Ourense Rugby Club

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ourense Rugby Club

O Ourense Rugby Club (ou Campus Ourense Rugby) é un equipo galego de rugby da cidade de Ourense que compite na División de Honor B española. O equipo ten vínculos coa universidade, e xoga os seus encontros como local no estadio universitario de atletismo do campus de Ourense. O Campus Ourense Rugby é o equipo que representa ó rugby ourensán nas competicións oficiais despois do traballo feito até 2009 coa denominación ARVO tanto na Liga Galega de Rugby como na Primeira División Nacional, na que competiu 4 anos, entre as tempadas 2006-07 e 2009-10.

Historia[editar | editar a fonte]

O Club Campus Ourense é a herdanza de dous clubs que xa existían na cidade galega. Nun principio, Ourense tiña un único equipo, o Ourense Rugby Club, coñecido como CRO. En 1997 fundouse o Santa Compaña Rugby Club, que máis tarde no 2004 converteríase na Asociación de Rugby de Veteranos de Ourense, a ARVO, e co paso do tempo todos os membros do rugby ourensán acabaron formando parte do ARVO, algúns poucos ao comezo e despois todos xuntos. Volvendo ser así un único club de rugby en Ourense.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Nas tempadas 2010-11 e 2014-15 acadou o campionato galego de liga, sendo en 2015 cando consegue o ascenso á segunda división do Rugby nacional.

Desde ese ano milita na División de Honor B, conseguindo o seu mellor resultado na tempada 2018/19, rematando a liga regular en terceira posición e disputando a fase de ascenso á División de Honor.

Categorías[editar | editar a fonte]

O club conta na actualidade coas seguintes categorías:

  • Sénior Masculino
  • Sénior Feminino
  • Sénior Masculino B
  • Sub-18
  • Sub-16
  • Sub-14
  • Escola de rugby para nenos e nenas de entre 3 - 12 anos de idade

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]