Achkhabad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 37°56′N 58°22′E / 37.933°N 58.367°E / 37.933; 58.367

Achkhabad
Aşgabat (en turcomán)
Ashgabat (seal).svg
Ashgabat TV Tower Under construction5.jpg
Torre de televisión de Achkhabad, en construción no 2011.
Situación xeográfica
Achkhabad en Turcomenistán
Achkhabad
Achkhabad
País Flag of Turkmenistan.svg Turcomenistán
Rexión
Provincia Ahal
Xeografía
Altitude 219 msnm
Superficie 440 km²
Poboación
Poboación 1.031.992 hab. (2012)
Densidade 2.300 hab/km²
Información
Código postal 744000 - 744040
Alcalde Rejepgeldy Nurmämmedow
Páxina web ashgabat.gov.tm
Achkhabad - Aşgabat.

Achkhabad[1][2][3] (transliterado do ruso Ашхабад; en turcomán Aşgabat) é a capital de Turcomenistán e a principal cidade dese país, con 773.400 habitantes (xaneiro de 2004). Atópase situada nun oasis no deserto de Karakum, xunto aos montes Kopet Dag, preto da fronteira con Irán.

Poboación[editar | editar a fonte]

A poboación é maioritariamente musulmá sunnita. Existen minorías cristiás de orixe ruso e armenio.

Historia[editar | editar a fonte]

Ashkhabad é unha cidade relativamente nova, que se desenvolveu a partir dunha aldea do mesmo nome fundada en 1818. Atópase situada cerca do emprazamento orixinal de Nisa, a antiga capital dos partos, e das ruínas da cidade de Konjikala na Ruta da Seda, que foi destruída polos mongois.

En 1869, o exército ruso construíu unha fortaleza sobre un outeiro próximo á aldea, e a presenza militar, unida á seguridade derivada desta, atraeu a numerosos mercadores e artesáns á zona. A rexión foi anexionada en 1884 por Rusia, que decidiu desenvolver a cidade como un núcleo comercial debido á súa proximidade ao territorio de Persia, entón baixo influencia británica. Naquela época, considerábase unha cidade moderna e elegante, con moitas tendas e hoteis, e edificios de estilo europeo.

En 1917, tras establecerse o control soviético, a cidade foi renomeada como Poltoratsk, en honra dun revolucionario local. O nome Ashkhabad, na súa forma rusa "Ashjabad", foi restablecido en 1927. A partir deste momento, a cidade experimentou un rápido crecemento e industrialización, que se viron interrompidos por un grave terremoto o 6 de outubro de 1948. Estímase que o sismo alcanzou un grao 9 na escala de Richter, e deixou sen vida a máis de 110.000 persoas (2/3 da poboación total da cidade). Os medios oficiais soviéticos, con todo, anunciaron unha cifra de mortos moito máis baixa, de 14.000.

En 1991, coa proclamación da independencia de Turkmenistán, converteuse na capital nacional do novo estado.

Economía[editar | editar a fonte]

A cidade é o principal centro económico e comercial do país. As principais industrias da cidade son os téxtiles de algodón e a metalurxia.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

A maior parte da cidade antiga foi destruída polos terremotos, en particular polo de 1948. Por iso, Ashkhabad carece do típico casco antigo oriental que posúen outras cidades centroasiáticas.

Na cidade existen diversos museos de arte e de historia. É famoso o seu xardín botánico, así como varias mesquitas modernas.

Vista da cidade de Achkhabad.

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 108. ISBN 84-8158-266-2. http://anl.uvigo.es/UserFiles/File/manuais/Lingua_galega._Dubidas_linguisticas.pdf.
  2. Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524.
  3. Goretti Sanmartín Rei et al. Criterios para o uso da lingua. Servizo de Normalización Língüística, Universidade da Coruña. p. 133. ISBN 84-9749-199-8. http://www.udc.es/publicaciones/documentos/biblioteca/CriteriosParaUsoDaLingua.pdf.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Achkhabad
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Achkhabad