Universidade de Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "UVIGO")
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Universidade de Vigo
LogoUniversidadeVigo.png
Logo da Universidade de Vigo
Datos xerais
Localización Vigo/Ourense/Pontevedra
Datos actuais
Reitor Manuel Reigosa
Alumnos 21 235[1]
Datos de contacto
Enderezo Campus Universitario, Vigo (Pontevedra)
Páxina web uvigo.gal

A Universidade de Vigo é unha universidade pública inserida dentro do Sistema Universitario de Galicia con sede na cidade de Vigo.[2] Conta con campus en tres cidades: Campus de Vigo, Campus de Pontevedra e Campus de Ourense.[2] No 2010 a Universidade de Vigo converteuse no centro do campus de excelencia internacional interuniversitario Campus do Mar, no cal participan as tres universidades galegas e varias portuguesas do norte, así como centros CSIC e IEOs.[3][4][5]

Dende o 2018 Manuel Reigosa, fisíologo vexetal, ocupa o cargo de reitor.[6][7]

Historia[editar | editar a fonte]

O antecedente directo da institución foi o chamado Colexio Universitario de Vigo, creado tras a aprobación en 1972 da construción do citado no Monte das Lagoas, en Marcosende, e baixo o patrocinio da Caixa de Aforros de Vigo. No curso 1977-78 iniciáronse as clases nas titulacións que naquel entón se ofrecían: Ciencias Químicas e Biolóxicas, Económicas e Filoloxía. Dous anos despois do comezo da docencia na institución a Universidade de Compostela integrou os estudos impartidos en Vigo baixo a súa tutela administrativa e académica.[8]

A Lei 11/1989 de 20 de xullo de ordenación do sistema universitario de Galicia reordenou o panorama universitario da comunidade autónoma.[8] A Universidade de Vigo foi constituída como tal en 1990 tras a súa segregación da Universidade de Santiago de Compostela.[8] O primeiro reitor (1990-1994) foi o enxeñeiro químico Luís Espada Recarey que sería substituído no cargo polo profesor José Antonio Rodríguez Vázquez (1994-1998). Entre os anos 1998 e 2006 o posto estivo en mans do catedrático redondelán Domingo Docampo Amoedo, entre 2006 e 2010 Alberto Gago Rodríguez, e entre 2010 e 2018 Salustiano Mato.

A Universidade acadou o maior número de matrículas no curso 1999-2000 (29 000 alumnos/as), desde entón houbo un continuo descenso do alumnado. En 2006 contaba con 21 263 matriculados/as (12 820 no Campus de Vigo, 4 991 no de Ourense e 3 452 no de Pontevedra). No curso 2016-17 o número total de estudantes ascendía a 21 235.[1]

Campus[editar | editar a fonte]

A Universidade de Vigo conta con tres campus en diversas poboacións do territorio galego: Vigo, Ourense e Pontevedra.

O Campus de Vigo atópase distribuído en diversas sedes sendo a principal a cidade universitaria das Lagoas-Marcosende situada na parroquia de Zamáns, non obstante, no centro da antedita sitúase a chamada Sede Cidade asentada nun edificio da década de 1930 deseñado polo arquitecto vigués Jenaro de la Fuente Álvarez. Este edificio está situado na rúa Conde de Torrecedeira, coñecido durante moito tempo como Escola de Peritos Industriais é hoxe parte da Escola de Enxeñaría Industrial da UVIGO.

O Campus de Pontevedra dispón de varios espazos dentro da cidade homónima. Posúe un campus central coñecido como A Xunqueira sito na zona norte da vila, alén de diversas facultades no centro da cidade. A sede do vicerreitorado está enclavada na Casa das Campás, un edificio histórico de propiedade municipal cedido para uso da Universidade de Vigo.

O Campus de Ourense atópase plenamente inserido no casco urbano da cidade.

Centros docentes[editar | editar a fonte]

Campus de Vigo (As Lagoas-Marcosende)[editar | editar a fonte]

Escola de Enxeñaría Industrial.
Facultade de Ciencias Económicas (Campus Lagoas-Marcosende).
Facultade Filoloxía e Tradución (campus Lagoas-Marcosende).

Campus de Vigo (Centro)[editar | editar a fonte]

Centros adscritos[editar | editar a fonte]

  • EU de Enfermaría (Meixoeiro)
  • EU de Enfermaría (Povisa)
  • EU de Maxisterio "María Sedes Sapientiae"
  • Escola de Negocios Afundación

Campus de Pontevedra[editar | editar a fonte]

Centros adscritos[editar | editar a fonte]

  • Escola Universitaria de Enfermaría
  • Centro Universitario da Defensa (Marín)

Campus de Ourense[editar | editar a fonte]

  • Escola Superior de Enxeñaría Informática
  • Facultade de Ciencias
  • Facultade de Ciencias da Educación
  • Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
  • Facultade de Dereito
  • Facultade de Historia
  • Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI)

