Saltar ao contido

Aeroporto de Aalborg

Aeroporto de Aalborg
Aalborg (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Nome curto
Aalborg Editar o valor en Wikidata
 Epónimo
 Estado de uso
Características
 Forma xurídica
Datas
 Inauguración
29 de maio de 1938 Editar o valor en Wikidata
Transporte
 Ofrece servizo a
 Estación de intercambio
 Pistas de aterraxe
08L/26R
lonxitude: 2.654 m
amplitude: 45 m
material: asfalto

08R/26L
lonxitude: 2.549 m
amplitude: 23 m
material: asfalto
Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Altitude
 3 m Editar o valor en Wikidata
 Clientela
 1423024 (2023) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Enderezo
Ny Lufthavnsvej 100, 9400 Nørresundby Editar o valor en Wikidata
 Coordenadas
Códigos e identificadores
Código postal9400 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/08l0bz Editar o valor en Wikidata
IATAAAL Editar o valor en Wikidata
ICAOEKYT Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Correo
Wikidata C:Commons

O aeroporto de Aalborg (IATA: AAL, OACI: EKYT) é un aeroporto civil e militar dinamarqués situado en Nørresundby, no municipio de Aalborg. Atópase a 6,5 quilómetros ao noroeste de Aalborg.

A historia da aviación comercial en Aalborg comeza o 4 de setembro de 1936 cando se inaugura a primeira ruta doméstica do país, entre Aalborg e Copenhague. Os avións Fokker F VII aterraban no aeródromo dunha fábrica de cemento en Rørdal. Grazas ao éxito da ruta as autoridades da cidade decidiron construír un aeroporto e este inaugurouse o 29 de maio de 1938. En xuño dese ano comezou a operar unha ruta cara Hamburgo e no ano seguinte outra cara Kristiansand.[1]

Durante a segunda guerra mundial foi ocupado polos alemáns e usado pola Luftwaffe. Os escuadróns 3º e 5º do Bordfliegergruppe 196 (grupo aéreo embarcado) usaron Aalborg como base para voos de recoñecemento, para transportar destacamentos que servían na mariña alemá e como escala para os voos entre Alemaña e Noruega.[1][2]

Os alemáns destruíran os edificios do vello aeroporto civil, e rematada a Royal Air Force británica fixo o mesmo coas instalacións alemás. Así que aeroporto comezou a operar novamente a ruta cara Copenhague en xuño de 1945 usando como terminal de pasaxeiros a antiga estación de bombeiros alemá. En 1946 o goberno danés tomaría o control da meirande parte dos aeroportos do país, incluído o de Aalborg.[1]

Nos anos seguintes abriríanse rutas cara Aarhus, Gotemburgo, Kristiansand, Stavanger, Oslo, Ámsterdam e Londres, aínda que a meirande parte dos servizos internacionais só operarían por curtos períodos de tempo.

En 1997 o aeroporto foi transferido aos 13 municipios da rexión do norte de Xutlandia. A terminal actual inaugurouse o 29 de maio de 2001. O aeroporto ampliouse durante os anos 2007 e 2013, incrementando o tamaño da terminal e o número de portas de embarque.[1]

Aeroliñas e destinos

[editar | editar a fonte]
AeroliñasDestinos
Atlantic AirwaysEstacional: Vágar
British Airways
operado por SUN-AIR
Humberside, Oslo-Gardermoen
Danish Air TransportEstacional: Bornholm
KLM
operado por KLM Cityhopper
Ámsterdam
Norwegian Air ShuttleCopenhague, Londres-Gatwick, Málaga
Estacional: Gran Canaria, Palma de Mallorca
Primera AirMálaga, Palma de Mallorca
Estacional: Antalya, Chania, Fuerteventura, Gran Canaria, Rodas, Roma-Fiumicino, Tenerife-Sur
RyanairLondres-Stansted
Scandinavian AirlinesCopenhague, Oslo-Gardermoen
Chárter estacional: Chania, Corfú, Gazipaşa, Gran Canaria, Malta, Rodas, Tenerife-Sur, Varna
VuelingEstacional Barcelona

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 3 4 Aalborg Lufthavn (ed.). "Aalborg Airport history". Consultado o 2 de decembro de 2017.
  2. Felgrau.com (ed.). "Bordfliegergruppe 196". Consultado o 2 de decembro de 2017.