Dúas Igrexas, Forcarei
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Dúas Igrexas | |
|---|---|
| Igrexa parroquial. | |
| Concello | Forcarei |
| Área | - km² |
| Poboación | 382 hab. (2009) |
| Entidades de poboación | 6 |
Santa María de Dúas Igrexas é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei. Segundo o IGE en 2009 tiña 382 habitantes (214 mulleres e 168 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 461 habitantes.
Índice |
Patrimonio [editar]
A igrexa de Santa María de Dúas Igrexas é de orixe románica. A ábsida construíuse en 1742 e cubriuse con bóveda de crucería. O corpo da igrexa, a torre e a portada realizáronse en 1822. No interior conserva unha pía bautismal románica da antiga igrexa de San Vicente.
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de Dúas Igrexas [editar]
| Lugares da parroquia de Dúas Igrexas no concello de Forcarei (Pontevedra) | |
|---|---|
|
Córneas | Espindo | Loureiro | Quintelas | As Rabadeiras | Valiñas |