James Dwight Dana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
James Dwight Dana.

James Dwight Dana, nado o 12 de febreiro de 1813 en Utica (New York) e finado o 14 de abril de 1895 en New Haven (Connecticut), foi un xeólogo, mineraloxista, zoólogo e botánico estadounidense, que fixo moi importantes achegas sobre a formación das montañas, a actividad volcánica e a estrutura dos continentes e dos océanos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Utica (estado de Nova York) e desde moi novo mostrou un grande interese polas ciencias. Entrou en 1830 no Yale College para estudar con Benjamin Silliman. Logo da súa diplomatura en 1833, e durante 2 anos, foi profesor de matemáticas para os aspirantes á Mariña. Naquela época parte para o mar (ao Mediterráneo), durante o seu servizo militar.

En 1836 e 1837 foi axudante de Silliman no Laboratorio de Química de Yale, para traballar despois como mineraloxista e xeólogo durante 4 anos nunha misión de exploración commandada polos EE.UU. no océano Pacífico e dirixida por Charles Wilkes. Ao seu retorno en 1842 a redacción dos seus informes desta expedición ocúpanlle parcialmente o seu tempo durante 13 anos.

En 1844 establécese en New Haven (Connecticut) e casa coa filla do profesor Silliman. En 1850, co retiro deste, fíxose cargo como profesor de historia natural e xeoloxía no Yale College, posición que ocupa até 1892.

Desde 1846 reinicia o American Journal of Science and Arts do que é autor regular, principalmente no dominio da xeología e a mineraloxía. Foi editor xefe da revista nos seus últimos anos.

Na súa honra, en 1866, déuselle o seu nome ao mineral danalita.

Algunhas obras[editar | editar a fonte]

  • 1837 – System of Mineralogy: , comprising the most recent discoveries. 853 pp. Edición 1854 en liña, reimpreso por BiblioBazaar en 2011. ISBN 1175639710.
  • 1848 – Manuel de minéralogie, retitulado Manual of Mineralogy and Lithology. E en 1855: Manual of Mineralogy. Editor Durrie & Peck, 432 pp. en liñaa
  • 1853 – On coral reefs and islands. Editor G. P. Putnam & Co. 143 pp. en liña
  • 1854 – Mineralogical Contributions: Contributions to chemical mineralogy. Vol. 2. 221 pp. Vista parcial pp. 209 a 241
  • 1862 – Manual of Geology. En 1880, 3ª ed. de Am. Book Co.en liña
  • 1864 – A text-book of geology. Ediciónre reimpresa por T. Bliss. en liña
  • 1872 – Corals and Coral Islands. 2ª ed. 1890. Reimpreso por BiblioBazaar en 2011. ISBN 1175743046.

Unha lista bibliográfica mostra que publicou 214 libros e artigos, debutando en 1835 cun artigo sobre as condicións do Vesuvio. Os seus informes sobre os zoófitos, a xeoloxía do Pacífico e dos crustáceos resumen os seus traballos na expedición de Wilkes.

En 1887 revisita as illas hawaianas e publicou as súas investigacions en 1890 Characteristics of Volcanoes, 399 pp. (Reeditada por Books LLC, 200 pp. 2009. ISBN 0217457126).

Honores[editar | editar a fonte]

Foi nomeado membro estranxeiro da Royal Society en 1884.

Foi premiado coa medalla Copley en 1877.

A [[Geological Society of London galardoouno coa medalla Wollaston en 1874.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: James Dwight Dana
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: James Dwight Dana

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Louis Valentine Pirsson, Biografical Memoir of James Dwight Dana, in National Academy Biographical Memoirs, Vol. IX, The National Academy of Sciences, Washington, 1919, pp. 41-92.
  • Artikel James Dwight Dana in der Encyclopaedia Britannica von 1911. Gemeinfrei.
  • David R. Oldroyd. 1996. Thinking about the Earth. Harvard Press, ISBN 0-674-88382-9; dt.: Die Biographie der Erde. Zur Wissenschaftsgeschichte der Geologie, Frankfurt a.M., 1998
  • Johannes Uray. Chemische Theorie und mineralogische Klassifikationssysteme von der chemischen Revolution bis zur Mitte des 19. Jahrhunderts. In: Berhard Hubmann, Elmar Schübl, Johannes Seidl (eds.) Die Anfänge geologischer Forschung in Österreich. Contribuciones a la reunión „10 Jahre Arbeitsgruppe Geschichte der Erdwissenschaften Österreichs“ del 24 al 26 de abril de 2009 en Graz. Graz 2010, pp. 107-125