Liga Galega de Rugby 2019-20

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A edición 2019-2020 da LGR foi a 37ª edición da liga de rugby organizada pola actual Federación Galega de Rugby. Nesta edición o torneo contou con 13 equipos participantes trala unificación da primeira e a segunda división nun grupo único. A competición comezou o 5 de outubro de 2019 e tiña que rematar coa final o 25 ou 26 de maio de 2020, pero a pandemia por COVID-19 detivo a competición en marzo trala última xornada da liga regular e non se puideron disputar as eliminatorias polo título.

Formato de competición[editar | editar a fonte]

Os trece equipos disputaron unha liga regular a unha volta na que tódolos equipos se enfrontaron entre eles unha vez, completando doce encontros. Se non se tivese detido a competición, tralo remate da primeira fase os oito mellores equipos da táboa pasarían a disputar as eliminatorias polo campionato, partindo dos cuartos de final do seguinte xeito: 1º contra 8º, 2º contra 7º, 3º contra 6º e 4º contra 5º; xogando na casa do equipo que xogou de visitante na primeira fase. As semifinais tamén se xogarían no campo do equipo que xogou de visitante na fase de liga regular. A final tería lugar na casa do equipo que rematou a primeira fase mellor clasificado. Por outra banda os equipos clasificados entre o 9º e o 12º posto tamén disputarían entre eles unhas eliminatorias que definirían a súa posición definitiva na competición: 9º contra 10º e 11º contra 12º.

O campión e subcampión acadan o dereito a participar na fase de ascenso á División de Honra B, a segunda división do rugby español.

Sistema de puntuación[editar | editar a fonte]

Os equipos suman puntos para a clasificación desta maneira:

  • 4 puntos por vitoria
  • 2 puntos por empate
  • 0 puntos por derrota
  • 1 punto bonus ofensivo cando un equipo gaña anotando 3 ensaios máis que o seu rival.
  • 1 punto bonus defensivo cando o equipo perde por unha diferenza igual ou inferior a 7 puntos.

Equipos participantes[editar | editar a fonte]

A edición 2019/20 da LGR (Liga Galega de Rugby) contou con 13 equipos participantes, polo tanto, tódolos clubs galegos con equipo sénior masculino estiveron presentes, 11 deles co seu primeiro equipo e 2 que o fixeron co seu equipo B (Ourense e Vigo) por mor da súa participación na División de Honra B.

Primeira fase[editar | editar a fonte]

Táboa da LGR 2019-2020
Posición Equipo Puntos Encontros Bonus
Xogados Gañados Empates Derrotas Ofensivos Defensivos
1 Ferrol 60 12 12 0 0 12 0
2 Ingleses 54 12 11 0 1 10 0
3 CRAT 43 12 9 0 3 7 0
4 Lalín 41 12 8 1 3 6 1
5 Pontevedra 40 12 9 0 3 4 0
6 Muralla 31 12 6 0 6 5 2
7 Vigo B 29 12 6 0 6 5 0
8 Mareantes 22 12 5 0 7 2 0
9 Zalaeta 21 12 4 1 7 3 0
10 Ourense B 15 12 3 0 9 1 2
11 Santiago 12 12 2 0 10 1 3
12 Barbanza 10 12 2 0 10 0 2
13 Fendetestas 2 12 0 0 12 0 2

Eliminatorias[editar | editar a fonte]

Por mor da pandemia por COVID-19 tódalas competicións deportivas do país se detiveron en marzo trala última xornada da liga regular e non se puideron disputar as eliminatorias polo título, que xa quedaran definidas do seguinte xeito:

  • Ferrol vs Mareantes (1º vs 8º en Ferrol porque na liga regular xogaron en Pontevedra.)
  • Vigo B vs Ingleses (7º vs 2º en Vigo porque na liga regular xogaron en Vilagarcía.)
  • Muralla vs CRAT (6º vs 3º en Lugo porque na liga regular xogaron na Coruña.)
  • Lalín vs Pontevedra (4º vs 5º en Lalín porque na liga regular xogaron en Pontevedra.)

Liga feminina[editar | editar a fonte]

A liga galega feminina de rugby é de recente creación. A maioría de clubs de rugby galegos non teñen sección de rugby feminino, de xeito que a liga galega é de pequeno tamaño. Na tempada 2017-18 e 2018/19 houbo cinco equipos disputando o torneo, sendo algúns deles reforzados por xogadoras doutros clubs que non participan:

  • Tempada 2019/20
Táboa da LGR feminina 2019-2020
Posición Equipo Puntos Encontros Bonus
Xogados Gañados Empates Derrotas Ofensivos Defensivos
1 CRAT B 23 5 5 0 0 3 0
2 Muralla RC 20 5 4 0 1 3 1
3 CR Ferrol 14 5 3 0 2 2 0
4 CR Lalín 11 5 2 0 3 2 1
5 Vigo RC 4 5 1 0 4 0 0
6 Ourense RC -1 5 0 0 5 0 0

Como subcampión do torneo o Muralla acadou o dereito a participar na segunda categoría nacional na tempada seguinte, dereito que cedeu ó Pontevedra Rugby Club. Este dereito lle corresponde ó subcampión polo feito de competir o CRAT na División de Honra Feminina de Rugby.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]