John Herschel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John Herschel
Sir John Herschel, by Julia Margaret Cameron.jpg
Datos persoais
Nacemento 7 de marzo de 1792
Lugar Slough, Berkshire Inglaterra
Falecemento 11 de maio de 1871
Lugar Collingwood, preto de Hawkhurst, Kent Inglaterra
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia
Nacionalidade
Etnia
Cóncuxe
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo
Alma mater
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por
Influído por
Influíu en
Premios

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

John Frederick William Herschel, nado o 7 de marzo de 1792 e finado o 11 de maio de 1871, foi un matemático, astrónomo, químico e fotógrafo experimental inglés, fillo do astrónomo William Herschel.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

John Herschel popularizou o uso da data xuliana en astronomía e contribuíu na mellora dos procesos fotográficos (Cyanotypo). Acuñou os termos "fotografía", "negativo", "positivo", e descubriu o uso do tiosulfato de sodio como fixador das sales de prata. Tamén informou a Louis Daguerre de que o seu propio descubrimento do hiposulfato de sosa fixaría as súas fotografías facéndoas permanentes.

Comezos e traballos en astronomía[editar | editar a fonte]

Herschel naceu en Slough, Buckinghamshire, e estudou en Eton College e St John's College, Cambridge. Graduouse coa máxima puntuación en 1823. Durante a súa etapa de estudante fíxose amigo de Charles Babbage y George Peacock; precisamente foi a corrección de erres sistemáticos en táboas astronómicas, tarefa na que traballaron ambos, as que animaron a Babbage a construír unha máquina automática de cómputo que eliminase o traballo humano a suxestión súa.

Empezou coa astronomía en 1816, cando construíu un telescopio reflector cun espello de 45,72 cm de diámetro e 6,096 metros de longo. Entre 1821 e 1823 reexaminou, xunto con James South, as estrelas binarias catalogadas polo seu pai. Por este traballo logrou en 1826 a Medalla de ouro da Real Sociedade Astronómica (volvería a gañala en 1836); e a medalla Landale do Instituto de Francia en 1825; a Royal Society outorgoulle ademais a Medalla Copley polas súas contribucións matemáticas. Foi nomeado Sir en 1831.

Visita a Suráfrica[editar | editar a fonte]

En 1833 Herschel viaxou coa súa muller a Suráfrica para catalogar as estrelas, nebulosas e outros corpos celestes visibles dende o hemisferio sur. Pretendía completar a clasificación dos ceos do norte iniciada polo seu pai e continuada por el mesmo. Chegou a Cidade do Cabo o 15 de xaneiro de 1834. Entre as súas observacións atopábase a volta do Cometa Halley.

Disa cornuta por Margaret e John Herschel

Porén, ademais do seu traballo astronómico, esta viaxe a una remota zona do Imperio Británico tamén lle proporcionou un escape das presións ás que se atopaba sometido en Londres, onde era un dos máis buscados científicos de Inglaterra. Durante a súa estancia en Sudáfrica, embarcaríase nunha ampla variedade de buscas científicas liberado do sentimento de obriga cara unha comunidade. De feito foi, como máis tarde afirmaría, a época máis feliz da súa vida.

Herschel combinou o seu talento co da súa muller Margaret, e entre 1834 e 1838 produciron 131 ilustracións botánicas de gran calidade, amosando a flora da zona. John Herschel usou unha cámara lúcida para obter contornas precisas dos espécimes e deixou os detalles para a súa esposa. A pesar de que a súa intención era unicamente a de ter un rexistro persoal, e a pesar da falta de diseccións da flora nos seus debuxos, a súa gran precisión fainos máis valiosos que outras coleccións contemporáneas.

Como fogar durante a súa estancia en Cidade do Cabo elixiran unha antiga propiedade rústica na cara sueste da montaña Table, chamada "Feldhausen". Alí instalou o seu reflector para observar os ceos do sur. Intrigado polas ideas de formación gradual de paisaxes aparecidas no libro de Charles Lyell Principles of Geology, escribiu a Lyell o 20 de febreiro de 1836 eloxiando o libro como unha obra que traería "unha completa revolución á súa materia, alterando enteiramente o punto de vista dende o que ata entón se contemplara" e abrindo o camiño para unha audaz especulación sobre "o misterio dos misterios, a substitución de especies extintas por outras".