Conca fluvial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Bacía")

Unha conca ou cunca fluvial ou conca ou cunca hidrográfica[1] é unha porción de territorio drenada por un único sistema de carácter natural. Tamén se denomina bacía.

Índice

Formación e características [editar]

Unha conca hidrográfica defínese polo río que fai e vén delimitada pola liña dos cumes que arrodean o espazo. Conforme se avanza polo curso do río cara abaixo, a superficie da conca vai aumentando. En xeral acéptase que o divisor das augas subterráneas coincida co divisor das augas superficiais, se ben este feito non se verifica en todos os casos. A conca hidrográfica é a unidade xeralmente adoptada para estudos hidrolóxicos e, máis recentemente, a partir dos anos 70, para a planificación racional do uso dos recursos naturais.

As principais características dunha conca hidrográfica son:

  • A curva cota (superficie): esta característica dá unha indicación do potencial hidroeléctrico da conca.
  • O coeficiente de forma: dá indicacións preliminares da onda de avenida que é capaz de xerar.
  • O coeficiente de ramificación: tamén da indicacións preliminares respecto o tipo de onda de avenida.

Tipos de concas [editar]

Existen tres tipos de concas:

  • Exorreicas: drenan as súas augas ao mar ou ao océano. Un exemplo é a conca de La Plata, en Sudamérica.
  • Endorreicas: desembocan en lagos, lagoas ou salares que non teñen comunicación ao mar. Por exemplo, a conca do río Desaguadero, en Bolivia.
  • Arreicas: as augas evapóranse ou fíltranse no terreo antes de encamiñarse nunha rede de drenaxe. Os arroios, regos e cañadóns da meseta central patagónica pertecen a este tipo, xa que non desaugan en ningún río ou outro corpo hidrográfico de importancia.

Partes dunha conca [editar]

Cunca alta

Corresponde á zona onde nace o río, o cal se despraza por unha gran pendente.

Ver Conca de recepción.

Cunca media

É a parte da conca na cal hai un equilibrio entre o material sólido que chega traído pola corrente e o material que sae. Visibelmente non hai erosión.

Cunca baixa

É a parte da conca na cal o material extraido da parte alta se deposita no que se chama cono de dexección.

Notas [editar]

  1. A RAG acepta tanto o termo cunca coma o termo conca.

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]