American Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
American Airlines
American Airlines.Boeing 737-800.YYZ.2010.jpg
IATA
AA
OACI
AAL
Indicativo
AMERICAN
Fundación 1930 (como American Airways)
Inicio das operacións 1934
Plan de voo frecuente AAdvantage
Alianza Oneworld Oneworld logo.svg
Frota 605
Destinos 260
Páxina web: https://www.aa.com

American Airlines, Inc. (AA) é a terceira aeroliña máis grande do mundo en millas por pasaxeiro e en ingresos do mundo. American Airlines é unha subsidiaria de AMR Corporation e ten a súa sede en Fort Worth, Texas, ao lado do seu principal centro de actividade, o Aeroporto Internacional de Dallas/Fort Worth. A aeroliña ten unha extensa rede internacional e doméstica, con voos regulares a Norteamérica, o Caribe, Sudamérica, Europa e Asia e o Pacífico.

American Airlines ten cinco centros de operacións: Dallas/Fort Worth (DFW), Chicago (ORD), Miami (MIA), Nova York (JFK) e Os Ánxeles (LAX). Dallas/Fort Worth e o seu centro máis grande, operando AA e American Eagle, a aeroliña rexional de AMR, o 85% do seu tráfico no aeroporto e viaxando a máis destinos que dende calquera dos seus outros centros. Na actualidade American ten bases de mantemento en Tulsa (TUL) e Fort Worth Alliance (AFW), e ten dous afilaidos, American Eagle e AmericanConnection.