Facultade de Bioloxía e Ciencias do Mar de Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Facultades de Bioloxía e de Ciencias do Mar de Vigo

Patio interior do Edificio de Ciencias.
Universidade:
Localización: Zamáns, Vigo
Campus: Campus Universitario das Lagoas-Marcosende
Enderezo: Edificio de Ciencias Experimentais, Campus Universitario das Lagoas-Marcosende
Ano de fundación:
Decano: Jesús Manuel Míguez Miramontes (Bioloxía), Belén Rubio Armesto (Ciencias do Mar)
Docentes:
Estudantes:
Teléfono: (+34)986811976
Correo electrónico: decanatobioloxia@uvigo.es (Bioloxía)
Páxina web: http://www.bioloxia.uvigo.es/ (Bioloxía), http://mar.uvigo.es (Ciencias do Mar)

A Facultade de Bioloxía e a Facultade de Ciencias do Mar de Vigo son centros da Universidade de Vigo, anexadas dentro do «Edificio de Ciencias Experimentais» do Campus das Lagoas - Marcosende.

Historia[editar | editar a fonte]

No ano 1977 comezouse a impartir docencia de bioloxía no Colexio Universitario de Vigo (o naquela hora chamado "o Cuvi"), como unha extensión da Universidade de Santiago de Compostela en Vigo para os primeiros cursos da licenciatura. No 1990 a Fundación Universidade de Vigo iniciou a construción da Facultade de Ciencias. Mentres se realizaba a obra, as primeiras titulacións propias impartíronse no edificio de Humanidades. Expedíronse as primeiras titulacións da facultade no 1992. No 1995 a Facultade de Ciencias mudouse ao novo edificio. Ademais das xa impartidas Bioloxía e Química, no 1996 comezouse a docencia da nova titulación de Ciencias do Mar. Non foi ata o 2002 cando a Facultade de Ciencias se separou en tres facultades independentes: Facultade de Bioloxía, Ciencias do Mar e Química [1][2].

No ano 2009 extínguese a Licenciatura de Bioloxía, ao seguir as novas directrices do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) e introducir o Grado en Bioloxía. Tamén o fixo Ciencias do Mar no 2013, despois de 18 anos de licenciaturas.

Titulacións[editar | editar a fonte]

Titulacións de Grao[editar | editar a fonte]

  • Grao en Bioloxía
  • Grao en Ciencias do Mar

Titulacións de Posgrao[editar | editar a fonte]

  • Mestrado Universitario en Acuicultura
  • Mestrado Universitario en Bioloxía Mariña
  • Mestrado Universitario en Biotecnoloxía avanzada
  • Mestrado Universitario en Ciencias biolóxicas: Bioloxía Molecular, Computacional e Ambiental e Bio-Industrias
  • Mestrado Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade de Ciencias Experimentais, Bioloxía, Xeoloxía, Física e Química
  • Mestrado Universitario en Neurociencia
  • Mestrado Universitario en Oceanografía

Programas de Doutoramento[editar | editar a fonte]

  • Doutoramento en Biotecnoloxía avanzada
  • Doutoramento en Endocrinoloxía
  • Doutoramento Do*Mar
  • Doutoramento en Metodoloxía e Aplicacións en Ciencias da Vida
  • Doutoramento en Nanomediciña
  • Doutoramento en Neurociencia e Psicoloxía Clínica

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Facultade de Bioloxía: Historia da Facultade". Consultado o 16 de abril de 2016. 
  2. "Facultade de Ciencias do Mar: A Facultade". Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2016. Consultado o 16 de abril de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]