Río Azúmara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Azúmara
PaísGalicia Galicia
NacementoMontecubeiro
Lonxitude25 km
ConcaRío Miño
Caudal medio0,4 m³/s
DesembocaduraRío Miño

O Azúmara é un pequeno río galego, da provincia de Lugo, afluente do Miño pola súa marxe esquerda.

Fontes[editar | editar a fonte]

O Azúmara nace na freguesía de Montecubeiro, a preto de 1000 m de altura, nos contrafortes dos montes Pradairo (1029 m) e Pena Grande (935 m), na serra do Mirador, no concello lucense de Castroverde.

Percorrido[editar | editar a fonte]

Dende o seu nacemento no concello de Castroverde intérnase logo no de Pol para, finalmente, atravesar o de Castro de Rei. Logo de 25 km de percorrido, verte as súas augas no Miño, na parroquia de Coea. O seu caudal medio absoluto é de 0,4 m³/s. A súa conca abrangue uns 200 km².

Afluentes[editar | editar a fonte]

Destacan pola dereita o río de Pol e o Torneiros.

Réxime hídrico[editar | editar a fonte]

O Azúmara é un río de réxime pluvial, de tipo oceánico, consonte unha precipitación media na súa conca de 1.122 mm anuais.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]