James Bradley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJames Bradley

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementomarzo de 1693 Editar o valor em Wikidata
Sherborne (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte13 de xullo de 1762 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Chalford (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Astrónomo Real
1742 – 1762
← Edmund HalleyNathaniel Bliss (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Gran Bretaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa Anglicana Editar o valor em Wikidata
EducaciónBalliol College, Oxford (pt) Traducir
Universidade de Oxford Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoAstronomía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónastrónomo , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Oxford Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresJames Pound Editar o valor em Wikidata
AlumnosNevil Maskelyne (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Bradley-15281 Find a Grave: 87238107 Editar o valor em Wikidata

James Bradley, nado en marzo de 1693 e finado o 13 de xullo de 1762, foi un astrónomo inglés, nomeado Astrónomo Real da coroa inglesa en 1742. É famoso polo seu descubrimento da aberración da luz.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bradley naceu en Sherborne, preto de Cheltenham en Gloucestershire en marzo de 1693. Ingresou no Balliol College (Oxford) o 15 de marzo de 1711 e gradououse en B.A. (Bachelor of Arts) e M.A. (Master of Arts) en 1714 e 1717 respectivamente. Efectuou as súas primeiras observacións na casa parroquial de Wanstead en Essex, baixo a tutela do seu tío, o reverendo James Pound, e foi elixido socio da Royal Society o 6 de novembro de 1718.

Ordenouse vicario de Bridstow ó ano seguinte e o seu amigo, o astrónomo irlandés Samuel Molyneux, procuroulle unha pequena sinecura en Gales. Colgou os hábitos en 1721, cando foi elixido para ocupar a cadeira Savilian de astronomía na Universidade de Oxford, ao mesmo tempo que como profesor adxunto de filosofía experimental (1729 - 1760) pronunciou 79 cursos de clases no museo Ashmolean.

O seu memorable descubrimento da aberración da luz foi anunciado á Royal Society en xaneiro de 1729 (Phil. Trans. xxxv. 637). As observacións sobre as que se baseou foron realizadas na casa de Molyneux en Kew Green; segundo os seus datos, a velocidade da luz aproximábase aos 283.000 quilómetros por segundo.

En 1727 notou que as declinacións de certas estrelas parecían oscilar erráticamente, como se o eixo da Terra cabecease periodicamente: non anunciou a detección adicional da nutación ata o 14 de febreiro de 1748 (Phil. Trans. xlv. I), cando comprobou a súa veracidade grazas a minuciosas observacións realizadas nunha revolución completa (18,6 anos) dos nodos da Lúa, xa que é esta a que, actuando sobre o abultamiento ecuatorial do noso planeta, faino cabecear periodicamente.

En 1742 foi designado para suceder a Edmund Halley como Astrónomo Real. A súa elevada reputación permitíulle solicitar con éxito unha serie de instrumentos que custaron 1.000£ e cun cuadrante de 8 pés construído para el en 1750 por John Bird, acumulou en Greenwich durante dez anos medicións de inestimable valor para a reforma da astronomía. En 1752 a coroa concedeulle unha pensión 250£ anuais.

Retirouse por problemas de saúde nove anos máis tarde ao pobo de Chalford, en Cotswold (Gloucestershire), onde morreu en Skiveralls House o 13 de xullo de 1762. A publicación da súas observacións viuse atrasada pola disputa da súa propiedade, pero foron finalmente editadas por Clarendon Press, Oxford, en dous volumes (1798, 1805). A perspicacia e dilixencia de Friedrich Wilhelm Bessel foron porén necesarias para a comprensión da súa fundamental importancia.

As sumamente precisas medicións estelares demostraron que se as paralaxes estelares existían, estas debían ser sempre máis pequenas que 1": máis tarde confirmaríase coa medición da paralaxe de Sirio, 61 Cygni e Alpha Centauri, todas elas por debaixo dos 0.88".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]