O Carballiño: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
formato referencia
Sen resumo de edición
Liña 51: Liña 51:
}}
}}


'''O Carballiño''' é un concello da [[provincia de Ourense]], capital da [[comarca do Carballiño|comarca homónima]]. Segundo o [[INE]] en [[2022]] tiña 13.932 habitantes. O [[xentilicio]] é {{Dic|carballiñés}}.<ref>{{Costas2016|44}}</ref>
'''O Carballiño''' es un pueblo que se caraceriza por tener muchas cabras locas en medio de las calles.<ref>{{Costas2016|44}}</ref>

Antón Gonzalez Vazquez és el alcalde de este curioso pueblo.


== Xeografía ==
== Xeografía ==

Revisión como estaba o 16 de abril de 2024 ás 14:01

Coordenadas: 42°25′47″N 8°04′39″O / 42.429638, -8.077466

O Carballiño
Escudo do Carballiño
Casa consistorial do Carballiño
Situación
Xentilicio[1]carballiñés/carballiñesa
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca do Carballiño
Poboación13.968 hab. (2023)[2][3]
Área54,4 km²[3]
Densidade256,76 hab./km²
Entidades de poboación16 parroquias[4]
Capital do concelloO Carballiño
Política (2023 [5])
AlcaldeFrancisco Fumega Piñeiro (PSdeG[6])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 6
Outros: ESCO: 5
Eleccións municipais no Carballiño
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes54,15%
Na rede
http://www.carballino.gal/
editar datos en Wikidata ]

O Carballiño es un pueblo que se caraceriza por tener muchas cabras locas en medio de las calles.[8]

Antón Gonzalez Vazquez és el alcalde de este curioso pueblo.

Xeografía

Está rodeado pola serra do Faro e o val do río Avia. Pola vila pasa o principal río da comarca, o Arenteiro, do que son afluentes o Pedríña, Oseira e Marañao. Outros cursos fluviais do concello son o Viñao, o Barbantiño e o Cardelle.

Demografía

O Carballiño é o segundo concello máis poboado da provincia de Ourense.

Censo total 13 999 (2015)
Menores de 15 anos 1721 (12,29 %)
Entre 15 e 64 anos 8494 (60,68 %)
Maiores de 65 anos 3784 (27,03 %)


Fonte INE; 1857-2011

Evolución da poboación de O Carballiño   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
8447 9274 9841 11039 13226 14.114 14.145 14.246 14.355 14.123 13.999 13.913 13.854 13.939 14.027 14.089
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

A poboación do Carballiño naceu a mediados do século XVIII. Daquela o lugar pertencía á parroquia de Señorín, dependente da xurisdición de Partovia, e esta á súa vez do mosteiro de Oseira. Comezou a celebrarse no lugar unha feira para acadar beneficios económicos, en contraposición a outras feiras celebradas nas xurisdicións da contorna, pertencentes ao Conde de Ribadavia e a outros mosteiros.

Aos poucos os feirantes fóronse asentando no lugar. A comezos do século XIX comezou a existir unha burguesía local. A botica dos Fernández deu aos seus propietarios diñeiro que foi investido en diferentes eidos. A familia emparentouse con estirpes nobiliarias vidas a menos e introduciuse na vida política liberal da comarca.

A vila está atravesada pola estrada N-541 que une Ourense e Pontevedra. Amais, está comunicada a través da AG-54 coa autovía AG-53.

Cultura

No Carballiño celébranse as Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia (Xociviga).

Festas

Deporte

O Club Deportivo Arenteiro é o principal club de fútbol da cidade; en 2023 o equipo masculino ascendeu á Primeira División RFEF. O Sporting Carballiño, fundado en 2012, é o outro club da vila e xoga na Primeira Galicia.

O Carballiño FS xoga na terceira división de fútbol sala.

O Carballiño na literatura popular

  • O cantar do arrieiro/ é un cantar moi baixiño,/ cántase en Ribadavia,/ retumba no Carballiño [9].
  • O cantar dos arrieiros/ é un cantar moi delgadiño:/ cántano en Ribadavia,/ óuvese no Carballiño [10].
  • O cantar dos arrieiros/ é un cantar moi delgadiño:/ cántano en Ribadavia,/ resoa no Carballiño [10].
  • Si tu víra-lo que eu vin/ na feira do Carballiño,/ vinte cinco xastres xuntos/ bebendo un neto de viño [11].

Galería de imaxes

Parroquias

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias do Carballiño

Arcos (Santa María) | Banga (Santa Baia) | O Barón (San Fiz) | Cabanelas (San Xoán) | O Carballiño (San Cibrao) | Lobás (Santa Ouxea) | Longoseiros (Santa Mariña) | Madarnás (San Tomé) | Mesego (Santa María) | Mudelos (Santiago) | Partovia (Santiago) | A Piteira (San Miguel) | Ponte Veiga (San Lourenzo) | Sagra (San Martiño) | Señorín (San Roque) | Seoane de Arcos (San Xoán)

Lugares do Carballiño

Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Carballiño vexa: Lugares do Carballiño.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "O Carballiño".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023. 
  6. "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 44. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  9. Gran Enciclopedia Galega: s. v. arrieiro.
  10. 10,0 10,1 Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 115.
  11. Juan Sobreira Salgado: Papeletas. No orixinal: Si tu vira lo que vin/ na feyra do Carballiño,/ vinte cinco xastres juntos/ bebend'un neto de viño.

Véxase tamén