Michel Eugène Chevreul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Michel Eugène Chevreul

Michel Eugéne Chevreul, nado en Angers o 31 de agosto de 1786 e finado en París o 9 de abril de 1889, foi un químico francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi profesor de Química Orgánica e director de tintotería na manufactura dos Gobelinos. Máis tarde (1864) director do Museo de Historia Natural de París. Investigou sobre os corpos graxos de orixe animal e elaborou unha teoría a saponificación. As súas investigacións sobre a composición das graxas aplicounas na fabricación de buxías e xabróns. Foi tamén o descubridor dos ácidos esteárico e oléico. Entre as súas obras deben destacarse "Leçons de Chimie appliquée à la teinture" e "Des couleurs et de leurs applications aux arts industriels".

Pero sobre todo é máis coñecido polas súas teorías sobre as cores nas que se inspiraron os pintores impresionistas. Gañou a Medalla Copley en 1857.

Morreu en París en 1889 con 102 anos de idade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Michel Eugène Chevreul