Arquidiocese católica latina de Milán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arquidiocese de Milán
Archidiœcesis Mediolanensis
Escudo
876MilanoDuomo.JPG
Datos xerais
ErixidaSéculo I
LocalizaciónLombardía, Italia
Estatísticas
Poboación
- Fieis
- Total

4 886 406[1] (92,3%)
5 296 393
Información
RitosAmbrosiano e romano[2]
Xerarquía
PapaFrancisco
Outros datos
Páxina webwww.chiesadimilano.it

A Arquidiocese de Milán (en italiano Arcidiocesi di Milano, en latín Archidioecesis Mediolanensis) é unha sé metropolitana da Igrexa Católica de rito latino en Italia, na rexión da Lombardía. Teñe mantido unha forma litúrxica latina propia, o rito ambrosiano, que emprégase hoxe na maior parte do seu territorio e en pequenas partes de dioceses veciñas. Entre os seus arcebispos, salientan o propio santo Ambrosio, san Carlos Borromeo e o papa Paulo IV.

A arquidiocese é a sé metropolitana da provincia eclesiástica de Milán, que inclúe ás sés sufragáneas de Bérgamo, Brescia, Como, Crema, Cremona, Lodi, Mantua, Pavía e Vigevano. A arquidiocese de Milán é a maior do mundo.[3]

Historia[editar | editar a fonte]

Segundo a tradición, o Evanxeo foi predicado en Milán por San Bernabé, e que o primeiro bispo da diocese, Santo Anatalón, foi un discípulo do apóstolo. Pero a diocese, en sentido estrito, foi estabelecida arredor do ano 200, xa que a lista dos bispos milaneses tan só da cinco predecesores de Mirocles, quen participou no concilio de Letrán que tivo lugar o 313 en Roma.

Historicamente a Igrexa de Milán ten estado n plena comuñón co papa. Entre os seus bispos pódense citar a Eustorxio I de Milán e Dionisio de Milán, quen opuxéronse con firmeza á apostasía imposta polo emperador romano Constancio II. Dionisio exiliouse a Capadocia no 355, mentres que os romanos puxeron a Ausencio no trono episcopal de Milán. Á morte de Ausencio foi elixido santo Ambrosio bispo de Milán. Entre os seus sucesores pódese citar a Simpliciano, Senador e Dacio, quen viviu no exilio en Constantinopla por mor da guerra gótica.

Durante a invasión lombarda sucedéronlle moitas cousas á Igrexa de Milán. O cisma dos tres capítulos deulle autonomía durante 38 anos, xa que os lombardos eran inimigos dos bizantinos. Co asedio de Milán polo lombardo Alboíno, o bispo Honorato buscou refuxio en Xénova con grande parte do seu clero, que volveu a Milán 70 anos despois baixo Xoán o Bo.

No século X os arcebispos milaneses pasaron a ser vasalos do Emperador xermánico, estendendo a súa xurisdición á totalidade do noroeste de Italia. O máis distinguido destes foi Ariberto. Ao medrar o poder da burguesía diminuíu o dos arcebispos, e xa que logo a autoridade imperial que o prelado representaba, e dende o século XII Milán combateu ao Emperador. No século XIII o propio arcebispo Ottone Visconti foi proclamado Señor a perpetuidade, rematando coa República de Milán e estabelecendo o poder da Casa de Visconti que dirixiu o Ducado de Milán entre 1277 e 1447.

A figura que marcou a historia moderna da Igrexa en Milán foi San Carlos Borromeo, arcebispo entre 1564 e 1584, que foi unha figura sobranceira durante a contrarreforma e responsable de reformas de importancia dentro da Igrexa Católica. Os seus esforzos pastorais foron continuados polos seus sucesores, como Federico Borromeo (finado en 1631) e Giuseppe Pozzobonelli (finado en 1783).

No século XX, dous arcebispos de Milán foron elixidos ao papado: en 1922, o Cardeal Ambrogio Damiano Ratti foi elixido como papa Pío XI, e en 1963 o Cardeal Giovanni Battista Montini foi elixido como Paulo VI.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Annuario Pontificio 2010, datos de 2009.
  2. Orlando O. Espín, James B. Nickoloff (edición) (2007). Liturgical Press, ed. An Introductory Dictionary of Theology and Religious Studies (en inglés). p. 44. ISBN 9780814658567. 
  3. L'Osservatore Romano, ed. (3 de xuño de 2012). "Milano laica e religiosa" (en italiano). Consultado o 14 de agosto de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.