Hans Adolf Krebs

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hans Adolf Krebs
Hans Adolf Krebs.jpg
Profesión: médico e bioquímico
País: Alemaña Alemaña
Nado en: 25 de agosto de 1900
Lugar de nacemento: Hildesheim, Baixa Saxonia
Faleceu en: 22 de novembro de 1981
Lugar: Oxford, Inglaterra

Hans Adolf Krebs, nado en Hildesheim, Baixa Saxonia, o 25 de agosto de 1900 e finado en Oxford o 22 de novembro de 1981, foi un médico e bioquímico alemán. É máis coñecido por ter identificado dous importantes ciclos metabólicos: o ciclo da urea e o ciclo do ácido cítrico. Este último é unha secuencia de reaccións químicas metabólicas que producen enerxía nas células e que pasou a ser coñecida como Ciclo de Krebs, polo que lle concedeu o Premio Nobel de Medicina de 1953.