Rexión Norte, Portugal
| Região do Norte (pt) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Portugal | ||||
| NUTS 1 | Portugal continental | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 4.196.354 (2007) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 21.278 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| Código NUTS | PT11 | ||||
A Rexión Norte de Portugal é unha rexión que comprende os distritos de Viana do Castelo, Braga, Porto, Vila Real e Braganza, así como parte dos distritos de Aveiro, Viseu e Guarda.
Limita ao norte con Galiza, ao sur coa Rexión Centro de Portugal, ao leste con Castela e León e ao oeste co Atlántico. Ten unha extensión de 21.278 km² (un 24 % do Portugal Continental) e no 2007, na rexión habitaban 4.196.354 persoas (un 37 % do Portugal continental).
Historicamente formaba parte da Gallaecia sur, constituíndo gran parte do Convento Bracarense con sé na vila de Braga. Formou tamén parte do Antigo Reino de Galiza. Cultura, costumes e paisaxe son aínda comúns con Galicia.
Subrexións
[editar | editar a fonte]Comprende 8 subrexións estatísticas: Alto Trás-os-Montes, Ave, Cávado, Douro, Entre Douro e Vouga, Grande Porto, Minho-Lima e Támega
Composición territorial
[editar | editar a fonte]A Rexión Norte comprende 86 concellos, un 27,8 % da totalidade do estado.
- Rexión Norte, Portugal
