Igrexa ortodoxa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Cruz ortodoxa

A Igrexa ortodoxa, tamén coñecida como Igrexa católica ortodoxa, é unha igrexa cristiá, que se considera a si mesma como a igrexa unha, santa, católica e apostólica fundada por Xesús Cristo. Estrutúrase como unha comuñón de igrexas autocéfalas gobernadas cada unha por un sínodo de bispos, iguais entre eles, e sen unha autoridade central de goberno análoga ao papado na Igrexa católica.

A Igrexa ortodoxa considerase a herdeira de tódalas comunidades cristiás da metade oriental do Mediterráneo.​[1] A súa doutrina teolóxica estableceuse nunha serie de concilios, dos cales os máis importantes son os primeiros Sete Concilios, chamados "ecuménicos" que tiveron lugar entre os séculos IV e VIII. Tras varios desencontros e conflitos, a Igrexa ortodoxa e a Igrexa católica separaronse no chamado "Cisma de Oriente e Occidente", o 16 de xullo de 1054. O cristianismo ortodoxo difundiuse por Europa Oriental grazas ao prestixio do Imperio Bizantino e ao labor de numerosos grupos misioneiros.

Está en realidade constituída por 14 ou, segúndo algunhas delas, 15 Igrexas autocéfalas que recoñecen só o poder da súa propia autoridade xerárquica (por exemplo, do patriarca de Alexandría, de Antioquía, de Constantinopla, etc. ou a de metropolitanos, se é o caso), pero manteñen entre si comuñón douctrinal e sacramental.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O pequeno Larousse 2004. Spes Editorial. 2003. p. 746. ISBN 978-84-8332-445-5. «A Igrexa ortodoxa [...] considerase herdeira das primeiras comunidades cristiás establecidas ao oriente do Mediterráneo polos apóstoles [...]».

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.