TAROM

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
TAROM Romanian Air Transport
TAROM Transporturile Aeriene Române
TAROM logo new.svg
IATA
RO
OACI
ROT
Indicativo
TAROM
Fundación1920 (como CFRNA)
Plan de voo frecuenteFlying Blue
AlianzaSkyTeam Skyteam Logo Alliance.png
Frota29
Destinos52
DirixentesUrsu Mihăiță (CEO) [1]
Páxina web: http://www.tarom.ro/

Compania Națională de Transporturi Aeriene Române TAROM S.A., comercializada como TAROM, é a aeroliña nacional de Romanía, ademais de ser a máis vella aínda activa do país. Ten a súa sede en Otopeni, no aeroporto Internacional de Bucarest-Henri Coanda, que tamén é o seu principal centro de conexións. É a aeroliña máis grande de Romanía en termos de tamaño de frota e voos e destinos internacionais, e a segunda por pasaxeiros transportados, despois de Wizz Air.

O seu nome é o acrónimo de Transporturile Aeriene Române (Transporte Aéreo Romanés). O 97,22% da compañía pertence ao goberno de Romanía (Ministerio de Transporte). A aeroliña uníuse á alianza SkyTeam o 25 de xuño de 2010.

Frota[editar | editar a fonte]

Actual[editar | editar a fonte]

En decembro de 2020 a frota de TAROM estaba formada polos seguintes avións:[2][3]

Frota de TAROM
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
C Y Total
Airbus A318-100 4 14 99 113
ATR 42-500 7 48 48
ATR 72-500 2 68 68
ATR 72-600 4 5 72 72 Substitúen aos ATR 42-500 e ATR 72-500.[4]
Boeing 737-300 4 8 126 134
Boeing 737-700 4 14 102 116
Boeing 737-800 4 16 144 160
189 189
Boeing 737 MAX 8 5[5] TBA Entregas dende 2023.[5]
Total 29 10

Histórica[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa historia TAROM tamén operou os seguintes modelos:


Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Directorul general al Tarom, George Barbu, și-a dat demisia". ECONOMICA.net (en romanesa). 09 de xuño 2020. Consultado o 16 de agosto 2020. 
  2. "The fleet". www.tarom.ro. Consultado o 2020-12-22. 
  3. "TAROM Fleet Details and History". www.planespotters.net. Consultado o 2020-12-22. 
  4. "Romania's Tarom orders nine ATR72s". ch-aviation. 24 de xuño de 2019. 
  5. 5,0 5,1 Johnson, Eric M. (2018-07-16). Neely, Jason, ed. "Romanian airline Tarom, Boeing announce 737 purchase, leasing deal". Reuters. Arquivado dende o orixinal o 2018-07-16. Consultado o 22 de decembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]