Conversa usuario:Estevoaei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
administración

Estevoaei☛ ☏ pa o que queiras...

Arquivo de mensaxes antigas:
desde agosto do 2007

Índice

[editar] Linguaxe sexista

Boas Estevo. Cando creei o artigo Presidente de Ecuador, seguín os pasos doutros artigos existentes, como Presidente de Costa Rica ou Lista de presidentes de Panamá. Non obstante, só 15 minutos despois de crear o artigo, tí cambiacheslle o nome de Presidente de Ecuador para Presidencia de Ecuador, e argumentaches que o facías para eliminar linguaxe sexista que había no artigo: (elimino linguaxe sexista (tmaén houbo unha presidenta de Ecuador, e pode haber moitas máis)). Eu quero entender que non me acusas persoalmente de empregar linguaxe sexista nos artigos, cousa que non pretendo, pero tampouco entendo a qué ven esa frase, xa que hai tempo que existen varios artigos titulados "Presidente de ..." ou "Lista de presidentes de..." nos que hai presidentes e presidentas, pero todos empregan esa fórmula no título e no texto. ¿Están todos mal?.
PD: Por certo, xa postos, bótalle unha ollada a estos 3 artigos: Lista de Primeiros ministros de Francia, Lista de primeiros ministros franceses e Primeiro Ministro de Francia. Coido que algún dos 3 sobra. JonnyJonny 23:40, 3 de xaneiro de 2012 (UTC)

"Presidente" é o participio de presente do verbo "presidir", derivado de "ente", que o é do verbo "ser". Así, "ente" é quen é; "presidente" é quen preside. É unha palabra de xénero invariábel, cuxo referente neste aspecto vén dado polos artigos e adxectivos, masculinos ou femininos, que a acompañen. No Dicionario da Real Academia Galega non aparecen "presidento" nin "presidenta" (no da Real Academia Española entrou na súa derradeira edición "presidenta" debido ao seu uso en Hispanoamérica, incorrecto mais moi extendido, e, sobre todo, ás actuais presións que atopan linguaxe sexista onde só hai falla de cultura gramatical). A ver se somos menos actualistas e aprendemos algo de gramática antes de botarnos a redactar wikienciclopedias tan "politicamente correctas".


O dicionario da RAG non dá resultados para 'presidenta' porque non dá resultados para ningún substantivo ou adxectivo feminino (proba coa palabra 'nena').

Se buscas outros dicionarios, poderás aprender que en lingua galega 'presidente' (e presidenta) non e un participio: Gran dicionario Cumio da lingua galega (2011; páx. 1001): presidente -a (do lat. praesidente, 'gobernador da provincia'). s. 1. Persoa que preside. 2 Nos réximes republicanos, xefe do Estado. 3. Dirixente de todo tipo de organización. Dicionario Xerais da lingua (7ª edición, 2007; páx. 985): presidente -a (lat. praesidente(m), id). s. 1. Persoa que preside. 2 Persoa que dirixe as deliberacións e os traballos dun consello, asemblea, xunta, goberno etc. Dicionário Estraviz: Presidenta: sf.(1) Mulher que preside. (2) Mulher do presidente.

As linguas evolucionan, e no 2012 existe a palabra presidenta como substantivo, máis alá de que na súa orixe o termo presidente procedese dun participio. Como existen os dous termos, e para evitar o uso de masculinos xenéricos, nos títulos dos artigos procúrase utilizar substantivos que eviten a linguaxe discriminatoria, como presidencia.

Para vindeiras ocasións, procure asinar as súas mensaxes, co cuarto botón comezando pola dereita.


Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 23:53, 1 de maio de 2012 (UTC)

Como se pode facer lóxico, referíame a que "presidente" é un substantivo derivado dun participio de presente, como xa argumentei. De calquera xeito, de se tratar de eliminar "masculinos xenéricos" (este si que resulta un curioso concepto gramatical...), adiante.

Con todo, non acho como un substantivo rematado en "e" pode cualificarse, sen artigo nin adxectivo mediante, como masculina ou feminina, sen mediar prexuízo ningún (acaso estea aí a aclaración ao repecto do concepto "masculino xenérico"). Así, en non querendo reflectir sexismo na linguaxe, chegou a unha linguaxe sexista. Pero ben, como vostede di, as linguaxes evolucionan; eu engado: "Sic transit gloria mundi".

Grazas polo comentario.

