Urbain Le Verrier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Le Verrier

Urbain Jean Joseph Le Verrier, nado en Saint-Lô o 11 de marzo de 1811 e finado en París o 23 de setembro de 1877, foi un matemático francés que se especializou en mecánica celeste. O seu logro máis importante foi a súa colaboración no descubrimento de Neptuno usando só matemáticas, é dicir, con lapis e papel e as observacións astronómicas.