Vítor III, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vítor III, papa
Nacementoc. 1027 e 1027
Lugar de nacementoBenevento
Falecemento16 de setembro de 1087
Lugar de falecementoAbadía de Montecassino
SoterradoAbadía de Montecassino
Relixióncatolicismo
Ocupaciónsacerdote católico e escritor
PaiLandulfo V de Benevento
Períodoentre os anos 1086 ata 1087
Coñecido porser o papa n° 158 da igrexa católica
OrganizaciónIgrexa católica
CargosBispo de Roma
editar datos en Wikidata ]

Dauferio Epifani, máis coñecido como Desiderio da Montecassino, baixo o nome de Vítor III, nado ao redor do 1026 en Benevento e finado na abadía do abadía do Monte Cassino o 16 de setembro de 1087, foi o papa número 158 da Igrexa católica dende 1086 ata 1087. Era fillo do príncipe Landulfo V de Benevento.

Elixido como novo Papa o 24 de maio de 1086, feito que lle amolou profundamente, polo que intentou atrasar a súa consagración como pontífice. Debido a isto, non accedeu realmente ao trono pontificio ata o 9 de maio de 1087, e cando o fixo abandonou Roma e se retirou de novo a abadía do Monte Cassino, da cal fora o abade. Este feito foi aproveitado polo antipapa Clemente III para aumentar o seu poder na capital italiana, polo que cando Vítor III volveu de novo a Roma (debido en gran parte ás presións da condesa Matilde de Toscana) tivo que abandonala outra vez tras unha estancia moi curta. En agosto presidiu un sínodo en Benevento no que excomungou a Clemente III, prohibiu a lei das investiduras e promoveu unha acción armada contra os musulmáns do norte de África, un precedente do que serían logo as Cruzadas. Caeu enfermo durante o desenvolvemento do sínodo e retirouse por última vez a Montecassino, onde morreu o 16 de setembro de 1087.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.