Benevento
Coordenadas: 41°8′0″N 14°47′0″L / 41.13333, -14.78333
Benevento | |
---|---|
![]() | |
Vista da cidade | |
Localización | |
País | ![]() |
Rexión | Campania |
Provincia | Provincia de Benevento |
Xeografía | |
Altitude | 135 msnm |
Superficie | 129 km² |
Demografía | |
Poboación | 61.700 hab. (2011) |
Densidade | 480 hab/km² |
Xentilicio | Beneventani |
Outros datos | |
Código postal | 82100 |
Alcalde | Fausto Pepe |
Páxina oficial de Benevento |
Benevento (italiano Benevento, latín Beneventum, grego Benebentos) é unha cidade de Italia na Campania, capital da provincia de Benevento. Está na confluencia dos ríos Sabato e Calore Irpino, e tiña 63.026 habitantes o 2005. A comuna de Benevento esténdese por unha área de 129 km² e ten lindes cos concellos de Apollosa, Castelpoto, Foglianise, Fragneto Monforte, Paduli, Pesco Sannita, Pietrelcina, San Leucio del Sannio, San Nicola Manfredi, Sant'Angelo a Cupolo e Torrecuso.
Historia[editar | editar a fonte]
Antes de Roma[editar | editar a fonte]
A lenda atribúe a súa fundación a Diomedes. Festo di que foi fundada por Ulises e Circe e que unha tradición dicía que foi unha cidade dos ausonios antes de ser ocupada polos samnitas. A cidade, que se chamaba Malaventum ou Malebentos (probabelmente derivado do osco Maloeis ou Malieis), estaba poboada polos hírpinos (segundo Plinio o Vello) ou polos samnitas (Tito Livio e Tolomeo). Foi unha das principais do Samnio e era unha posición moi forte que non foi atacada polos romanos nas dúas primeiras guerras samnitas, pero foi atacada e ocupada na terceira guerra se ben nun momento que non se lembra; xa era romana o 274 a.C., e pouco despois Pirro de Epiro foi derrotado nas súas inmediacións polo cónsul Mario Curio Denato nunha gran batalla probabelmente o 268 a.C., que decidiu a retirada do epirota de terras italianas, despois do cal se estableceu nela (-268) unha colonia romana con dereito latino, e entón tomou o nome de Beneventum, porque o antigo nome considerábase de mal augurio.
Nas mans de Roma[editar | editar a fonte]
Converteuse logo nunha cidade prospera. Na segunda guerra púnica foi ocupada por gornicións romanas varias veces como castelo importante preto de Campania. Nas súas inmediacións libráronse dúas batallas:
- A primeira o 214 a.C. na que o xeneral cartaxinés Hannón foi derrotado por Tiberio Graco.
- A segunda o 212 a.C. na que o xeneral Hannón, que acumulara moitas provisións e gran no seu campamento, foi asaltado polo cónsul romano Quinto Fulvio, quen arrebatou ao cartaxinés as provisións.
A rexión foi asolada polos cartaxineses, pero aínda así o -209 foi unha das dezaoito colonias latinas que puido pagar o diñeiro establecido por Roma, así como o continxente de soldados, destinado todo á guerra contra Aníbal.

Non participou na guerra social, ou polo menos non quedou constancia. Seguramente foi a paz do século I a que produciu que ao cabo da república era unha das cidades máis ricas de Italia. No segundo triunvirato o territorio da colonia foi repartido polos triunviros entre os seus veteranos, e pouco despois estableceuse unha nova colonia baixo Augusto, que incorporou na cidade o territorio da cidade de Caudium. Nerón fundou outra colonia que se chamou Colonia Concordia Beneventum e durante o reinado de Septimio Severo levaba os títulos de Colonia Iulia Augusta Concordia Felix Beneventum. A súa situación na Vía Apia xusto na unión coa Vía Traiana que levaba a Apulia, e noutra vía que levaba a Venusia e Taranto permitiulle continuar a ser unha cidade importante e rica durante o imperio e a principal do sur de Italia. Foi visitada por moitos emperadores e son lembradas especialmente as visitas de Nerón, Traxano e Septimio Severo. Por Traxano erixiuse un arco triunfal (que foi acabado en tempo de Hadriano). Algúns emperadores restauraron a cidade ou construíron edificios nela.
Administrativamente a cidade foi incluída no territorio dos hírpinos, e dentro do devandito foi incorporada á segunda rexión de Augusto, pero máis tarde foi incorporada a Campania e posta baixo control do cónsul da provincia. Os habitantes de Beneventum serían incluídos dentro do tribo Stellatina. O territorio de Benevento baixo o imperio romano era bastante cumprido, e para o oeste ía ata Caudium que formaba parte dela (menos a cidade mesma); ao norte ata Tamarus incluíndo a vila de Pago (antes Pagus Veianus); ao nordeste, ata a mesma cidade de Equus Tuticus (hoxe San Eleuterio, preto de Castel Franco) e ao leste e sur ata a fronteira do territorio de Aeculanum e Abellinum. Numerosas aldeas dependían da cidade: coñécense os seus nomes pero, en xeral, non están identificadas.
Os ostrogodos[editar | editar a fonte]
Despois do Imperio, nas guerras góticas, foi ocupada por Tótila, que arrasou as murallas, pero despois serían restauradas, e recobrou a prosperidade.
Os longobardos[editar | editar a fonte]
- Ver artigo principal: Ducado de Benevento.
Baixo dominio longobardo desde o 571, foi capital dun ducado o 573, que vai manterse como un ducado independente despois da desaparición do reino longobardo e se converteu despois en principado.
Os normandos e a Santa Sé[editar | editar a fonte]
O 1081 a cidade foi conquistada polo normando Robert Guiscard quen lla entregou á Santa Sé, e desde entón foi un feudo do Papa. O 1266 Carlos I de Anjou derrotou a Manfredo de Hohenstaufen na batalla de Benevento.
O 1443 o Papa Uxío IV nomeou vicario da cidade ao rei de Aragón Afonso IV, ao que o 1455 deu a cidade en feudo. A cidade foi posesión da Papa ata o 1806 cando Napoleón entregouna a Tayllerand como principado. O 1815 o Congreso de Viena devolveullas o Papa. Participou ás revoltas de 1820, 1848 e 1860 e neste último ano quedou unida ao reino de Italia.
Monumentos[editar | editar a fonte]
Na cidade quedan restos do seu antigo esplendor: o arco triunfal de Traxano xa mencionado, construído o 114, e que está nun dos accesos da cidade chamado antes Porta Aurea; restos das murallas, do anfiteatro, unha ponte sobre o río Calore (antigo Calor), cerámicas e pinturas, fragmentos de esculturas, inscricións latinas; e no que fai a edificios é preciso mencionado o chamado Caesareum, unha especie de Curia, onde se reunía o senado local; a basílica; algúns pórticos e as termas (do tempo do emperador Cómodo).
Evolución demográfica[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Benevento |