Un saúdo. --95.20.3.254 21:24, 7 de maio de 2012 (UTC)

[editar] RE:Selección de rugby de Gales

Ves, xa me parecía a min que non casaba, o que pasa é que hoxe vin outra edición dese estilo noutro artigo pero non me fixara en que xa o amañaras ti no da Selección. ¿E non sería ben que puxéramos iso no libro de estilo ou nalgún outro lado?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:04, 4 de xaneiro de 2012 (UTC)

[editar] Axuda

Hola, poderiaste pasar polo cafe da Wiki en castelán, bloquearonme a IP e non sei por que?? Non cometin ningun vandalismo. Saudos e gracias. Jorjum 17:47, 4 de xaneiro de 2012 (UTC)

[editar] Árbore

OK, boa idea. --. HombreDHojalata.conversa 18:39, 8 de xaneiro de 2012 (UTC)

[editar] Homónimos

Grazas. Xa me dera de conta, e estaba tratando de amañar a desfeita. --XoioÉche o que hai 17:44, 10 de xaneiro de 2012 (UTC)

[editar] Créditos

Estou de acordo co que propós. Cambio o nome a Crédito académico. Saúdos e ánimos. --Conversa con Tiberio 00:34, 11 de xaneiro de 2012 (UTC)

[editar] Re: Nova Hampshire

Pois a pesar dos mentireiros e ladróns que nos gobernan dende fai moito tempo, non me vai mal. Grazas por lembrarte de min, pero o de Nova Hampshire non vai poder ser. Cando me decidín a traballar na Galipedia no 2007 foi precisamente coa idea de traducir os 50 estados dos Estados Unidos, pero un ano despois, e tras deixar as cellas no intento, retireime derrotado con tan só trece deles. Agora a verdade é que estou traballando a medio gas (ata na wiki en castelán) e non me vexo con ánimos para traballar no tema. Saúdos, Furado 20:59, 11 de xaneiro de 2012 (UTC)

[editar] Eslavos

¡¡Moitas grazas por recuperalo tan axiña!! --Conversa con Tiberio 22:39, 11 de xaneiro de 2012 (UTC)

[editar] { {Ministerios de España} }

Cómpre actualizar o listado de ministerios do estado central no

pero non sei ou non podo. Están actualizados en Ministerios de España. Graciñas!! --Conversa con Tiberio 23:52, 11 de xaneiro de 2012 (UTC)

   Feito!!--Conversa con Tiberio 09:36, 12 de xaneiro de 2012 (UTC)

==

== Cómpre actualizar o listado de ministerios do estado central no

pero non sei ou non podo. Están actualizados en Ministerios de España. Graciñas!! --Conversa con Tiberio 23:52, 11 de xaneiro de 2012 (UTC)

[editar] Cidades de Irlanda

Ola Estevoaei! Xa se amañou (non sei quen o fixo, o acabo de ver), o problema non tiña nada que var co cadro (que de feito é unha copia do de Cidades de Galiza cos datos cambiados), o problema era que ao insertalo no artigo República de Irlanda se metía por riba do texto e non sabía cómo solucionalo. Grazas e un saúdo, Piquitoconversa 11:37, 12 de xaneiro de 2012

[editar] Educación a distancia

Quedou moi ben. Graciñas. --Conversa con Tiberio 22:37, 14 de xaneiro de 2012 (UTC)

[editar] Catedral

Moi boas, Estevo. Ben vista. Foi dos meus primeiros artigos, e nótase. O tema está en que aínda agora non me convence o pór Catedral de Marsella no título, porque todo o mundo pensará que se trata da coñecidísima Notre-Dame de la Garde, e non desta, e pode crear confusión. Tampouco me convenceu deixar Catedral de la Major, polo cal optei por equiparalo ao nome que lle dan en fr.wiki. Un saúdo! --Atobar (conversa comigo) 18:32, 16 de xaneiro de 2012 (UTC)

Feito! Mudado --Atobar (conversa comigo) 23:23, 16 de xaneiro de 2012 (UTC)

[editar] RE:Perbes

Ti queres acabar comigo ;). Tes razón que será un bó espetáculo, pensei un momento en ir pero voteime atrás por varias cousas. Pero tes moita razón que pode se moi interesante ter fotos diso, o que si che digo é que non prometo gran cousa porque os sitios con tanta xente non son para min e coa miña camariña non podo facer grandes cousas, pero irei ver o que pillo... Se Pepe do Couto se anima dille que se quere podemos quedar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:05, 17 de xaneiro de 2012 (UTC)

