Vigo Rugby Club

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Blusens Networks Universidade de Vigo
Nome completo Blusens Networks Universidade de Vigo
Alcume(s)
Fundación 1988
Localización Vigo, Galiza Galicia
Estadio(s) Lagoas-Marcosende
Capacidade 2000
Presidente Ramón González-Babé
Adestrador Norm Maxwell
Capitán Vicente Prieto
Máx. Anotador
Máis ensaios
Liga División de Honra
Tempada 2014-15
Posición 12º (Descenso)
Páxina web oficial
Na súa casa
Fóra

O Vigo Rugby Club é unha entidade deportiva da cidade de Vigo, en Galicia, fundada en 1988, cuxo primeiro equipo sénior masculino competiu catro tempadas na División de Honra, a máxima categoría da liga española de rugby. Dende 2015 recibe oficialmente a denominación comercial de Blusens Networks Universidade de Vigo por razóns de patrocinio.[1]

Na tempada 2010/11 pasou á historia do rugby galego como o primeiro equipo da nosa comunidade que acadaba o ascenso á máxima categoría do rugby nacional, na que permaceu ate a tempada 2014/15. Os seus 15 títulos na Copa Xunta desmostran o carácter dominador do Vigo Rugby Club no marco do rugby galego.

A cor tradicional do club é o azul mariño, malia que tamén emprega as raias horizontais brancas e vermellas de xeito secundario.

Historia[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Todo comezou no nadal de 1987, cando varios estudantes en Universidades de fora de Vigo se puxeron de acordo en facer un adestramento nas vacación nos campos de fútbol da Praia do Vao, e que para iso cada un deles debía levar 10 amigos. Eduardo Portela, Ramón Amoedo e Álvaro Saa eran aqueles estudantes. Tras ese primeiro adestramento, seguiron outros, e xurdiu a idea de volver fundar un club de rugby en Vigo. Tras moitas reunións chegouse a unha acta constitutiva, á elección dun nome e á formación da primeira Xunta Directiva, que sería presidida por Quique Paz. O 1 de setembro de 1988, nacía formalmente o Vigo Rugby Club. Comezou a súa andaina na tempada 1988-89, na Segunda División Rexional. Nesa tempada ascende a Primeira División Rexional, categoría na que permaneceu ata que no ano 1992, e por un acordo adoptado en asemblea, decídese integrarse na Universidade de Vigo, asinando un acordo de colaboración entre o club e a institución académica.

Ascenso a categorías nacionais[editar | editar a fonte]

Na tempada 1992/93 o club acadou o seu primeiro título oficial, a Copa Xunta, que gañaría novamente na tempada 1993/94, na que o primeiro equipo sénior masculino acadou por vez primeira o ascenso á Primeira División Nacional, que daquela era a segunda categoría do rugby español trala División de Honra. Os primeiros anos do Vigo Rugby Club en Primeira Nacional foron difíciles, colleitando malos resultados e rematando a miúdo na metade baixa da táboa. Cando naceu a División de Honra B, a Primeira División Nacional pasou a ser a 3ª división da liga española de rugby, e o Vigo RC ficou nela polos seus méritos deportivos, malia reeditar as vitorias na Copa Xunta.

Na tempada 1999/00 a xestión do equipo volveu a ser asumida polo Vigo Rugby Club, se ben mantívose o nome de Universidade de Vigo Rugby Club por mor do convenio de colaboración existente entrambos, consistente na cesión das súas instalacións deportivas por parte da Universidade a cambio de que o Vigo RC dirixira as escolas deportivas de rugby da universidade. Dende entón melloraron salientablemente os resultados deportivos da entidade viguesa, que na tempada 2003/04 acadou por vez primeira o ascenso á División de Honra B.

Despois de 10 anos en Primeira Nacional, o Vigo RC asentouse axiña na División de Honra B, na que botou 7 tempadas, ó tempo que dominaba a Copa Xunta.

David Monreal e Norm Maxwell[editar | editar a fonte]

En 2010 David Monreal substituíu como adestrador ó arxentino Anibal Babini,[2] traendo consigo a un colaborador de renome, o ex All Black Norm Maxwell, e iniciando unha nova era no club.

