Salustiano Mato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Salustiano Mato
Nacemento1960
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónbiólogo e profesor universitario
Na rede
Facebook: salustiano.mato Dialnet: 533760 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Salustiano Mato de la Iglesia, nado en Santiago de Compostela en 1960, é un biólogo e profesor universitario galego[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Bioloxía por esta institución académica e ten realizado o postdoutoramento nas universidades de Cornell e Rutgers dos Estados Unidos, no eido da compostaxe. É Catedrático de Bioloxía Animal.

A súa experiencia profesional está vencellada ó mundo universitario, no que ten desenvolvido, entre outras responsabilidades, o cargo de Vicedecano da Facultade de Ciencias de Ourense, a Dirección do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo ou o Decanato da Facultade de Ciencias de Vigo, ademais de ser membro da Executiva da Sectorial de I+D+i da CRUE; e Vicerreitor de Investigación da Universidade de Vigo, dende 1998 a 2005.

Foi profesor da Escola Técnica de Enxeñeiros Agrónomos de Lugo, profesor da Facultade de Ciencias de Ourense e, dende o ano 2000, exerce como catedrático na Universidade de Vigo con docencia na Facultade de Bioloxía.

Publicou máis de cen traballos científicos dos cales máis da metade o foron en revistas de ámbito internacional, no campo da Ecoloxía do Solo e do Tratamento de Residuos.

Foi Director Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación (2005-2009). En 2010 foi elixido reitor da Universidade de Vigo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Domingo Docampo (6 de marzo de 2011). "Salustiano Mato, la visión del corredor de fondo". El País. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]