Feito! Feito!, subín unhas poucas a Commons aínda me quedan outras tantas, de igual calidade, ou peor, que esas así que gran cousa non é, pero mellor ca nada... Agora xa non subo máis porque estou mallado e tarda bastante, mañá teño que amañar a descrición das últimas que metín e seguir subindo as que me faltan. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 02:44, 18 de xaneiro de 2012 (UTC)

[editar] Ficheiro

A priori non vexo nada mal nos datos. Un saúdo! --Beninho 12:22, 7 de febreiro de 2012 (UTC)

  • Pois si, estaba mal. Se é que esta semana... mellor que non saia de casa, prque levo uns días... --Beninho 13:54, 7 de febreiro de 2012 (UTC)

[editar] Mallorca

Moitas grazas polo teu aviso e correccións. Eu fixen a redirección porque en numerosos artigos da Galipedia figura Maiorca, e non Mallorca, polo que crin que se aceptaba o primeiro termo, adaptación directa do latino Maiorica, ademais do catalá maiorquino.
Así que aínda vos queda aos revisores moito traballo para wikinormalizar. Unha aperta. --XoioÉche o que hai 13:59, 10 de febreiro de 2012 (UTC)

[editar] Casas de concellos

Boas!, mira, que temos por aquí unha páxina coas fotos de tódalas casas de concellos e ó mellor podías facer ti algunhas que che queden perto e que faltan (ou non as atopamos) por exemplo Moraña é limítrofe con Pontevedra..., aínda que non sei se estará a man ou non. Boeno, se che cadra de dar unha volta por alí coa cámara, e che apetece, completaríamos un pouco máis esa galería. A lista de tódolos concellos que faltan está na conversa desa páxina. Boeno, parabéns por todo o teu traballo e a ver cando nos vemos outra vez :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:16, 17 de febreiro de 2012 (UTC)

Ola Estevoaei, fixen unha tradución dun artigo sobre Miquel Martí i Pol da wikipedia en catalán, mais non sei como solucionar que sae duplicado o nome, que as categorías non saen como deberían e como facer para que saia que está noutras wikipedias.

Un saúdo, --Imolavirando 22:20, 21 de febreiro de 2012 (UTC)

[editar] Axuda

Ola Estevoaei, fixen unha tradución dun artigo sobre Miquel Martí i Pol da wikipedia en catalán, mais non sei como solucionar que sae duplicado o nome, que as categorías non saen como deberían e como facer para que saia que está noutras wikipedias.

Un saúdo, --Imolavirando 22:22, 21 de febreiro de 2012 (UTC)

[editar] Outra pregunta

Agora que xa reparastes o artigo de Miquel Martí i Pol quería saber como facer para que a recoñecese desde a páxina de Lluis Llach, xa que continúa marcado en vermello como se non tivese entrada e ao pór o cursor enriba di que non existe a páxina, aínda que logo si leva á páxina que fixemos.

[editar] Ravachol

Feito! Feito!--. HombreDHojalata.conversa 12:03, 26 de febreiro de 2012 (UTC)

[editar] Imaxes do Porriño

Estevoaei, estou subindo súas fotos do Porriño para o Commons. Me permitas que fago iso? Eu xa quitei unhas fotos, eu mesmo, do Porriño. Falta algunhas fotos do Porriño no Commons. Que ten na Galipedia e non ten en Commons. Non se importe que poño as fotos do Porriño no Commons? Estou facendo iso de boa fe. Estou poñendo que vostede é o autor das fotos. Saúdos. commons:Category:O Porriño. Eduardo P (conversa) 23:47, 18 de marzo de 2012 (UTC)

Adrián, se quixeres... podes, vostede, subir súas imaxes do Porriño para Commons. http://commons.wikimedia.org/wiki/. Entón, podes crear unha conta alá. Aprendes a política das licenzas. Boa sorte. Eduardo P (conversa) 00:19, 19 de marzo de 2012 (UTC)

[editar] Varón

Adrián, "varón" está no novo DIRAG: http://www.realacademiagalega.org/dicionario#loadNoun.do?current_page=1&id=47425 --. HombreDHojalata.conversa 10:22, 6 de abril de 2012 (UTC)

[editar] Compostela

Xa que ías vir saudar, por que non o fas este día? --Atobar (conversa comigo) 23:35, 13 de abril de 2012 (UTC)

[editar] Haber así

Vin que o outro día me dicías que lles dera formato ós meus artigos. Pasoche este http://gl.wikipedia.org/wiki/Dominio_de_Internet e haber que opinas del, se necesita melloras ou non. Graciñas.

