Martin Evans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Martin John Evans
Martin Evans Nobel Prize.jpg
Datos persoais
Nacemento 1 de xaneiro de 1941
Lugar Stroud, Gloucestershire, Inglaterra
Falecemento {{{morte}}}
Lugar {{{lugar_morte}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Etnia {{{etnia}}}
Cóncuxe {{{cónxuxe}}}
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo
Alma mater
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por
Influído por
Influíu en
Premios Premio Nobel de Medicina o 2007

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Sir[1] Martin John Evans, nado en Stroud, Inglaterra, o 1 de xaneiro de 1941[2], é un xenetista e bioquímico británico, galardoado co Premio Nobel de Medicina o 2007.

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu o 1 de xaneiro de 1941 na localidade de Stroud, poboación situada no condado de Gloucestershire. Estudou Bioquímica na Universidade de Cambridge na que se licenciou en 1963, e en 1969 obtivo o doutoramento na Universidade de Londres. Interesado na docencia, foi profesor de anatomía e embrioloxía na Universidade de Londres entre 1978 e 1980, de xenética na de Cambridge até 1999, e desde entón na Universidade de Cardiff.

Membro da Royal Society de Londres desde o 11 de marzo de 1993, en 2004 foi nomeado Caballeiro da Orde do Imperio Británico co título de Sir.

Carreira científica[editar | editar a fonte]

Especializado en xenética, en 1981 descubriu o estado embrionario das células nai, e igualmente realizou diversas técnicas de modificación xenética en animais, especialmente en ratos.

En 2007 foi galardoado co Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina, xunto con Mario Capecchi e Oliver Smithies, «polos seus traballos sobre células nai e manipulación xenética en modelos animais»[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "London Gazette". 31 de decembro de 2003. http://www.london-gazette.co.uk/issues/57155/supplements/1. Consultado o 16 de xullo de 2010.
  2. Sir Martin J. Evans Nobelprize.org
  3. The Award Nobel Prize for Medicine 2007

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]