David Brewster

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
David Brewster

David Brewster, nado en 1781 e finado en 1868, foi un científico escocés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Jedburgh, fillo dun mestre de escola. Aos 12 anos entrou na Universidade de Edimburgo para estudar teoloxía, aínda que xa nesa época amosaba grande inclinación polas ciencias naturais. A partir de 1799 comeza a estudar a difracción da luz, os resultados das súas investigacións vainas publicando en Philosophical Transactions e noutras publicacións científicas.

Estableceu as leis da polarización por reflexión e refracción, estableceu as leis da reflexión metálica e realizou numerosos experimentos sobre a absorción da luz. En 1816 inventou o caleidoscopio. Brewster contribuíu á Edinburgh Encyclopaedia e á 7ª e 8ª edicións da Encyclopædia Britannica.