[editar] Modificación

Boa tarde Estevo: Hoxe fixen unha modificación sobre os datos biográficos de Javier Varela Pérez, alcalde de Antas de Ulla. Basicamente eliminei os datos incluidos polo usuario anterior (Xas) que ti restableceches. Paréceme que as achegas restablecidas pouco ou nada aportan como biografía, xa que semella mais que nada unha liorta política que, no fondo, o único que veñen é a perxudicar a imaxe da vila de Antas. Estimo que ese tipo de novas (como o feito de ter denunciado suposta suplantación de persoalidade nunha rede social) son en exceso supeficiais como para figurar na Wiki. É a miña opinión, e por iso fixen as modificacións. Agradezo que reconsideres o meu razoamento e sexa restablecida a miña aportación. Grazas. --Satna 17:46, 25 de abril de 2012 (UTC)

[editar] Resposta

Graciñas pola túa resposta. Fágoche caso e abro conversa no artigo en cuestión. (Son cotenudo. A ver se alguén mais opina coma min, senón...haberá que roelo) --Satna 18:42, 25 de abril de 2012 (UTC)

[editar] Subpágina

Hola Estevoaei, puedes borrar la página que me has indicado. Un saludo y gracias --Ecemaml (Fala comigo) 20:28, 26 de abril de 2012 (UTC)

[editar] Ola

Pois non me tomo a mal nada, grazas a xente coma vós vou comezando a guiarme nisto dos wikis. É certo que tiven problemas cunha das dúas imaxes, máis quieima na páxina web dos Boixos Nois e da wikipedia en catalán certo. --Thekakokid (conversa) 17:25, 27 de abril de 2012 (UTC)

[editar] ola de novo

Grazas pola axuda, pero a verdade e que xa non uso o traductor, iso copieno da páxina en catalán e quedou así por despiste, grazas. --Thekakokid (conversa) 11:05, 28 de abril de 2012 (UTC)

[editar] RE: Autoría

Feito! Corrixido! Gústame que te preocupes destas cousas. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 14:31, 28 de abril de 2012 (UTC)

O único xeito que tes de chegares ás mensaxes do sistema é mediante a caixa de procuras. Escolles a procura avanzada e seleccionas o espazo de nomes MediaWiki. Tamén tes a páxina especial coa lista de todas as mensaxes do sistema en Especial:Todas as mensaxes. --Toliño Fala aquí comigo 15:08, 28 de abril de 2012 (UTC)

[editar] AGA e homónimos

Ola Adrián. Moitas grazas por amañares o asunto. O problema e que, como no artigo dos Premios Mestre Mateo 2011, e mais no de Academia Galega do Audiovisual, usei o sigla AGA, fixen unha redirección de AGA a este último e... vin que un artigo relacionado era Amiga, onde aparecía a sigla AGA. Como son bastante inexperto nestes temas informatico-galipedísticos, pasou o que pasou. Un cordial saúdo, --XoioÉche o que hai 23:43, 29 de abril de 2012 (UTC)

[editar] Hora

¿E non sería boa cousa que puxeras o teu reloxo en hora, Estevo? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 18:14, 30 de abril de 2012 (UTC)

  • ¿E non será porque tes o teu reloxo "atrasado"? En cambios recentes eu escribo á hora real, e ti dúas horas antes. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:40, 30 de abril de 2012 (UTC)
Certo. Así que saia o sol, vou de visita. --Atobar (conversa comigo) 10:06, 1 de maio de 2012 (UTC)

[editar] DEFAULTSORT e Mira (J. L.)

Grazas polo aviso. E falando de Mira: este home naceu en Cabana de Bergantiños, non en Cabanas. --XoioÉche o que hai 00:22, 2 de maio de 2012 (UTC)

Vaia metedura de zoco! (a miña). Desculpa. E grazas polo teu comentario polo dos audiovisuais. Creo que paga a pena, e que se botaban en falta. Boas noites. --XoioÉche o que hai 00:35, 2 de maio de 2012 (UTC)

[editar] Vaia rapidez!