Tempada 2010/11[editar | editar a fonte]

Na tempada 2010/11 o Vigo Rugby Club conseguiu clasificarse para a fase de ascenso á División de Honra por segunda vez na súa historia nun emocionante final de tempada, cando o Vigo Rugby Club e o FC Barcelona se enfrontaron no último encontro da tempada regular co primeiro posto en xogo.[3] A vitoria viguesa significou o primeiro posto e mailo dereito a disputar a fase de ascenso fronte ao CRC Madrid. O 13 de febreiro de 2011, no primeiro encontro da eliminatoria de ascenso, xogado en Vigo, o equipo galego venceu por 11 a 6. Na volta, xogada o 20 de febreiro, o CRC Madrid non foi quen de vencer ó Vigo RC. O encontro rematou cun 6 a 6 no taboleiro, unhas táboas que significaron o ascenso á División de Honra do Vigo Rugby Club, que conseguía o fito de ser o primeiro equipo galego que compita na máxima categoría do rugby nacional. Para redondear aquela tempada tan marcada, o Vigo Rugby Club gañou a Copa Xunta fronte a CRAT, vencendo a final xogada en Pontevedra por 74 a 0.[4]

Tempada 2011/12[editar | editar a fonte]

Encontro da 5ª xornada da tempada 2011/12 fronte ó Getxo RT no CUVI.

O 11 de setembro de 2011 tivo lugar o debut dun equipo galego na máxima categoría do rugby nacional, e foi nun encontro fronte ó campión da tempada anterior. O resultado final foi de 27-9 a prol do CR La Vila.[5] Estes foron os xogadores que foron protagonistas dese histórico debut:[6]

  • Dianteiros: Gustavo Gainzarain, Iñaki Romanes, Leonardo Ianniccheri, Oscar Ferreras, Vicente Prieto, Chema Fernández, Adrián Fernández, Mariano Berlande, Daniel Hall, Roy Griffin, Nicolas Mavreas e Francisco Usero.
  • Tres cuartos: Alberto Mera, Pol Gómez, Basilis Katsakos, Josh Hamilton, Jon Arrizabalaga, Javier Parga, Carlos Blanco, Carlos de Cabo, Adolfo Rodríguez e Riki Tukaki.

A tempada rematou co obxectivo da permanencia acadado. A colleita de vitorias non foi grande, mais abondo para superar na táboa ó Club Alcobendas Rugby. O penultimo posto da táboa foi abondo para mantela categoría grazas á inminente ampliación do campionato de liga de 10 a 12 equipos.

Tempada 2012/13[editar | editar a fonte]

No verán rematou o patrocinio principal da marca Iveco, e o 5 de setembro de 2012 o club anunciou que acadara un acordo de patrocinio coa empresa compostelá de electrónica Blu:Sens, mudando o seu nome comercial antigo (Iveco Universidade de Vigo Rugby) polo actual (Blusens Universidade de Vigo Rugby).[7]

Tempada 2013/14[editar | editar a fonte]

Encontro contra o CRAT no 2012

Na liga 2013-14 o primeiro equipo do Vigo RC acadou a permanencia despois de rematar a tempada regular na 11ª posición da táboa, tendo que disputar unha eliminatoria de permanencia contra o Sant Cugat.

Tempada actual[editar | editar a fonte]

POSTO EQUIPO PUNTOS XOG GAÑ EMP PER
1º. CUARTOS DE FINAL Galicia Ourense 5 1 1 0 0
2º. CUARTOS DE FINAL Flag of the Basque Country.svg Eibar 5 1 1 0 0
3º. PERMANENCIA Flag of the Basque Country.svg Getxo 4 1 1 0 0
4º. PERMANENCIA Flag of the Basque Country.svg Uribealdea 4 1 1 0 0
5º. PERMANENCIA Galicia CRAT 4 1 1 0 0
6º. PERMANENCIA Castela e León VRAC B 0 0 0 0 0
7º. PERMANENCIA Castela e León El Salvador B 0 0 0 0 0
8º. PERMANENCIA Flag of the Basque Country.svg Bera Bera 0 1 0 0 1
9º. PERMANENCIA Flag of the Basque Country.svg Zarautz 0 1 0 0 1
10º. PERMANENCIA Cantabria Santander 0 1 0 0 1
11º. PROMOCIÓN Flag of the Basque Country.svg Durango 0 1 0 0 1
12º. DESCENSO Galicia Vigo 0 1 0 0 1

Palmarés[editar | editar a fonte]

Traxectoria do primeiro equipo sénior masculino nas distintas competicións ligueiras e na Copa Xunta dende a súa fundación [8]
Categoría 16 15 14 13 12 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96 95 94 93 92 91 90 89
Div.Honra 12 11 10 9
Div.Honra B 6 2 5 3 6 5 2 5
1ª Nacional 1 3 2 2 3 4 6 7 8 7
1ª Galega 1 ? 3 2 3
2ª Galega 1
Copa Xunta 1 1 1 1 1 1 1 1 2 1 1 1 2 1 1 1 1 2 2

A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Anteriormente a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español. A 2ª Galega non existiu entre as tempadas 2006/07 e 2011/12. Actualizado o 8 de outubro de 2012.