Centros Adscritos[editar | editar a fonte]

  • Escola Universitaria de Enfermaría

Estrutura de goberno[editar | editar a fonte]

O 20 de maio de 2010 celebráronse eleccións ao reitorado con dúas candidaturas: Nova Universidade, liderada por Jaime Cabeza Pereiro, e Alternativa Universitaria, liderada por Salustiano Mato. Esta última resultou a vencedora na cita electoral acadando o 52,6 % dos votos[10]. No ano 2014, Mato presentou a súa candidatura por Nova Universidade e obtivo a reelección por 751 votos nuns comicios aos que acudía como único candidato. Desde o 4 de xullo de 2014 ata o 2018 a xunta de goberno da universidade estivo composta por:

  • Reitor: Salustiano Mato de la Iglesia
  • Vicerreitoría de Planificación e Economía: José Manuel García Vázquez
  • Vicerreitoría de Investigación e Transferencia: María Asunción Longo González
  • Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado: Ana María Graña Rodríguez
  • Vicerreitoría de Estudantes: Dolores González Álvarez
  • Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais: Manuel Fernández Iglesias
  • Vicerreitoría do Campus de Ourense: Virxilio Rodríguez Vázquez
  • Vicerreitoría do Campus de Pontevedra: Juan Manuel Corbacho Valencia
  • Secretaría Xeral: Gloria Pena Uris

Graos, mestrados, estudantado e outros datos de interese[editar | editar a fonte]

Desde a súa segregación da Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Vigo foi pouco a pouco incrementando tanto o número de titulacións como a cantidade de profesorado e alumnado.

A universidade ten nos seus tres campos 22 centros universitarios propios, 7 centros adscritos e 5 centros tecnolóxicos, e que cobren 140 áreas do coñecemento. Neles predomina as titulacións en ciencias sociais e xurídicas e as enxeñarías[1] En 2017 a universidade formaba a 21 235 estudantes: 17237 cursando graos, 2048 mestrados e 1365 doutoramentos.[1] Así mesmo, tiña a 1376 persoas adicadas a investigación e docencia, 434 investigadores en formación ou técnicos e 484 persoas vencelladas a proxectos. O persoal de administración e de servizos foron 702 persoas.[1] Ademais, pasou dun investimento en investigación de 0,51 millóns de euros no ano 1991 a 5,23 millóns no 2001. O orzamento total da institución para 2016 ascende a 160.586.524 €[11]. A meirande parte do gasto corresponde a gasto de persoal e gastos correntes e distribuído na súa maioría nos grupos de investigación tecnolóxica e xurídica e social.[1]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Reitorado (As Lagoas-Marcosende). 
Edificio Miralles (As Lagoas-Marcosende).
 
Xerencia e servizos centrais (As Lagoas-Marcosende). 
Xerencia e servizos centrais (As Lagoas-Marcosende).
 
Facultade de económicas (As Lagoas-Marcosende).
 
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía (As Lagoas-Marcosende). 
Edificio de Ferro: Facultade de Historia e Facultade de Ciencias da Educación (Campus de Ourense).
 
Facultade de Dereito (Campus de Ourense).
 
Biblioteca Central de Ourense (Campus de Ourense).
 
Edificio de Despachos (Campus de Ourense).
 
Escola Universitaria de Enxeñaría Técnica Forestal (Campus de Pontevedra). 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Universidade de Vigo (eds.). "Informes e estatísticas: Universidade de Vigo en cifras". 
  2. 2,0 2,1 Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Secretaría Xeral de Universidades, Xunta de Galicia (2010). GALIGRAF GALICIA, eds. Guía do sistema universitario de Galicia. ISBN 978-84-693-9727-5. 
  3. "Sobre Campus do Mar". Campus do Mar. Consultado o 26/4/2018. 
  4. Ángel Paniagua (14/01/2010). "El campus del mar de Vigo ya es un proyecto de toda Galicia". La Voz de Galicia. 
  5. Primitivo Carbajo (7/11/2010). "Entrevista: SALUSTIANO MATO Rector de la Universidad de Vigo - "El Campus do Mar revolucionará todo el tejido económico"". El País. 
  6. "Eleccións 2018". Universidade de Vigo. Consultado o 26/4/2018. 
  7. Marcos Pérez Pena (23/04/2018). "Antonio López e Manuel Reigosa, novos reitores das universidades de Santiago e Vigo". Praza.gal. Consultado o 26/04/2018. 
  8. 8,0 8,1 8,2 Organización institucional, Universidade de Vigo. "Historia da Universidade de Vigo". 
  9. Facultade á que de xeito común se lle chamada "Sede Cidade" como se pode ler en Facultade de Enxeñaría Industrial
  10. "Salustiano Mato será o reitor da Universidade de Vigo", artigo en Vieiros, 21 de maio de 2010.
  11. Universidade de Vigo (21/12/2015). "O Consello de Goberno aproba un orzamento de 160,6 millóns de euros para 2016". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]