Pois iso, vaia rapidez, Estevo!--Agremon(contacto) 15:24, 4 de maio de 2012 (UTC)

[editar] Categorías

Pois a verdade é que o de categorizar si me gusta jeje, así que vou poñerme a elo. Aos Manta Ray vinos alá polo 98 en directo na Coruña e a verdade é que me encantou o concerto, pero hai moito que non os escoito. Fareiche caso. Por certo, temos que darche os cartos de Tortoise e organizar a viaxe. Un saúdo! --Beninho (conversa) 17:21, 5 de maio de 2012 (UTC)

[editar] Ola estevo!

Teño un problema ao creares a páxina do futbolista do Real Madrid Pepe. Sal o nome doutra persoa na páxina do Real Madrid, cousa que creo que está mal por parte do editor de dita páxina.

Por outra banda, estou a ter problemas ó creares unha ficha de futbolista, espero que me resolvas este problema. Saúdos. --Thekakokid (conversa) 14:56, 6 de maio de 2012 (UTC)

[editar] ola de novo

O caso é que ao finalizare-la edición da páxina de Pepe debeu haber algún erro, e o administrador HombreDHojalata eliminouna. Creo que foi un erro da Wikipedia e por iso non a puiden rematar. Respecto ao outro grazas. Un saúdo. Thekakokid (conversa) 20:17, 6 de maio de 2012 (UTC)

[editar] Re: François Hollande

Boas Estevoaei ! Non tes porque pedirme disculpas, sobra que me informes, xa sabes que non me ofende de todo o que se fai con boa fé, e agora non dudo da túa. É por demaís isto permitenos de dialogar sobre a colaboración que levamos. O caso de François Hollande é un exemplo de estrutura e contido no que teño dificultades a aceptar un xeito de ver ise tipo de artigos, xa que non concordo coas túas modificacións. Dúas cousas :

-A- a sección "Traxectoria" eu entendo que vai con unha seccion particular, traxectoria profesional, traxectoria politica, traxectoria artistica etc. A palabra traxectoria tamen ten o sentido dun movemento que vai d'un inicio a un final falando de cousas pero cando se trata dunha personna dise biografía. Xa fai un tempo que sodes varios a trocar Biografía por "Traxectoria" e non é unha politica, xa o falei con Atobar que o trocou en artigos onde eu puxera Biografía. A ver si un día falamolo coa comunidade. Pola miña banda cavilei moito e non entendo os argumentos que me deu Atobar (biografía abarca todo o relacionado coa vida da persona, non é mais restritivo que traxectoria, ao contrario), e por si fose culpa de que non dimino a lingua galega, anduven perquisando nos livros escritos en galego, por si é costume da cultura intelectual galega. Só che darei un exemplo : "Coordinadores Andrés Torres Queiruga e Manuel Rivas Garcia (2008), Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego, Edicións Xerais de Galicia e Consello da Cultura Galega. ISBN 978-84-9782-883-3 (Xerais) ISBN 978-84-96530-63-8 (Consello).". Exemplos de estrutura de artigos :

  • Castelao, Cunqueiro Rosalía de Castro etc : unha cabeceira e logo catro seccions, Biografía, Obra, Pensamento e Bibliografía;
  • Orosio, cabeceira, unha Biografía de mais de 3 páxinas, unha Pensamento de media páxina
  • Martiño de Dumio non ten cabeceira, comeza directamenta coa seccion Biografía e logo Pensamento e Bibliografía;
  • e logo segun os casos cabeceira e Biografía ; cabeceira (con detalles biograficos) e Obra e Pensamento etc etc
  • con iste exemplo e con outros casos estou convencida que escribidondo unha enciclopedia en galego coa sección Biografía podese falar de todo o relacionado coa historia da persona : vida persoal, eventos, obra, pensamento, controvesias sobre da súa vida, da súa obra etc. E logo podense facer outras seccións, cando un ou varios de ises elementos da materia a contido especifico : a obra, o pensamento etc.
    non sei si che convence o que digo, a ver si un día, como xa o propuxen a Atobar falase diso na comunidade arredor, eu non domino bastante o galego para iniciar un debate. En espero, penso que podes entender, como Atobar, que xa que stou metida, gardese a miña estrutura.