Competicións copeiras[editar | editar a fonte]

1ª posición: 1992/93, 1993/94, 1997/98, 1998/99, 2001/02, 2002/03, 2003/04, 2005/06, 2006/07, 2007/08, 2008/09, 2009/10, 2010/11, 2011/12, 2014/15
2ª posición: 1989/90, 1990/91, 1999/00, 2004/05

Competicións ligueiras[editar | editar a fonte]

Xogadores de CRAT e Vigo RC, xuntos coa Copa Xunta trala final 2012.
Mellor posición: 9º, en 2011/12.
Mellor posición: 2º, en 2005/06 e 2010/11 (ascenso).
Mellor posición: 1º, en 2003/04 (ascenso).
Mellor posición: 1º, en 1993/94 (ascenso).

Cadro de xogadores[editar | editar a fonte]

A seguinte táboa amosa o cadro dos xogadores que forman parte do primeiro equipo sénior masculino do Blusens Universidade de Vigo Rugby na tempada 2014-15:

Encontro do Blusens Universidade de Vigo RC fronte ó Atlético de Madrid en 2013.
Vigo Rugby Club
Xogadores do primeiro equipo Corpo técnico
  • España Jorge Barbudo - 1ªL
  • España Marcos Muñiz - 1ªL
  • España Juan Rodríguez - 1ªL
  • Flag of Tonga.svg Maka Tatafu - 1ªL
  • España Oscar Ferreras - 1ªL
  • España Vicente Prieto - (C) - 1ªL
  • España David Redondo - 1ª e 2ªL
  • Flag of Argentina.svg Mariano Berlande - 2ªL
  • España Carlos López - 2ªL
  • España Adrián Fernández - 3ªL
  • España Javier Abadía - 3ªL
  • España Rubén Rodríguez - 3ªL
  • Flag of South Africa.svg Mbiyozo Mpho - 3ªL
  • España Pedro González - 3ªL
  • España Víctor Salgado - 3ªL
  • España Joaquín Maguna - Med
  • España Borja Vera - Ape
  • Grecia Basilis Katsakos - Ape
  • España Mauro González - Cen
  • España Javier Parga - Cen
  • España Carlos de Cabo - Cen
  • España Álvaro Caride - Cen
  • Flag of New Zealand.svg Andrew Parata - Cen
  • España David Riveiro - Á
  • España Adolfo Rodríguez - Á-Zag
Adestrador

Asistente do adestrador


Lenda:
  • (C) - Capitán

Data: 3 de maio de 2015
Fontes: Xogadores 2014/15

Sección feminina[editar | editar a fonte]

O equipo feminino, adestrado por Helena Rodríguez, compite na liga galega feminina de rugby, e disputou a fase de ascenso á División de Honra feminina na tempada 2014/15 sen éxito.

Palmarés
  • Campión da Copa Xunta Feminina: 5 1999-00, 2000-01, 2001-02, 2005-06, 2006-07
  • Subcampión da Copa Xunta Feminina: 2 2003-04, 2004-05
  • Campión Liga Feminina: 1 2002-03
  • Subcampión Liga Feminina Galega: 3 2004-05, 2005-06, 2011-12
  • Campión Galego Feminino: 1 2003-04

Categorías inferiores[editar | editar a fonte]

Na tempada 2011/12 o club contaba na súa estrutura con equipos nas categorías xuvenil, cadete, infantil, alevín, benxamín, prebenxamín e xabatos, cuns 130 rapaces que tiñan ficha federativa, 70 deles menores dos 12 anos de idade.

Palmarés do equipo xuvenil
  • Campión da Liga Xuvenil: 4 1990-91 (imbatido), 1999-00, 2003-04, 2005-06
  • Campión da Copa Xunta Xuvenil: 7 1990-91, 1999-00, 2000-01, 2002-03, 2003-04, 2005-06, 2010-11
  • Subcampión da Copa Xunta Xuvenil: 3 1996-97, 2006-07, 2007-08
Palmarés do equipo cadete
  • Campión da Liga Galega Cadete: 1 2004-05
  • Campión Galego Cadete: 2 2006-07, 2011-12

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]