Saltar ao contido

Pakistan International Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Pakistan International Airlines
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Nome oficial
Pakistan International Airlines (en)
پاکِستان اِنٹَرنیشَنَل ایئر لائنز (ur) Editar o valor en Wikidata
Características
 Forma xurídica
Implicados
 Propietario/a
 Matriz
 Ten en propiedade
Datas
 Fundación / creación
1955 Editar o valor en Wikidata
Historia
20 de maio de 1965Pakistan International Airlines Flight 705 (en) Traducir
2 de febreiro de 1966PIA Flight 17 (en) Traducir
8 de decembro de 1972PIA Flight 631 (en) Traducir
26 de novembro de 1979PIA Flight 740 (en) Traducir
25 de agosto de 1989Pakistan International Airlines Flight 404 (en) Traducir
28 de setembro de 1992Voo 268 de Pakistan International Airlines
25 de maio de 1998Pakistan International Airlines Flight 544 (en) Traducir
10 de xullo de 2006PIA Flight 688 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 Lugar de formación
 País
Códigos e identificadores
VIAF145491462 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01bkn5 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: PakistanIntAirlines Instagram: pakistanintairlines Youtube: UC05zuiwmwb0Eu2Q21iweb7Q Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Pakistan International Airlines (urdú: پاکستان انٹرنیشنل ایئر لائنز‬‎), comunmente referida coa abreviación PIA (urdú: پی‌آئی‌اے‬‎), é a aeroliña nacional de Paquistán. O seu principal centro de conexións está en Karachi e ten centros de conexións secundarios en Lahore e Islamabad.

A aeroliña fundouse o 23 de outubro de 1946 como Orient Airways, inicialmente estivo baseada en Calcuta, na India Británica, antes de pasar as súas operacións a Paquistán, que acababa de independizarse, en 1947. No ano 1955 foi nacionalizada e renomeada Pakistan International Airlines. Ese mesmo ano iniciou os seus servizos internacionais cara Londres e Roma. PIA foi a primeira aeroliña asiática en operar o Lockheed Super Constellation, e foi a primeira compañía non comunista en voar a China. PIA foi a segunda aeroliña asiática en introducir o Boeing 707. No ano 2004 converteuse no cliente de lanzamento do Boeing 777-200LR.[1]

PIA é a aeroliña máis grande do país e opera unha frota de máis de 30 avións.[2] A compañía opera voos regulares a 22 destinos domésticos e 28 internacionais en Asia, Europa, Oriente Medio e Norteamérica.

Boeing 777-300ER
ATR 42 e Airbus A310-300

En decembro de 2017 a frota de Pakistan International Airlines está formada polos seguintes avións:[2][3]

Frota de Pakistan International Airlines
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
C Y+ Y Total
Airbus A320-200 11 3[4] 8 150 158 3 pintados coa librea dos 60
180 180
ATR 42-500 5 10 38 48
ATR 72-500 5 12 58 70
Boeing 777-200ER 3 35 54 240 329 1 pinta coa librea dos anos 60
2 25 54 240 319
1 35 45 240 320
Boeing 777-200LR 2 35 60 215 310 Cliente de lanzamento
Boeing 777-300ER 3 5[5] 35 54 304 393
1 18 40 384 442
Total 33 8
  1. historyofpia.com (ed.). "History of PIA". Consultado o 27 de abril de 2018.
  2. 1 2 Planespotters (ed.). "PIA Pakistan International Airlines Fleet Details and History". Consultado o 27 de abril de 2018.
  3. PIA (ed.). "Aircraft Seating Configuration". Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2018. Consultado o 27 de abril de 2018.
  4. ch-aviation (ed.). "Pakistan's PIA accepts six bids in narrowbody dry-lease RFP". Consultado o 27 de abril de 2018.
  5. Boeing (ed.). "Orders & Deliveries". Consultado o 27 de abril de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]