Anwar el-Sadat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Anwar Sadat")
Anwar el-Sadat

Muḥammad Anwar as-Sādāt, en árabe, محمد أنور السادات, transcrito frecuentemente como Anwar el-Sadat ou Anwar Sadat, nado en Mit Abu l-Kum o 25 de decembro de 1918 e finado no Cairo o 6 de outubro de 1981, foi un político e militar exipcio.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Sendo aínda un mozo militar participou xa en movementos políticos, como os motíns dos Irmáns Musulmáns contra a influencia occidental en Exipto e contra a monarquía de Faruq I, que a permitía. Desde 1939 uniuse a Nasser, integrándose no seu Movemento de Oficiais Libres despois da derrota na primeira guerra contra Israel (1948).

Segunda Guerra Mundial e ascensión política[editar | editar a fonte]

Durante a Segunda Guerra Mundial foi acusado de colaboracionimso cos nazis para asasinar a un oficial británico pero en 1946 foi absolto de tódolos cargos. Desde que Nasser tomou o poder en 1952 Sadat foi ascendendo no seu réxime: membro do Consello da Revolución, ministro, secretario do partido único e, desde 1969, vicepresidente da República.

Ó morrer Nasser en 1970 Sadat impúxose ós seus rivais no partido e herdou o poder, así como o proxecto de nacionalismo árabe que representaba Nasser. En 1973 desencadeou un novo ataque, xunto con Siria, que sorprendeu a Israel e no que estivo a piques de triunfar. Con todo, o fracaso daquela ofensiva (a Guerra do Iom Quippur) convenceu a Sadat da conveñencia de postergar a causa da unidade árabe e da loita contra Israel, en beneficio dunha política máis realista que servise para o fortalecemento e desarrollo de Exipto.

Desde 1976 desvinculouse da tradicional alianza coa Unión Soviética, acercándose a Estados Unidos, do que obtivo fortes axudas económicas. En 1977 viaxou por sorpresa a Xerusalén, adquirindo o compromiso de recoñecer ó estado de Israel baixo determinadas condicións. En 1978 tivo un novo encontro co Primeiro Ministro de Israel para preparar, en 1979, por mediación do presidente Jimmy Carter, a paz con Israel nos Acordos de paz de Camp David, asinados conxuntamente con Menachem Begin. Exipto foi así o primeiro país árabe en selar unha paz duradeira con Israel, o que foi interpretado en medios radicais como unha «traición». Isto recrudeceu a oposición ó réxime de Sadat, que se apoiaba sobre o descontento social creado pola súa política económica liberal.

Sadat recorreu á represión, especialmente contra os focos de resistencia musulmáns integristas. Foi asasinado por militares desa tendencia durante un desfile.

Anwar el-Sadat recibiu en 1978 o Premio Nobel da Paz xunto a Menachem Begin.

Predecesor:
Gamal Abdel Nasser
Presidente de Exipto
1970 - 1981
Sucesor:
Hosni Mubarak

Véxase tamén[editar | editar a fonte]




Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Anwar el-Sadat