana de AviaciónA Habana, Santiago de Cuba
Eastern AirwaysRodez
easyJetBerlín-Schönefeld, Faro, Xenebra, Milán-Linate, Nápoles, Niza, Pisa, Roma-Fiumicino, Tolosa, Venecia
Estacional: Atenas, Brindisi, Cagliari, Dubrovnik, Míconos, Olbia, Palermo, Rodas, Split
easyJet SwitzerlandXenebra
French BeePunta Cana, Saint–Denis,[3] San Salvador (Bahamas), Santo Domingo-Las Américas
HOP!Agen, Aurillac, Brive, Calvi, Castres, Figari, Lannion, Lourdes/Tarbes
IberiaMadrid, Tenerif-Sur
Estacional: Tenerife-Norte
IcelandairReiquiavik-Keflavík
Iran AirTeherán-Imán Khomeini
Norwegian Air ShuttleCopenhague, Oslo-Gardermoen, Estocolmo-Arlanda
Estacional: Bergen
Norwegian Air Shuttle
operado por Norwegian Air International
Helsinqui
OpenSkiesNova York-JFK, Newark
Pegasus AirlinesIstanbul-Sabiha Gökçen
Royal Air MarocAgadir, Casablanca, Essaouira, Fez, Marrakech, Ouarzazate, Oujda, Rabat, Tánxer
Estacional: Nador
TAP PortugalLisboa, Porto
TransaviaÁmsterdam
Transavia FranceÁmsterdam, Agadir, Atenas, Barcelona, Beirut, Bodrum, Budapest, Casablanca, Dakhla (comeza en outubro de 2017),[4] Xerba, Dublín, Edimburgo, Essaouira, Faro, Eivisa, Lisboa, Madrid, Málaga, Malta, Marrakech, Monastir, Múnic, Nápoles, Oujda, Porto, Praga, Sevilla, Tel Aviv-Ben Gurion, Tunes, Valencia, Venecia, Verona, Viena
Estacional: Boa Vista, Chania, Corfú, Dubrovnik, Fez, Heraclión, Funchal, Míconos, Palermo, Reiquiavik-Keflavík, Sal, Rodas, Santorini, Split, Tánxer,[5] Tesalónica, Tirana, Tivat, Volos, Zadar
Chárter: Antalya, Burgas, Comiso, Fuerteventura, Gran Canaria, Ivalo, Lanzarote, Tánxer, Tenerife-Sur, Varna
TUI fly BelgiumAgadir, Casablanca, Marrakech, Oujda, Rabat, Tánxer
TunisairXerba, Monastir, Tunes
Twin JetLe Puy, Limoges, Périgueux
VuelingAlacant, Asturias, Barcelona, Bilbao, Birmingham, Catania, Copenhague (comeza en outubro de 2017),[6] Florence, Gran Canaria, Lanzarote, Lisboa, Málaga, Milán-Malpensa, Palermo, Porto, Roma-Fiumicino, Tenerife-Sur, Valencia
Estacional: Cardiff, Eivisa, Menorca, Palma de Mallorca, Tenerife-Norte

Accidentes e incidentes

[editar | editar a fonte]
  • O 10 de febreiro de 1948 o SNCASE Languedoc P/7 F-BATH de Air France resultou seriamente danado no aeroporto.damaged beyond economical repair at Orly Airport.[37]
  • O 3 de xuño de 1962 o voo 007 de Air France, un Boeing 707 con destino Atlanta esnafrouse na engalaxe con 132 persoas a bordo, morrendo 130 delas. As únicas superviventes foron dúas azafatas sentadas na parte traseira do avión. O voo chárter levaba cara Atlanta a líderes cívicos e culturais da cidade. No seu momento foi o accidente aéreo con máis mortes no que só estivo involucrado un avión.
  • O 13 de outubro de 1972 o voo 217 de Aeroflot, un Ilyushin Il-62, partiu do aeroporto cara Leningrado. O voo esnafrouse na aproximación ao seu destino, matando aos 174 ocupantes do avión.
  • O 11 de xullo de 1973 o voo 820 de Varig, un Boeing 707 procedente de Río de Janeiro-Galeão, tivo que realizar unha aterraxe de emerxencia debido a lume no baño traseiro. O aparello aterrou a uns 5 quilómetros do aeroporto e debido principalmente á inhalación de fume morreron 123 persoas, sobrevivindo só 11 dos seus ocupantes.[7]
  • O 3 de marzo de 1974 o voo 981 de Turkish Airlines esnafrouse no bosque de Ermenonville despois de engalar de Orly na súa ruta cara Londres-Heathrow cando unha porta de carga mal pechada rebentou. A descompresión explosiva resultante fixo que o McDonnell Douglas DC-10 caíse matando aos seus 346 ocupantes e converténdose nun dos peores accidentes de aviación da historia.
  • O 13 de xaneiro de 1975 varios homes, entre os que estaba Ilich Ramírez Sánchez (Carlos O Chacal), realizou un ataque errado con RPGs contra un Boeing 707 de El Al que estaba engalando cara Nova York con 136 pasaxeiros. Non conseguiron acertar ao avión pero danaron un McDonnell Douglas DC-9 de JAT do que estaban desembarcando pasaxeiros procedentes de Zagreb. O grupo intentouno outra vez o 19 de xaneiro, tamén sen éxito.
  • O 20 de maio de 1978 tres terroristas abriron fogo contra pasaxeiros dun voo de El Al na área de saídas. Os tres terroristas e un policía morreron, e tres turistas franceses resultaron feridos.[8]
  • O 15 de xullo de 1983 a organización clandestina armenia ASALA puxo unha bomba no mostrador dunha aeroliña turca no aeroporto matando a 8 persoas e ferindo a máis de 50. O membro do grupo Varoujan Garabedian foi sentenciado a cadea perpetua polo ataque.
  • O 18 de marzo de 2017 soldados que patrullaban o aeroporto mataron a un home durante a Opération Sentinelle, despois de que este intentarse roubarlle a arma a unha soldado.[9]
  1. Paris: Union des aéroports (ed.). "Aéroport de Paris – Orly". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2017. Consultado o 5 de setembro de 2017.
  2. Aigle Azur (ed.). "Aigle Azur: The Reinvention" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de marzo de 2018. Consultado o 29 de maio de 2018.
  3. Routes Online (ed.). "French Blue opens Reunion service from June 2017". Consultado o 22 de setembro de 2017.
  4. Routes Online (ed.). "Transavia France plans Dakhla Oct 2017 launch". Consultado o 22 de setembro de 2017.
  5. Routes Online (ed.). "Transavia France adds new Paris routes in S17". Consultado o 22 de setembro de 2017.
  6. Routes Online (ed.). "Vueling Paris – Copenhagen service changes in W17". Consultado o 22 de setembro de 2017.
  7. Aviation Safety Network (ed.). "Accident description PP-VJZ". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2013. Consultado o 28 de maio de 2018.
  8. The New York Times (ed.). "3 terrorists killed in attack in Paris on El Al passengers". Consultado o 28 de maio de 2018.
  9. BBC (ed.). "Orly airport: Man killed after seizing soldier's gun". Consultado o 28 de maio de 2018.