-B- artigos de actualidade (e Biografías de persoas vivas), penso que debese evitar de dar moitos detalles do inicio da presidencia, eso vai mellor en wikinews (en francés, en castelán, en portugués). O exemplo do artigo Nicolas Sarkozy pareceme boo, olla como estaba o 9 de maio 2007.

Bueno que a ti non che pareza mal, vou modificar as tus modificacions, pero penso que che expliquei o por qué. Por demais podeche resultar de proveito na reunion que fas e recoller elementos de debate da xente que esta contigo. Que pases unha boa tarde Estevoaei e agradezoche a túa intervención, é ocasion de dialogar sobre a colaboracion na Galipedia. A lerte na páxina de conversa do artigo ou na miña. Saúdos --Elvira (Conversa comigo) 11:09, 8 de maio de 2012 (UTC)

Vou traballar un pouco mais no artigo, engadir datos. Contaba retirar ""en uso" ao xantar para que ti poidas traballar nil. Dime o que é mellor para ti esta tarde ? --Elvira (Conversa comigo) 11:30, 8 de maio de 2012 (UTC)

[editar] RE: Meta

Deixeiche a resposta en Meta-Wiki. Grazas pola axuda! --Toliño Fala aquí comigo 20:43, 14 de maio de 2012 (UTC)

[editar] Leandro Abente ou Abrente

Mira un detalle, no artigo Gonzalo López Abente cambiaches Leandro Abente por Leandro Abrente, ¿estará ben?, é que non me casa co apelido do señor Gonzalo. Por certo, non me esquezo do tema dos BIC, pero teño que facer un oco :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:49, 16 de maio de 2012 (UTC)

A mandar!. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:11, 16 de maio de 2012 (UTC)

[editar] RE: Igrexa de San Gonzalo

Ok Estevoaei, terei en conta o que me dis á hora de poñer os nomes das igrexas. Grazas, tentei que quedara o máis completo dentro das miñas posibilidades. Unha aperta, Piquito (conversa) 22:47, 17 de maio de 2012 (UTC)

[editar] Vaca

Xa lin o aparato reprodutor da vaca/boi e xa fixen algunhas correccións. Todos eran erros menores excepto dicir que o 6 da vaca era a "glándula mamaria". Realmente é un músculo interno, un conxunto de músculos (gracilis, adutor e semimembranoso), que se fixa na base da pelve. Os debuxos, sobre todo o da femia, está moi desproporcionado: non é certo que o aparato reprodutor avance ata media vaca, máis alá da altura do embigo. Nin moito menos. Fóra da xestación, os cornos do útero non chegan a superar a liña do ubre; o útero xestante supera o ubre, pero non chega ó embigo. Bueno: a lección de anatomía é gratis. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:24, 22 de maio de 2012 (UTC)

[editar] RE:Patrimonio

Xa teño o informe preparado, pero o primeiro que teño que dicir é que eu non controlo moito do tema, todo o que sei aprendino facendo as listas esas, se tes dúbidas haberá que preguntar a alguén que controle realmente :).

  • na páxina do ministerio de cultura, http://www.mcu.es/patrimonio/index.html di que o expedente da igrexa parroquial está incoado dende 16-04-1982. Isto quere dicir que se presentou e que está en estudo de declaración de BIC, pode ser que o declaren ou non... Para que estivese declarado BIC tiña que ter un código R-I e nen sequera ten un código provisional, que sería do tipo A-R-I
  • no PXOM do concello http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/default.asp (ollo, só permite entrar co internete exploter) mirei o catálogo de monumentos, do 1-4-2011, e non hai ningún monumento declarado como BIC.
  • no DOGA tampouco atopei ningunha declaración de BIC en Beade,

así que con todo iso eu penso que non debe ser...

Sobre o tema de Castelao o único que se me ocorre é indicalo no propio artigo, non hai outro sitio porque é un BIC inmaterial. Saúdos e perdoa pola tardanza!, --Elisardojm (conversa) 23:31, 22 de maio de 2012 (UTC)

[editar] Graciñas

Pois iso, moitas grazas polo cambio do "entroido de Meira". Ata outra.--AArizaga (conversa) 11:03, 24 de maio de 2012 (UTC)

[editar] Categoría:Novelas ambientadas en Pontevedra

Adrián, unha podería ser Apocalipsis Z de Manuel Loureiro. --. HombreDHojalata.conversa 15:04, 2 de xuño de 2012 (UTC)

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas